Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2010

ACLARACIÓNS A ACEPACIÓN DE PRAZAS DO PERSOAL INTERINO

   Á vista do acontecido nestas semanas con respecto á preselección e aceptación de prazas por persoal interino e, despois de falar coa Administración, cremos que debemos aclarar uns aspectos da orde do 13 de agosto de 2010.    Así, o art. 1 no seu apartado b) establece a “ obriga de comunicar a aceptación de prazas (establecendo entre elas a orde de preferencia no caso de aceptaren varias) ou para manifestar expresamente o seu rexeitamento da oferta. A comunicación de cada participante deberá conter, como mínimo, aquelas prazas que sexan da súa zona de preferencia”.    Pero o art.. 3 establece que “ se tras o proceso descrito nos dous puntos anteriores quedasen prazas sen aceptar , os departamentos territoriais da consellería competente notificáranlles a súa exclusión das bolsas de interinos ás persoas que a través do dito proceso foron chamadas para aceptar as prazas e non as aceptaron expresamente, feito este que determina o referido resultado.”    Ante esta regulació

SECRETARIOS XUDICIAIS - CONVOCATORIA OPOSICIONS 2010

  Segundo nos acaba de informar o Ministerio de Xustiza, no BOE do 31 de decembro sairá convocada a oposición para acceso pola quenda libre e rexistrinxida ao corpo de Secretarios Xudiciais.   O prazo de presentación de instancias será de 20 días hábiles a partires do 1 de febreiro de 2011.   Vemos como cando lle interesa ao Ministerio si se cumple co acordado na Mesa Sectorial e, sen embargo, cando non é así saltámonos os compromisos adquiridos. Referímonos, loxicamente, ao casos das compañeiras/os do corpo de tramitación que terán que agardar ata xaneiro de 2011 para ser nomedos e tomar posesión dos seus postos, cando os mesmos poderían ser nomeados xa neste ano 2010 ainda que tiveran que tomar posesión no 2011. Aquí vemos a dobre vara de medir do Ministerio, unha para os Secretarios Xudiciais e outra para os corpos xerais. Resolución convocatoria oposicións

MARCHA ATRÁS MINISTERIO TOMA DE POSESION TRAMITADORES OP2008

   Debido as presións de determinadas comunidades autónomas o Ministerio de Xustiza tivo que dar marcha atrás e desdecirse do compromiso manifestado en Mesa Sectorial, polo que finalmente as compañeiras e compañeiros da quenda libre de acceso ao corpo de Tramitación Procesual e Administrativa da OP2008 serán nomeados e tomarán posesión no 2011 e non do xeito no que nós habiamos informado con anterioridade en base ao compromiso ministerial.     A Orde de nomeamento publicarase no BOE do 21 de xaneiro.

ACCION SOCIAL 2010 - LISTAXES DEFINITIVAS

    A administración autonómica acaba de trasladarnos as listaxes defintiivas da Acción Social 2010 así como a Resolución que sairá publicada no DOG a dito efecto. Dita resolución está previsto que se publique antes do día 30 de decembro. Nas páxinas web estarán expostas a partir do luns 27 ou martes 28.     Tamén a partir do lúns empezaráselles a notificar, de xeito persoal, aos solicitantes admitidos e excluídos dos programas III e IV.     Do pagamento da acción social estase pendente da intervención, pero con toda probabilidade farase efectivo en xaneiro do ano 2011     A contía prevista para o programa III na convocatoria non foi suficiente, polo que se acordou transferir o sobrante do programa IV a ese programa.     Así mesmo nas contías do programa II, que tamén excedían a contía fixada na devandita convocatoria, reducíronse proporcionalmente as axudas, percibindo

MESA SECTORIAL MADRID - OPOSICIÓNS SECRETARIOS - ESCALAFON

O pasado venres 17 de decembro levouse a cabo unha Mesa Sectorial no Ministerio de Xustiza, na que simplemente se tratou sobre a publicación da nova oferta de emprego público para o acceso ao corpo de Secretarios Xudiciais e o mantemento das bases actuais de ditos procesos selectivos, sen que se producira ningunha modificacion das mesmas. En fin, un mero formalismo dos que nos ten acostumbrado o Ministerio de Xustiza, a fin de poder convocar sen problemas a vindeira oposición para acceso ao corpo de Secretarios. O único productivo da xuntanza foi que preguntado por este sindicato se nalgún momento a administración central tiña pensado publicar un escalafón actualizado dos corpos xerais, por parte do Subdirector Xeral se nos indicou que en 15 días sería publicado o mesmo a través do portal do funcionario da intranet do Ministerio, polo que xa nos diriximos á Dirección Xeral de Xustiza de Galiza para que dita páxina sexa tamén accesible dende os equipos instalados na nosa Comunidade A

TOMA DE POSESIÓN TRAMITACION PROCESUAL - QUENDA LIBRE OP2008

O Ministeiro de Xustiza acaba de informarnos que os novos tramitadores da quenda libre da OP2008 serán  nomeados e publicada a Orde correspodente no BOE de finais de decembro de 2010 para que a conxelación de dous anos naturais surta efecto xa neste ano. A toma de posesión será efectiva en xaneiro de 2011.

