Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2013

IMELGA PONTEVEDRA - COMISIÓN DE SERVIZOS SUBDIRECTOR

    Por Resolución do 24 de setembro de 2013 da Dirección Xeral de Xustiza, convócase a provisión temporal, a través de comisión de servizo , da Subdirección Territorial do IMELGA de Pontevedra, para funcionarios/as do corpo de médicos forenses.     O prazo de presentación de solicitudes será de cinco días hábiles e remata o vindeiro 30 de setembro.  Modelo de solicitude

NOVAS ADXUDICACIÓNS E OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

    Publicáronse na intranet no día de hoxe as  adxudicacións das últimas prazas ofertadas para a súa cobertura en substitución entre titulares así como os avisos de desocupación de novas prazas. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se acompañan abaixo. Adxudicacións: https://docs.google.com/file/ d/ 0B1Ch8kTx8o5obm1VUTZaZ3BUT2c/ edit?usp=sharing Novas substitucións (Prazo de instancias o 19, 20 e 23 de setembro) : https://docs.google.com/file/ d/ 0B1Ch8kTx8o5oZkx6UW8xM0dSVmc/ edit?usp=sharing

ADMITIDOS E EXCLUIDOS OPOSICIONS SECRETARIOS XUDICIAIS

   O pasado venres día 13 publicouse no BOE a Resolución do 30 de agosto de 2013 , da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza, pola que se aproba a listaxe provisional de aspirantes admitidos e excluídos ao proceso selectivo para o ingreso, polas quendas libre e de promoción interna, ao corpo de secretarios xudiciais.

MANTENSE O RECORTE DO 4% PARA O 2014

A Área Pública da CIG reclama a recuperación do poder adquisitivo e a reposición completa da paga extra dos empregados/as públicos/as A central sindical oporase ás políticas continuistas de destrución de servizos públicos anunciadas por Feijoo e advirte que dará unha resposta contundente ás mesmas Antes as declaracións realizadas á prensa polo Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, en referencia ao mantemento dos recortes salariais e laborais para os empregados/as ao servizo das administracións nos orzamentos da Xunta e do goberno español para 2014, a Área Pública da CIG (Ensino, Saúde e Administración) advirte que, de confirmarse, estas medidas recibirán unha resposta adecuada e contundente por parte da central sindical. A decisión de manter o recorte salarial aínda non foi comunicada á representación do persoal, pero Núñez Feijoo xa a da por feita ante a opinión pública. Do mesmo xeito, o Presidente da Xunta ten a valentía de adiantar que a nivel do esta

1º CAPÍTULO - O SECRETARIO COORDINADOR DE PONTEVEDRA DI QUE SOMOS AXENTES, AUXILIARES E OFICIAIS

Compañeiras e compañeiros amarrádevos que hai curvas. Segundo o Secretario Coordinador Provincial de Pontevedra, nunha das súas últimas disquisicións nun expediente gobernativo (concretamente o 25/2013) sentou a cátedra de que ao parecer dende o ano 2008 hai sentenzas que indican que os artigos 476, 477 e 478 da LOPX (funcións dos corpos de xestión, tramitación e auxilio) non son aplicables, polo que ata que se produza a aprobación de postos de traballo e a redistribución de efectivos "os funcionarios deben seguir prestando os seus servizos nos seus actuais destinos de acordo coas funcións e cometidos que viñan realizando" (supoñemos que os previstos no Regulamento de 1996 aínda que este está derrogado na actualidade). En fin, ata o Tribunal Supremo emprega nas súas fundamentacións xurídicas os artigos 476, 477 e 478 por entender que están en vigor e son de aplicación, pero o Secretario Coordinador de Pontevedra sabe moito máis que o propio Tribunal Supremo e é capaz, non só

RETENCIÓNS COMPLEMENTO ESPECÍFICO (CAT)

Unha vez pasado o verán e tras botar contas, resulta que aos xestores moito nos tememos que tamén no mes de decembro lles van a reter 451,41 euros, e dicir, 24,21 euros máis que o tope do complemento específico fixado en 427,20 euros. Dende a CIG pensamos que esta cuestión é inasumible pois volve a producirse unha retención anómala sobre conceptos que a Xunta non ten competencia. Os cálculos segundo eles, no que nós deducimos, fixéronse deste xeito: 12 meses de 24,21 euros de retención = 290,52 euros. 2 meses de 402,99 euros de retención = 805,98 euros. Total     1096,50 euros (importe anual xestor tipo)    Disto deduciríase polo tanto que durante 10 meses a retención sería de 24,21 euros e nos meses de extra a retención sería de 402,99 + 24,21 euros = 427,20 euros (10 x 24,21 + 2 x 427,20 = 1096,50). Polo tanto nunca se reterían nun mes máis cantidades que o tope que marca o complemento específico.    Agora ben, isto sucedería se a retención houbera comenzado en xa

