Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: July, 2019

CORRECCIÓN ERROS RESOLUCIÓN CONVOCATORIA CONCURSO GALIZA

Publicouse unha corrección de erros da Resolución do 25 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan a concurso de traslado prazas vacantes entre funcionarios dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial da Administración de xustiza.
Ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190726/AnuncioG0244-240719-1_gl.pdf

COMISIÓNS DE SERVIZO ÓRGANOS NOVA CREACIÓN

O 24/07/2019 foi publicada a Resolución do 18 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión, en comisión de servizo, de forma temporal e por petición da persoa interesada, de postos de traballo nos órganos de nova creación entre funcionarios dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.
Ligazon Resolución: https://cpapx.xunta.gal/c/document_library/get_file?folderId=127843&name=DLFE-34802.pdf
*O prazo de presentación de solicitudes será de cinco días hábiles desde o día seguinte ao da publicación, é dicir, ata o 1 de agosto de 2019.*

CONVOCATORIA CONCURSO DE TRASLADOS XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO 2019

No BOE e DOG do 18/07/2019 vense de publicar a convocatoria do concurso de traslados das prazas vacantes dos Corpos de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza.

Prazo: Para a presentación de solicitudesdo 19 de xullo ó 9 de agosto de 2019, ambos inclusive. Ligazón nota informativa: https://drive.google.com/file/d/1R1kfLfcqwBY9zKRcp6QFJk2ECuLBmNfa/view?usp=sharing
Ligazón plataforma AINOA: https://pubwebseal.justicia.es/sap/public/sap/bc/webdynpro/sap/zasistente_gta
Ligazón códigos resultas: https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/concursos-traslados/concurso-traslados-ordinario2

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na INTRANET o día 12/07/2019 o aviso de prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o quetaménpoderedes comprobar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de solicitudes será o 15, 16 e 17 de xullo. A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar, debidamente asinado, por calquera un dos seguintes medios: Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta.gal
Fax: 981546222
Ligazónprazas en substitución:
https://drive.google.com/file/d/10ArBrylE1B1C7ZYdM7wWO1zbxz-akq-z/view?usp=sharing

Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

CADRO DE RESPOSTAS DEFINITIVAS - XESTION P.I. - OEP2017-2018

CONVOCATORIA OPOSICIÓNS CORPO DE XESTIÓN - QUENDA LIBRE - OEP 2017-2018

No BOE de hoxe, publícase a convocatoria do proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de quenda libre, no Corpo de Xestión Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza.
Prazo de presentación de instancias: Do 16 de xullo ao 12 de agosto.
Ligazón convocatoria: https://www.boe.es/boe/dias/2019/07/15/pdfs/BOE-A-2019-10410.pdf
Modificacion convocatoria:

Posto que Galicia non convoca prazas de Xestión en quenda libre, o Ministerio ven de informar que vai proceder á modificación da Convocatoria suprimindo: _“Ámbito territorial: Galicia; Provincia de examen: A Coruña; Código de localidad: 15”.

https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/oposiciones-procesos/gestion-procesal19?param1=1

NOTA INFORMATIVA MESA SECTORIAL XUSTIZA - INTERINOS - COMISIÓNS DE SERVIZO E CREACIÓN DE PRAZAS

Na ligazón de abaixo vos deixamos a nota informativa dos temas tratados na pasada mesa sectorial de xustiza, xunto coas propostas realizadas pola CIG.
Ligazón nota informativa: https://drive.google.com/file/d/11cnw2rKn0cEr6Be0BVPXtB_ToisI2pSk/view?usp=sharing

O TRIBUNAL SUPREMO REMATA COA FALTA DE PUBLICIDADE DAS COMISIÓNS DE SERVIZO

O Tribunal Supremo ven de dictar unha sentenza o 24 de xuño de 2019, no Recurso de Casación 1594/2017, na que establece con claridade que as comisións se servizo deben ser anunciadas públicamente, acabándose así co oscurantismo e arbitrariedade que existía neste sistema de "movilidade" funcionarial.
Ligazón artigo DE LA JUSTICIA.COM: https://delajusticia.com/2019/07/03/supremo-fin-al-vicio-de-la-falta-de-publicidad-de-las-comisiones-de-servicio/
Ligazón sentenza: http://www.poderjudicial.es/search/contenidos.action?action=contentpdf&databasematch=TS&reference=8822519&statsQueryId=121537934&calledfrom=searchresults&links=&optimize=20190701&publicinterface=true

