Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2011

COMISIÓNS DE SERVIZO - MÉDICOS FORENSES

Grazas as protestas realizadas por parte da CIG ante a Dirección Xeral de Xustiza abrirase un novo prazo para a presentación de instancias no proceso para a concesión de determinadas prazas de Médicos Forenses, polo sistema de comisións de servizo, baixo as regras do concurso específico de méritos. Por parte da CIG pedíuselle a administración autonómica que, ademais de abrir un novo prazo, se dea traslado as centrais sindicais das bases da convocatoria e que todo o seguimento da mesma se manteña publicado na web ata o final do proceso. IMELGA - DIRECCIÓN Posto: Xefatura do Servizo da Área de Clínica Médico Forense Corpo: médico Forense Forma de provisión: concurso específico SUBDIRECCIÓN TERRITORIAL DO IMELGA DE CORUÑA Posto: Xefatura da Sección da Área de Clínica Médico Forense Corpo: médico forense Forma de provisión: concurso específico SUBDIRECCIÓN TERRITORIAL DO IMELGA DE OURENSE Posto: Xefatura da Sección da Área de Clinica Forense Corpo: médico forense

CESAMENTOS DO PERSOAL DE REFOZO

   Debido aos grandes recortes que a administración autonómica está a facer en todos os servizos públicos (a Xustiza non ia ser menos), no día de hoxe a Dirección Xeral de Xustiza acaba de indicarnos o número de persoas de reforzo así como os centros de traballo que se verán afectados por esta redución ao non renovarse a prolongación daqueles que non se consideran prioritarios e esenciais. Listaxe de prazas de reforzo non renovadas en Galiza.

SUBSTITUCIONS EN TODA GALIZA

   A CIG acaba de gañar a segunda sentenza que nos da a razón sobre a posibilidade de petición, nas substitucións verticais, das prazas en todo o territorio de Galiza con independencia do lugar de destino. Posto que a regulamentación actual só establece uns principios de preferencia pero en ningún caso establece a imposibilidade de petición e adxudicación de prazas en substitución vertical máis alo do territorio do partido xudicial, de facto, calquera praza que se anuncie a substitución vertical pode ser solicitada co único requisito de ser titular en servizo activo en Galiza. Nota informativa resume da sentenza.

NOVO PRAZO SELECCION TITORES OP2010 - XESTION PROMOCIÓN INTERNA

   Rematado o prazo de presentación de instancias establecido pola Convocatoria da Dirección Xeral de Xustiza do 14 de xullo de 2010 para ser titores dos aspirantes que deben realizar a fase de prácticas tuteladas no marco da Orde JUS/1654/2010, pola que se publica o proceso selectivo para o ingreso polo sistema de promoción interna ao Corpo de xestión procesual e administrativa e, non constando presentadas solicitudes de funcionarios de carreira en activo do Corpo de xestión procesual e administrativa con destino nos xulgados de Santiago de Compostela , a Dirección Xeral de Xustiza procede a publicar unha convocatoria ampliatoria do prazo para solicitar ser titor na dita localidade.    O prazo de presentación de instancias remata o vindeiro 12 de setembro.    As solicitudes deberán adiantarse por fax ao número 981.546.222 consonte a instancia anexa á convocatoria do 7 de setembro. Instancia de participación como titor.

CURSO MEDIO DE LINGUAXE XURIDICA GALEGA - TELEFORMACION

   A administración ven de convocar, como xa vos indicaramos antes do verán, unha nova oferta de cursos de teleformación de linguaxe xurídica-nivel medio.   Os destinatarios serán Maxistrados, Xuíces, Fiscais, Secretarios Xudiciais, Médicos Forenses, funcionarios dos corpos de Xestión Procesual e Administrativa, de Tramitación Procesual e Administrativa e de Auxilio Xudicial que na data deste anuncio estean a prestar servizos efectivos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.    Para poder ser admitida/o no curso, resulta indispensable ter aprobados ou validados os cursos de formación en lingua galega, niveis de iniciación e perfeccionamento; ter superado o curso de linguaxe xurídica, nivel básico; ou ter o curso Celga 4.     O periodo de inscripción será do 6 ao 19 de setembro e o poderedes facer a través do seguinte enlace da EGAP:  http://egap.xunta.es