RESOLUCIÓN DEFINITIVA COMISIÓNS DE SERVIZO

Hoxe a administración autonómica deunos traslado para a súa publicación das listaxes que conteñen a resolución definitiva das comisións de servizo convocadas no seu día. Nos corpos de auxilio e xestión non houbo cambios con respecto as listaxes provisorias. Non ocorreu así nas listaxes de tramitación que sufriron pequenos cambios no tocante aos xulgados do Social nº 4 de Ourense, Penal nº 4 de Pontevedra e Social nº 3 Compostela. Lixtaxes definitivas adxudicacion comisions de servizo.

COMISIÓNS DE SERVIZO - ORGANOS DE NOVA CREACIÓN

A administración autonómica acaba de darnos tralado das listaxes provisorias das comisións de servizo para os órganos de nova creación. Debedes ter en conta que para reclamar existirán 3 días hábiles (do 10 ao 14 de decembro) e, que ditas reclamacións, deberán ser remitidas ao fax 981546222. Nos enlaces abaixo situados poderedes consultar tanto as prazas adxudicadas como as puntuacións outorgadas a cada partícipe. Adxudicacións Auxilio Adxudicación Tramitación Adxudicación Xestión Listaxes de puntuación Listaxes de excluidos

COMISIÓN AUTONÓMICA IMPLANTACIÓN NOVA OFICINA XUDICIAL (NOX)

Hoxe, 26 de novembro, tivo lugar en Compostela a constitución formal da Comisión Autonómica para a Implantación da Nova Oficina Xudicial (NOX). Entre outros estiveron presentes o Conselleiro de Presidencia, Admons. Publicas e Xustiza, o Presidente do TSXG, o Fiscal Superior de Galiza, o Secretario de Goberno do TSXG, o Presidente do Consello da Avogacía Galega, o Presidente do Consello Galego de Procuradores e todas as organizacións sindicais representadas na mesa sectorial de xustiza. A constitución desta comisión foi unha mera formalidade prevista no Decreto 427/2009, do 19 de novembro, cando o realmente importante é a constitución da comisión técnica e os grupos de traballo que elaborarán, de ser o caso, os plans para a implantación da NOX na nosa comunidade. Por parte da CIG transmitiuselle a todos os presentes e, en especial, ao Conselleiro, a nosa descofianza nas posibilidades de implantación da NOX en Galiza, tendo en conta o actual marco de crise e os recortes salariais

LISTAXES PROVISORIAS ACCION SOCIAL 2010

Sairon publicadas xa as listaxes provisorias da concesión das axudas de acción social deste ano 2010 para os programas de Axuda Fillos-Estudos Fillos, Estudos Funcionarios, Discapacitados e Outras Axudas.  Todas as compañeiras/os dispoñedes de 15 días naturais para facer alegacións, os cales remataran o vindeiro 1 DE DECEMBRO DE 2010. Listaxes provisorias accion social 2010 . Resolucion DOG publicacion listaxes.

COMISIÓNS DE SERVIZO

No DOG do 16/11/2010 saiu publicada a resolución pola que se convocan determinadas prazas de órganos de nova creación para a súa provisión a través de comisións de servizo de carácter temporal. Resolución comisións de servizo. Instancia comisións de servizo.

OPOSICIÓNS 2010 - DATAS E LUGARES DE EXAMEN

Publicada no BOE do 9 de novembro a Orden JUS/2877/2010 pola que se elevan a definitivas as listaxes de admitidos e excluidos aos procesos selectivos da OP2010 para acceso aos corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio da Administración de xustiza e se sinalan as datas e lugares de examen.  As datas dos exames son as seguintes: Xestión (Quenda promoción interna): Domingo 28 de novembro de 2010 Horario: 9:30 peninsula - 8:30 canarias Tramitación (Quenda promoción interna): Domingo 28 de novembro de 2010 Horario: 11:15 península - 10:15 canarias Auxilio (Quenda libre): Sábado 27 de novembro de 2010 Horario: 10:00 península - 9:00 canarias Orden JUS/2877/2010 (listaxes, horarios e lugares de examen)

