Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2013

GOCE DO 4º DÍA DE ASUNTOS PARTICULARES ATA O 31 DE MARZO

Segundo comunicación do Director Xeral de Función Pública de Galiza e do Director Xeral de Xustiza, o 4º día de permiso por asuntos particulares publicado no BOE do 21 de decembro, na modificación realizada no EBEP pola Lei Orgánica 9/2013, poderase gozar ata o 31 de marzo de 2014.

OPOSICIÓNS XESTIÓN 2013 - LISTAXES DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS

O Ministerio ven de publicar a Orde JUS/2385/2013, de 12 de decembro, pola que se aproban as listaxes provisionais de admitidos e excluidos ao proceso selectivo de acceso ao Corpo de Xestión Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza, quendas de promoción interna e libre. O prazo de diez días hábiles, para subsanación de defectos, comprende desde os días 21 de decembro de 2013 ata o 7 de xaneiro de 2014, ambos inclusive. Os que non subsanen a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o seu dereito a seren admitidos, serán definitivamente excluídos. Os aspirantes deberán comprobar non só que non figuran na relación de excluídos, se non, ademais, que os seus nomes e demais datos constan correctamente na relación de admitidos. A subsanación da causa A: "Non ter presentado modelo de instancia normalizado", farase: 1) Os que teñan presentado el modelo antigo do Ministerio de Xustiza, presentando o modelo correcto normalizado sen necesidade de fa

ESTE ANO 2014 TAMÉN SE PODE SOLICITAR A REBAIXA DA RETENCIÓN DO IRPF POR INVESTIMENTO EN VIVENDA

Para o ano 2014 é posíbel solicitar unha rebaixa da retención do IRPF (non unha rebaixa fiscal) se aplicas a dedución por investimento en vivenda: (Información sobre dedución por vivenda-Fuente Cinco Días). Para solicitar a redución do IRPF debe facerse cubrindo o modelo abaixo indicado e presentalo ante a administración correspondente antes o 1 de xaneiro de 2014. Modelo 145 IRPF

FORMACIÓN EGAP PARA EMPREGADOS DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

No DOG de onte, 26 de decembro, saiu publicado o plan de formación da EGAP para este ano 2014 dirixido aos traballadores ao servizo da administración de xustiza en Galiza. Cómpre salientar que a resolución publicada ten carácter meramente informativo e que a execución das accións recollidas na mesma queda condicionada á existencia de crédito orzamentario adecuado e dispoñible e ao que se estipule en cada convocatoria, polo que ao final poden non chegar a impartirse algún dos cursos relacionados.

POSIBLE RECURSO CONTRA AS NÓMINAS DE XUÑO E DECEMBRO 2013

Sen entrar a valorar que no mes de xuño a Xunta nos quitou 435,60 € cando o maximo que se percibe polo CAT son 427,20 € e, polo tanto, retirou cartos doutros conceptos retributivos que non son da súa competencia, o que resulta realmente prexudicial é que tanto no mes de xuño como no mes de decembro a tributación ao IRPF fíxose tendo en conta como percepcións brutas unhas contías que non son as reais, concretamente en xuño para corpo de Tramitación por exemplo, o cálculo do IRPF empregase como base 3796,80 € cando realmente deberían ter sido 3361,20 € (3796,80 - 435.60 = 3361,20 €) e no mes de decembro emprégase como base 3747,64 € cando realmente deberían ter sido 3328,81 € (3747,64 - 418,83 = 3328,81 €) o que daria, segundo as porcentaxes de retención en ditos meses,  (xuño 3361,20 x 16,54% = 555,94€) (decembro 3328,81 x 14,75% = 491€), do que se deduce unha retención indebida por IRPF de +133,82 € (627,99 + 552,77 - 555,94 - 491 = 133,82 €). E dicir, non só tivemos que pade

CONCESIÓN DO 4º DIA DE ASUNTOS PARTICULARES

   No BOE do sábado 21 de decembro saíu publicada a Lei Orgánica 9/2013 do 20 de decembro, de control da debeda comercial no sector público, na que na súa Disposición Adicional 4º se modifica o Estatuto Básico do Empregado público concedendo un 4º día por asuntos particulares neste ano 2013. Disposición adicional cuarta. Primero. El apartado k del artículo 48 de la Ley 7/2007, de 12 de abril, del Estatuto Básico del Empleado Público, queda con la siguiente redacción: «Por asuntos particulares, cuatro días cada año». Segundo. La limitación que el apartado Tres del artículo 8 del Real Decreto ley 20/2012, de 13 de julio, de medidas para garantizar la estabilidad presupuestaria y de fomento de la competitividad, establece respecto a los convenios, pactos y acuerdos para el personal funcionario y laboral de las Administraciones Públicas y sus Organismos y Entidades, vinculados o dependientes de las mismas, debe entenderse referenciada a la nueva redacción dada al a

