Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2017

AGORA A XUNTA PRETENDE QUE OS INFORMES PSICOSOCIAIS OS FAGAN OUTROS

Os xulgados de familia están absolutamente colapsados en Galicia e unha das razóns debemos de topala na situación dos equipos psicosociais do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga). Estes equipos están totalmente desbordados xa que, ademais de ter que atender aos xulgados de familia o teñen que facer tamén cos de violencia de xénero e, por iso non dan abasto á hora de elaborar os informes periciais que lles son requiridos polos tribunais. A pesares de que a administración autonómica incrementou o número de equipos psicosociais isto non foi suficiente e, agora, só se lles ocorreu tentar externalizar eses informes con psicólogos e traballadores sociais de fora da función pública galega. Con este tipo de actuacións da adminstración autonómica cabe preguntarse onde queda entón a neutralidade destes profesionais fronte a dun traballador público? Ligazón "La Voz de Galicia": http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2017/05/27/colapso-juzgados-familia-obliga-refo

OS NOVOS XULGADOS DE CLÁUSULAS CHAN

A Comisión Permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial aprobou, no día de onte, a especialización de un total de 54 Xulgados de Primeira Instancia –un por provincia na península e un en cada unha das principais illas dos arquipélagos canario e balear- que, a partir do vindeiro 1 de xuño coñecerán, de xeito exclusivo, dos litixios relacionados coas condicións xerais incluidas en contratos de financiamento con garantías reais inmobiliarias cuxo prestatario sexa unha persoa física. No caso de Galiza serán o Xulgado de 1ª Instancia nº 7 da Coruña, o Xulgado de 1ª Instancia nº 2 de Lugo, o Xulgado de 1ª Instancia nº 4 de Ourense e o Xulgado de 1ª Instancia nº 14 de Vigo. Así é como o Estado apoia a banca e, no canto de favorecer a presentación de demandas colectivas que deran carpetazo definitivo e rápido a esta cuestión, pois crean "ad hoc" e lonxe dos cidadáns, xulgados para tramitar este tipo de casos. Por iso o dito tan coñecido de que "A banca sempre gaña", que

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na INTRANET , con data de 22 /0 5 /2017 , a R esolución co a s adxudicacións das prazas ofertadas o 15 de maio , para a súa cobertura en substitución entre persoal titular ao servizo da Administración de xustiza en Galicia , o que tamén poderede s comprobar na s eguinte li gazón. Ligazón adxudicacións : https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNV29CcmI5MVpjaEE/view?usp=sharing

PUBLICACIÓN "ESCALAFÓNS" XUSTIZA

Recentemente o Ministerio indicou que xa tiña publicados na súa plataforma os "escalafons" actualizados. Algunha central sindical, aproveitando dita comunicación e, para gañar un tanto pola súa axil xestíon,  xa botou por fora ao colgarse unha medalla sobre a publicacion na OPAX dos "escalafons" actualizados, conquerindo o que ninguen máis puido conquerir da Xunta de Galicia. Pois a isto hai que dicir o seguinte: 1) O número de escala de cada un xa ven sendo publicado no apartado do expediente dixital persoal da OPAX dende fai bastante tempo. 2) Esa central sindical non conqueriu nada salientable (salvo que o de que esté actualizado a 2016 sexa considerado como tal), xa que en territorio ministerio teñen acceso real á totalidade do "escalafón" (como ten que ser), mentras que nós seguimos a ter só acceso ao noso propio número de escala porque, entre outras cousas, carecemos de acceso á plataforma do Ministerio de Xustiza, así que a Xunta de Galicia

AXUDAS REDUCIÓN DE XORNADA - CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL

Publicada no  DOG a Resolución do 5 de maio de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para as persoas traballadoras que se acollan á redución da súa xornada de traballo, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2017. Ligazón Resolución: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170519/AnuncioG0244-100517-0001_gl.pdf

OFERTAS DE EMPREGO PÚBLICO 2017-2018-2019

O goberno central do PP déixanos nestas vindeiras ofertas de emprego publico sen promoción interna. Despois de reduicr ata o 30% a promoción interna efectiva mediante a modificación da LOPX do ano 2015 o Ministerio adiant a q ue nas vindeiras convocatorias a súa existencia vai pasar a ser méramente simbólica e testemuñal. Ligazón nota informativa: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNTVFvcm1zZHBBczQ/view?usp=sharing

