SELECCIÓN DE VIXIANTES PARA OS EXAMES DOS PROCESOS SELECTIVOS O pasado día 1 de febreiro este sindicato informou de que a Xerencia estaba a buscar persoas interesadas en facer labores de vixiancia nos exames dos días 9 e 10 de maio, e que encargaba ós sindicatos a selección. A CIG xa se posicionou no seu momento defendendo a posibilidade de todos/as de facer eses labores, independentemente da afiliación ou afinidade a un ou outro sindicato, solicitando que se fixera unha selección pública, e por iso démoslle difusión ó tema e animamos a quen estivera interesado a solicitar a súa participación. Sen embargo, a Xerencia optou por seguir co sistema de selección por sindicatos, no que a CIG se negou a participar, suxerindo que, dado que houbo compañeiros/as que enviaron correos interesándose en ser vixiantes, se nomease a esas persoas para esa tarefa. Pero ó final, nomeáronse a aquelas persoas propostas polos outros catro sindicatos (incluso algunha para facer de vixiante dou