NOTA INFORMATIVA MESA SECTORIAL 19-12-2013

A PLATAFORMA SINDICAL SOLICITA UNHA MESA SECTORIAL URXENTE CO CONSELLEIRO SR. RUEDA PARA NEGOCIAR O PROXECTO DE I.T (Baixas Laborais) CC.OO, UGT, CSIF, CIG , solicitamos a presencia na seguinte Mesa Sectorial do Conselleiro Alfonso Rueda para poder explicarlle a discriminación que o Decreto que regula as baixas laborais en Galicia é discriminatorio con respecto a Xuíces e Fiscais e ataca de maneira directa ó Dereito á Saude dos traballadores. Nesa Mesa explicarémoslle ó Conselleiro discriminacións coma as seguintes: Mentres os Maxistrados e Fiscais NON TEÑEN descontos por as enfermidades recollidas no R.D 2210/1995; Gripe,Hepatite A, B, Vírica e Outras, Sarampelo, Tos Ferina, Varicela............. E así ata alcanzar 38 enfermidades de declaración obligatoria según o Ministerio de Sanidade. OS FUNCIONARIOS DE XUSTIZA por esas mesmas enfermidades TERÁN o desconto do 50% do soldo os 3 primeiros días (30€ aprox) e o 25% do 4º ó 20º(15€ aprox). Mentres os Maxistrados

NOVAS PRAZAS PARA SUBSTITUCIÓN E ADXUDICACIONS

   Publicáronse na intranet no día de onte  avisos de desocupación de novas prazas para cubrir por substitución así como a adxudicación das últimas ofertadas. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se acompañan abaixo. Prazo de presentación de instancias: 19, 20 e 23 de decembro Novas substitucións: https://drive.google.com/file/d/0B1Ch8kTx8o5oMUZGTEJNMlUzUkE/edit?usp=sharing Últimas adxudicacións: https://drive.google.com/file/d/0B1Ch8kTx8o5oMEVxLW5zY0V5QXc/edit?usp=sharing

NOVAS SUBSTITUCIÓNS E ADXUDICACIÓNS

   Publicáronse na intranet no día de hoxe  avisos de desocupación de novas prazas para cubrir por substitución así como a adxudicación das últimas ofertadas. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se acompañan abaixo. Prazo de presentación de instancias: 10, 11 e 12 de decembro Novas substitucións: https://drive.google.com/file/d/0B1Ch8kTx8o5oZm1VOFFSUkVOd00/edit?usp=sharing Últimas adxudicacións: https://drive.google.com/file/d/0B1Ch8kTx8o5oSUhBeDNxU0g4MFE/edit?usp=sharing

POSIBLES NOVAS CONVOCATORIAS DE CONCURSOS SECRETARIOS XUDICIAIS

 Segundo a area de Secretarios Xudiciais do Ministerio de Xustiza esta será a programación de concursos para este vindeiro ano 2014:             a) Concursos de prazas de primeira categoría- Durante o mes de decembro publicarase no BOE o  concurso para a cobertura dunha praza na Sala Terceira do Tribunal Supremo, por xubilación do seu titular, así como concurso de libre designación para a cobertura da Secretaría de Goberno de Navarra e as Secretarías de Coordinación Provincial de Ávila e Segovia.             b) Concursos NOX- O día 2 de decembro publicaronse os concursos de libre designación para o nomeamento de diretores de servizos comúns en todas as prazas vacantes da nova oficina xudicial, tanto de ámbito transferido como non transferido, así como o concurso específico para a cobertura das plazas NOX nas sedes de Girona e Vitoria. Este concurso pertence á fase de acoplamento de ditas sedes, por lo que só poderán participar nel os Secretarios Xudiciais qu

PUBLICACIÓN NO DOG DA ORDE DE SELECCIÓN DE PERSOAL INTERINO DE XUSTIZA

   No DOG de hoxe saiu publicada, como xa vos adiantaramos, a Orde que regula o nomeamento de persoal interino ao servizo da administración de xustiza en Galiza.    En breve (sobre primeiros de xaneiro) supoñemos que sairá publicada a convocatoria respectiva para a presentación de instancias. Este ano a participación nestas bolsa quedou moi limitada segundo o previsto no artigo 9.2 de dita Orde xa que só poderan presentar instancia aquelas persoas que tiveran aprobado algún exame das dúas últimas convocatorias de oposicións ou que tiveran prestado, a lo menos, 6 meses de servizo nalgún corpo da administración de xustiza.

SOLICITUDE DE MANTEMENTO DE REFORZOS EN LALIN

 Na última visita xirada polas catro centrais sindicais como consecuencia da recollida das enquisas realizadas con motivo da consulta para as mobilizacións a adoptar en xustiza, constatamos que no Xulgado nº 1 de Lalín estase a vivir unha situacion moi complicada posto que nestes intres, dun cadro de persoal teórico de 6 traballadores hai no xulgado soamente 3 compañeiras. Por iso solicitamos da Direción Xeral a inmediata cobertura daquelas prazas que non estiveran cubertas nestes intres, xa sexa debido a concurso, baixas, etc. a fin de que ese xulgado volva a ter o seu cadro de persoal ao completo. Escrito solicitando mantemento de reforzos