ADXUDICACION PRAZAS PROM.INTERNA - XESTION - OP2008

O Ministerio de Xustiza e a Xunta de Galiza acaban de remitirnos as listaxes de adxudicacións de prazas dos opositores que aprobaron a promoción interna ao corpo de xestión da OP2008. Nos seguintes enlaces podedes consultar toda a información da que dispoñemos. A publicación das resolucións no BOE e DOG serán o 22 de novembro. Orde pola que se nomean funcionarios de carreira Adxudicación de prazas Xestión PI (Ministerio) - OP2008 Adxudicación de prazas Xestión PI (Galiza) - OP2008 Adxudicación de prazas Xestion PI (Pais Vasco) - OP2008 Adxudicación de prazas Xestión PI (Cataluña) - OP2008 Adxudicación de prazas Xestión PI (Andalucía) - OP2008 Adxudicación de prazas Xestión PI (Valencia) - OP2008 Adxudicación de prazas Xestión PI (Canarias) - OP2008 Adxudicación de prazas Xestión PI (Navarra) - OP2008 Adxudicación de prazas Xestión PI (Madrid) - OP2008

MESA SECTORIAL 4 DE NOVEMBRO DE 2010

Por fin creo que acabamos de negociar a orde de calendario. Penso que saiu  de xeito bastante satisfactorio. En canto poda escaneala enviareina. Fixéronse bastantes axustes. Acadamos a xornada de verán de 6 horas e tamén que, independentemente do día no que caian os festivos locais se desconten 7 horas 30 minutos ou 6 horas, segundo o caso, do cómputo mensual, así se caen en sábado ou domingo non se perde ese día de descanso ou, mellor dito, nese mes trabállanse menos horas. Tamén case está conseguido o da entrada as 7:30 da mañán pero está pendente de comprobar o convenio coa policía. Non prosperou a nosa petición da xornada reducida no nadal pero debemos estar moi satisfeitos pois si prosperaron outras moitas das nosas alegacións.   En canto aos cadros de persoal dos órganos de nova creación vanse manter tal e como nos foron presentados pero a administración vai remitir unha proposta de creación e consolidación de prazas nos servizos comúns e nos servizos de apoio. O feito de que

Prazas desertas Tramitación - Quenda Libre

O Ministerio acaba de trasladarnos a Orde por la que se anuncian as prazas desertas para o Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa, quenda libre, no ámbito territorial do Ministerio, cuxa data de publicación no BOE está prevista para o día 19-11-2010. Resolución oferta de prazas Ministerio Resolución oferta de prazas Pais Vasco Resolución oferta prazas Cataluña Resolución oferta prazas Andalucía Resolución oferta prazas Valencia Resolucion oferta prazas Canarias Resolución oferta prazas Navarra Resolución oferta prazas Madrid

NOTA INFORMATIVA CONXUNTA MESA SECTORIAL DE XUSTIZA

Aquí vos deixamos a nota informativa da xuntanza mantida o 27 de outubro co Conselleiro de Presidencia, Admóns. Públicas e Xustiza e a subseguinte mesa sectorial na que, entre outros destacamos os seguintes temas: 1) Estamos pendentes de fixar os novos cadros de persoal para os órganos de nova creación que entrarán en funcionamento a finais de decembro, así como de determinar o sistema de comisións de servizo para a súa dotación. A petición da CIG existe a posibilidade de que as comisións de servizo se abran a todo o territorio do estado. Ainda que todas as centrais sindicais mantivemos a mesma postura de que os cadros de persoal foran exactamente iguais aos existentes nas actualidade, pola CIG propúxose que, en todo caso, se non se chegaran a dotar os órganos cos mesmos cadros de persoal, as prazas se creasen nos servizos de apoio, servizos comúns de notificacións e decanatos, a fin de non perder ningunha creación. 2) Atrasos 4º punto : A administración recoñece o pagamento do

RESOLUCIÓN DEFINITIVA CONCURSO MEDICOS FORENSES

A Dirección Xeral publicará o vindeiro 26 de outubro a resolución pola que se resolve defintivamente o concurso de traslados entre Médicos Forenses convocado por Resolución de 6/5/2010. Neste concurso de traslados todas as prazas convocadas foron declaradas desertas por non concurrir ningún peticionario polo que supoñemos que quedarán para a súa provisión polo sistema de oposición.