NOVAS PRAZAS A SUBSTITUCIÓN

Public ou se na INT RANET o día 15 / 0 5 /2017 o aviso d e prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes compro bar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de sol icitudes será o 16 , 18 e 1 9 de maio . A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar por calquera dos seguintes medios: Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta. gal Fax: 981546222 Ligazón prazas en substitución : https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNY20yUnBOczJKUjg/view?usp=sharing Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na INTRANET , con data de 15 /0 5 /2017 , a R esolución co a s adxudicacións das prazas ofertadas o 4 de maio , para a súa cobertura en substitución entre persoal titular ao servizo da Administración de xustiza en Galicia , o que tamén poderede s comprobar na s eguinte li gazón. Ligazón adxudicacións: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNUlF2bTFINjVoU00/view?usp=sharing

APROBADOS SEGUNDO EXERCICIO LETRADOS ADMÓN. DE XUSTIZA - QUENDA LIBRE - OP2015

Na páxina web do Ministerio de Xustiza publicouse o Acordo do Tribunal N.º Un polo que indica a relación de aspirantes que aprobaron o segundo exercicio da oposición pola quenda libre, convocando aos aspierantes para a celebración do terceiro exercicio. (LETRADOS DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA, Orde JUS/2890/2015, de 23 de decembro (BOE de 7 de xaneiro de 2016)). Ligazón Acordo: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428377698?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DAcuerdo_de_12_de_mayo._Aprobados_2%C2%BA_ejercicio._Fecha_3%C2%BA_TL.pdf   Ligazón Anexo aprobados 2º Exercicio: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428377699?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DAnexo_del_Acuerdo_de_12_de_mayo._Aprobados_2%C2%BA.pdf

BOLSA DE INTERINOS DE CASTELA-LEON

Na páxina web do Ministerio de Xustiza, publicouse a Resolución da Xerencia Territorial de Castela e León, pola que se aproba provisionalmente a baremación dos aspirantes ás Bolsas de traballo de interinos dos Corpos de Médicos Forenses, Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial ao servizo da Administración de Xustiza, das provincias de Ávila, Burgos, Segovia e Soria. Ligazón Resolución: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428377042?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DRESOLUCI%C3%93N_11_mayo_2017.pdf

PLAN DE VACACIÓNS ANUAL 2017

No día de onte publícouse na intranet xudicial o programa anual de vacacións do ano 2017, a fin de que, ata o 22 DE MAIO , se poidan efectuar as solicitudes a través da OPAX e asinarse electrónicamente para que sexan validadas polo superior xerárquico. Ligazón Plan de Vacacións: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNRWtxVHc3NjFTcDg/view?usp=sharing

ASÍ TRATA A XUNTA DE GALICIA AOS NOSOS MORTOS

Recentemente realizouse en Vigo, a instancias da CIG, unha visita do Servizo de Prevención de Riscos Laborais ás salas de autopsias de Vigo, sitas no Tanatorio Vigo Memorial e no Hospital Nicolás Peña. Curiosamente temos que centrar a problemática que imos detallar a continuación nas instalacións ubicadas no Tanatorio Vigo Memorial e no Hospital Nicolás Péña. Curiosamente temos que centrar a problemática que imos detallar a continuación nas instalacións ubicadas neste último hospital,dependente do Sergas (as instalacións do Vigo Memorial estarían correctas, pola conta que lles ten, ao tratarse dunha empresa privada que, se recibise unha inspección desfavorable, mesmo da inspección de traballo, podería acarrexar o peche das súas instalacións, pero iso resulta de todo imposible que ocorra nunha instalación pública, porque a propia administración non se vai a prexudicar a si mesma). A problemática e que durante moitos anos as instalacións do Nicolás Peña foron adaptadas, como se soe di

NOVAS PRAZAS A SUBSTITUCIÓN

Public ou se na INT RANET o día 04 / 0 5 /2017 o aviso d e prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes compro bar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de sol icitudes será o 5 , 8 e 9 de maio . A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar por calquera dos seguintes medios: Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta. gal Fax: 981546222 Ligazón prazas en substitución : https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNWTlIVmdlTXNBaGM/view?usp=sharing Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