MESA SECTORIAL MADRID 10-09-2013 - OPOSICIÓNS XESTIÓN

   No día de onte tivo lugar en Madrid a xuntanza da mesa sectorial de xustiza a fin de ver as bases de convocatoria das oposicións ao corpo de xestión para este ano 2013.     Unha vez máis esta mesa converteuse nun paripé e a administración non asumiu ningunha modificación sobre as bases xa empregadas no 2011, a pesares do seu compromiso reiterado en mesa durante as últimas oposicións de modificacións sobre os temarios e sobre a probas a realizar.     Por parte da CIG solicitouse que nos exames de desenrolo non entraran máis que os temas de dereito procesual e que para a promoción se cambiara o tipo da segunda proba a un caso práctico.    As únicas adaptacións que se realizaron nas bases foron para mellorar o proceso de xestión das oposicións e por iso a instancia só se poderá obter da páxina web do ministerio  ou das distintas administracións autonómicas. Ollo, que cada instancia leva un número identificador, polo que non se pode fotocopiar a mesma e hai que realizar a descarg

CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA - ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS

   No DOG do 2 de setembro saíu publicada a Orde do 26 de agosto de 2013 pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán nos períodos e nas escolas oficiais de idiomas de Galiza.    Ao non estar excluídos expresamente, os funcionarios de xustiza podemos acceder a estes cursos que son equivalentes aos de linguaxe xurídica galega segundo a Orde do 3 de marzo de 2004   A inscrición debe realizarse no formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es , e o prazo de presentación de instancias finaliza o vindeiro 22 de setembro.

COMISIÓN DE SERVIZOS - SUBDIRECTOR IMELGA VIGO

   Hoxe publicase na intranet de xustiza a Resolución do 4 de setembro de 2013 da Dirección Xeral de Xustiza , pola que se convoca a provisión temporal do posto de subdirector/a do Imelga.Subdirección Territorial de Vigo, mediante comisión de servizos no Instituto de Medicina Legal de Galicia, no seguinte enlace: Resolución de convocatoria Prazo de presentación de instancias: ata o 14 de setembro.

ALEGACIÓNS AO PROXECTO DE BOLSA DE PERSOAL INTERINO

   Por parte da Dirección Xeral comunícase que dende o día 28.08.2013, no seguinte enderezo electrónico http://cpapx.xunta.es/normativa-en-tramitacion , somete a información pública para a presentación de posibles alegacións o Proxecto de Orde sobre selección e nomeamento de interinos para cubrir postos de funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia http://cpapx.xunta.es/normativa-en-tramitacion/seleccion-e-nomenamento-de-interinos    Poderán presentarse cantas alegacións se estimen convenientes relativas aos textos presentados no apartado "Documentos relacionados" nun prazo de QUINCE (15) días hábiles , a contar desde o seguinte á publicación do presente anuncio. As alegacións enviaranse por escrito, de forma electrónica, aos enderezos que se achegan para cada norma ou nas formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

CONVOCATORIA COMISIÓN DE SERVIZOS DIRECTOR IMELGA

Convócase, mediante a Resolución do 26 de agosto de 2013 , da Dirección Xeral de Xustiza, a provisión de forma temporal en comisión de servizo do posto de director do Imelga (Instituto de Medicina Legal de Galicia) para funcionarios do corpo de médicos forenses. O prazo de presentación de solicitudes será de cinco días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación da dita convocatoria nesta intranet, e dicir, ata o 31 de agosto. Dende a CIG non entendemos tanta premura por publicar no mes de agosto esta convocatoria e o motivo de porque non se puido retrasar, a lo menos ata o 2 de setembro, o prazo de presentación de instancias, salvo que dita praza  xa estea dada a "dedo" a algún Médico Forense afín.

LISTAXES PROVISIONAIS CONCURSO PROVISION DE XEFATURAS DE SECCIÓN IMELGA

   Por RESOLUCIÓN DO 26 DE AGOSTO DE 2013, DA DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA, faise pública a lista provisional dos participantes admitidos no concurso específico de méritos para a provisión de postos de traballo vacantes nas xefaturas de sección do IMELGA.    Prazo para formular reclamación: 10 días hábiles Lista provisional admitidos

RECORDATORIO CONCURSO DE TRASLADOS CORPOS XERAIS

   Lembrade que por Orde JUS/1483/2013, do 19 de xullo, aprobouse a relación de excluídos e se anunciaron os lugares onde estarían a disposición dos interesados os anexos III do concurso de traslados. Polo tanto, ata o 15 DE SETEMBRO tedes de prazo para facer alegacións  ao citado concurso e, aínda que obtiverades destino provisional, debedes consultar o contido do voso anexo III por se no mesmo houbera algún tipo de erro que tivera que ser subsanado pola administración.

RESOLUCIÓN CONCURSO IMELGA

   No BOE do pasado 24 de xullo saíu publicada a Resolución de 1 de xullo de 2013, da Dirección Xeral de Xustiza, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se resolve o concurso, convocado por Resolución de 15 de marzo de 2013, no Instituto de Medicina Legal de Galiza. Resolución concurso IMELGA

CONVOCATORIA BOLSAS SECRETARIOS XUDICIAIS SUBSTITUTOS

   No BOE do pasado 5 de agosto saíu publicada a Resolución do 15 de xullo de 2013, da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza, pola que se convoca bolsa de traballo de Secretarios Xudiciais substitutos.    O prazo de presentación de instancias será de dez días hábiles a contar a partir do día 2 de setembro de 2013. Resolución convocatoria Secretarios Substitutos