O CONSTITUCIONAL ANULA O CÁLCULO DAS PENSIÓNS ÁS TRABALLADORAS A TEMPO

OPleno do Tribunal Constitucional ven de entimar por unanimidade unha cuestión interna de inconstitucionalidade exposta pola Sala Segunda do propio Tribunal, declarando a propia inconstitucionalidade e nulidade do precepto que regula a contía da pensión de xubilación das/os trabajadoras a tempo parcial por considerar que vulnera tanto o dereito á igualdade como o principio de non discriminación da muller.
Enlace "Noticias Jurídicas": http://noticias.juridicas.com/actualidad/jurisprudencia/14164-el-constitucional-anula-el-calculo-de-las-pensiones-de-jubilacion-de-las-trabajadoras-a-tiempo-parcial/

PUBLICACIÓN DO INCREMENTO RETRIBUTIVO DO 0,25%

No DOG do 5 de xullo saiu publicada a ORDE do 1 de xullo de 2019, pola que se actualiza con efectos do 1 de xullo de 2019 a contía das retribucións do persoal ao servizo da Administración autonómica e da Administración de Xustiza en Galiza, e se incrementan as mesmas nun 0,25%.
Ligazón Orde retribucións xustiza: https://drive.google.com/file/d/1UC86gLgzU-rwlN9t9_Qtz7-LEEZ0-7WC/view?usp=sharing

MODIFICACIÓN PRAZO PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

O Ministerio de Xustiza ven de comunicarnos que o prazo para presentación de instancias para o vindeiro concurso de traslados non será de 9 días como en principio estaba previsto. Como consecuencia do anterior o ministerio indicou que o prazo para presentación de instancias será o comprendido entre o 19 de xullo e o 9 de agosto, ambos inclusive (en Galiza debe terse en conta que o 25 de xullo é festivo na Comunidade Autónoma).

RESOLUCIÓN CONCURSO ESPECÍFICO DE MÉRITOS MÉDICOS FORENSES

No DOG de hoxe sae publicada a RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve o concurso específico de méritos para a provisión das prazas vacantes de xefes de sección na Subdirección Territorial da Coruña do Instituto de Medicina Legal de Galicia, convocado pola Resolución do 8 de abril de 2019.
Ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190705/AnuncioG0244-280619-0002_gl.pdf

ACCESO AO CERTIFICADO DE NOTAS PARA OS VINDEIROS PROCESOS SELECTIVOS

O Ministerio vén de colgar a seguinte  NOTA INFORMATIVA SOBRE SOLICITUDES DE CERTIFICADOS DE NOTAS:
“Con motivo da convocatoria dos procesos selectivos para ingreso ou acceso aos corpos de funcionarios ao servizo da Administración de Xustiza, infórmase os aspirantes do seguinte:
O baremo de méritos da fase de concurso aplicarase unicamente aos aspirantes que superasen a fase de oposición, conforme á Base Común Cuarta da Orde  JUS/291/2019, do 4 de marzo, pola que se establecen as bases comúns que rexerán os procesos selectivos para o ingreso ou acceso aos corpos de funcionarios ao servizo da Administración de Xustiza.
Devandito certificado será emitido de oficio pola área de Selección da Subdirección Xeral de Medios Persoais ao Servizo da Administración de Xustiza para os aspirantes que superasen a fase de oposición.
Ademais, devandito certificado comprenderá unicamente as cualificacións dos exercicios das Ofertas de Emprego Público dos anos 2015 e 2016, conforme ao sinalado…

EXAMES XESTIÓN E TRAMITACIÓN PROMOCIÓN INTERNA - OEP 2017-2018

Aquí vos deixamos os enlaces dos dous exames e as súas respostas, realizados nas pasadas probas de acceso, pola quenda de promoción interna, aos corpos de Xestión e Tramitación.
Ligazón exame e respostas Xetión: https://drive.google.com/file/d/1sCcxBQBZL9GyspKDquhPgP40uXgEy72m/view?usp=sharing
Ligazón exame e respotasTramitación: https://drive.google.com/file/d/1pUaY7Dn8RUkIojnwpFTsppdcty-786yA/view?usp=sharing

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na INTRANET o día 01/07/2019 o aviso de prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o quetaménpoderedes comprobar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de solicitudes será o 2, 3 e 4 de xullo. A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar, debidamente asinado, por calquera un dos seguintes medios: Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta.gal
Fax: 981546222
Ligazónprazas en substitución:
https://drive.google.com/file/d/1v6mYD4qMDNfcrIYFnuTWpjTpsz2x8dix/view?usp=sharing

Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

O  1 de xullo, publicouse a resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas o pasadodía 24 de xuño, para a súa cobertura mediante substitución entre titulares. A información está dispoñible na intranet xudicialou na seguinte ligazón:
https://drive.google.com/file/d/1Ip5Ei1tPX-LdU4iXAGmv1QZ51KhVwlth/view?usp=sharing