AINDA NON SE PAGOU A TAXA DE PRIMEIRA APERTURA DA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA

A Xunta  non debe estar afeita a pagar os impostos e taxas municipais porque, a dia de hoxe, segue sen abonar o importe da taxa pola licenza de primeira apertura da "Fabrica de Tabacos" da Coruña e tampouco presentou aínda a documentación pertinente sobre as modificacións realizadas ao proxecto. Ligazón: https://www.facebook.com/ notes/marea-atl%C3%A1ntica/a- xunta-debe-m%C3%A1is-de-2400- euros-pola-licenza-da-f%C3% A1brica-de-tabacos/ 1545900002088455/

NON TEMOS PARA MERCAR ROUPA E GASTAMOS OS CARTOS EN PIRULETAS

Unha vez máis a Xunta ven de adxudicar a unha empresa privada un estudio (desta vez sobre a NOX, pero xa o fixera anteriormente sobre a NOF, cun resultado incerto) para analizar a implantación da nova oficina xudicial, como experiencia piloto, na cidade de Ourense. Do mesmo xeito que non se soubo nada do estudio da empresa que se encargou da nova oficina fiscal, moito nos tememos que pase o mesmo con esta nova empresa e que finalmente teñamos que ser as centrais sindicais a que fagamos o traballo para levar a cabo dita implantación. Ligazón nota informativa: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNZklsdlFITmJPTjQ/view?usp=sharing

COBRO DUN PUNTO MÁIS DOS XESTORES EN FUNCIÓN DE SECRETARIA/O DE PAZ

Cando pensabamos que o tema estaba resolto, despois de ter gañado moitas sentenzas e, mesmo ter sido o precursor de ditas reclamacións, a administración autonómica mantense nas súas trece e só paga actualmente os 5,5 puntos a quen realiza as funcións de secretaria de paz e gañou a reclamación nos tribunais xa que, a día de hoxe, ainda non foi quen de implementar na orde de confección de nóminas o pagamento desta pequena diferenza salarial (1 punto). Así pois, nestes int res debe de haber compañeiras/os que están a prestar a súas funcións como xestores con nomeamento de secretaria/o de paz, que só perciben 4,5 puntos no canto dos 5,5 puntos que terían que estar a cobrar a pesares de existir tres sentenzas favorables do T ribunal Superio r de Xustiza de Gali za e que a administración perdera 3000 € en custas en ditos recursos.

A PEGADA DAS MIULLERES NA HISTORIA

Dende o 2016, con motivo do Día Internacional da Muller –cuxo tema foi Por un Planeta 50-50 en 2030: Demos o paso para a igualdade de xénero–, ONU Mulleres desenrolou a cronoloxía interactiva "La huella de las mujeres en la historia", unha ferramienta dixital multimedia a través da cal se poden coñecer algúns dos aportes máis importantes realizados por mulleres ó longo da historia. (Artigo publicado en Prevención Integral ) Ligazón "La Huella de las Mujeres en la Historia": http://interactive.unwomen.org/multimedia/timeline/womensfootprintinhistory/es/index.html#intro1

NOVA OFICINA XUDICIAL EN OURENSE

Esta fin de semana o periódico "La Voz de Galicia" publica nas súas paxinas que a administración autonómica pretende que sexa Ourese a cidade piloto para a implementación da nova oficina xudicial en Galiza. Curioso é, que os representantes dos traballadores teñamos que enteirarnos polos medios de prensa desta nova (seica como Felipe González se enteirou dos Gal), no canto de que dita cuestión fora exposta e consensuada a través da mesa sectorial de negociación (ata Montoro convoca mesas para falar das subidas salariais, ainda que sexan a posteriori das roldas de prensa). Se isto non fora pouco, no propio artigo dise claramente que a empresa que se vai a encargar do análise do proxecto de implantación (lóxicamente unha empresa privada) vai preguntar a súa opinión a todos os "xefecillos" xudiciais da "comarca" pero, aos representantes do maior colectivo de traballadores da Admón. de Xustiza da vila nin se lles menciona e, por suposto, non haberá moita inten