LISTAXES DEFINITIVAS CURSOS LINGUAXE XURÍDICA

Hoxe nos foron comunicadas as listaxes defintivas dos cursos de linguaxe xurídica galega que se impartirán para o persoal con destino na Comunidade Autónoma Galega e podédelas consultar nos enlaces aquí indicados. Listaxes definitivas curso superior Listaxes definitivas curso medio Listaxes definitivas excluidos

LISTAXES DEFINITIVA CONCURSO DE TRASLADOS

Por parte da administración acaban de remitírsenos as listaxes definitivas do concurso de traslados convocado por Resolución do 31-03-2010 e que poderedes consultar nos enlaces abaixo situados. Por motivo de espazo non podemos publicar as listaxes de todo o territorio nacional polo que se tedes algunha consulta que queirades facer ao respecto podédesvos poñer en contacto cos nosos delegados nos teléfonos que figuran neste blog. Os ceses produciranse para o corpo de Tramitación o 25 de outubro e para os corpos de Xestión e Auxilio o 2 de novembro sempre e cando a publicación da resolución se leve a cabo no BOE o vindeiro 22 de outubro. Listaxes definitivas AUXILIO Galiza Listaxes definitivas TRAMITACIÓN Galiza Listaxes definitivas XESTIÓN Galiza Resolución Definitiva Concurso Galiza (DOG) Resolución Definitiva Concurso Territorio Ministerio (BOE)  

CURSOS DE TELEFORMACION - XUSTIZA

O pasado 1 de outubro saiu publicada no DOG a resolución pola que se convocan cursos de TELEFORMACIÓN na administración de xustiza de Galiza. As convocatorias das accións formativas e a apertura dos prazos de matrícula realizaranse a través da páxina web da EGAP http://egap.xunta.es e, en todo caso, o prazo de inscripción será de 10 dias naturais, rematando  o mesmo o vindeiro 12 de outubro. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información poderán dirixirse á EGAP a través do enderezo de correo electrónico local.egap@xunta.es, o fax 981 54 63 39, ou ben a través do teléfono que se facilitará na páxina web da EGAP. A EGAP publicará no taboleiro de anuncios da páxina web da EGAP http://egap.xunta.es a listaxe definitiva de admitidos nos cursos. Resolución convocatoria cursos EGAP

TITORES CURSO PRACTICO TRAMITADORES - QUENDA LIBRE

A Xerencia do Ministerio de Xustiza acaba de comunicarnos a convocatoria para as titorías do curso práctico da OP2008 ao corpo de tramitación pola quenda libre. As solicitudes deberán ser presentadas ante dita Xerencia antes do 11 de outubro de 2010. En principio este proceso está dirixido aos Tramitadores titulares de cada provincia. Só no caso de que non houbera solicitantes suficientes se recorreria a Xestores ou Secretarios. Para máis información poñédevos en contacto cos nosos delegados. Instancia de solicitude das titorias

ANUNCIO INMINENTE DA RESOLUCIÓN DEFINITIVA DO CONCURSO DE TRASLADOS

Segundo conversas mantidas no día de hoxe co responsable de concursos do Ministerio, polo mesmo se nos indica que posiblemente ao final desta semana ou principios da seguinte xa estean preparadas as listaxes definitivas do concurso de traslados, sen precisar data exacta de publicación (posiblemente o luns 4 de outubro). Cabe deducir polo tanto que a publicación no BOE non se producirá antes de  mediados de outubro (posiblemente o 22 de outubro de 2010) e os ceses e tomas de posesión entre esa data e principios de novembro.

CONCENTRACION DE DELEGADOS ANTE O TSX DE GALIZA

O pasado mércores 22 de setembro as cinco centrais sindicais presentes na mesa sectorial de xustiza iniciamos unha campaña de protesta pola falta de compromisos serios por parte da administración na negociación da Nova Oficina Xudicial na que, dende primeiros de ano, non se avanzou apenas nada a pesares das múltiples mesas as que fomos convocados, amosándose unha falta de capacidade por parte da administración para cerrar capítulos antes de abrir outros. Como consecuencia de dita campaña de protesta os delegados sindicais concentrámonos as portas do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza o día que o Conselleiro e o seu equipo directivo se reunían na Comisión Mixta cos representantes de dito tribunal.

LISTAXES PROVISORIAS ADMITIDOS-EXCLUIDOS CURSOS GALEGO

Hoxe 23 de setembro de 2010 foron remitidas as listaxes provisorias dos cursos de linguaxe xurídica galega (niveis medio e superior) para o persoal ao servizo da Administración de Xustiza e outros colectivos relacionados coa Xustiza, que presten servizos dentro da comunidade autónoma. Para calquera consulta contactade cos nosos delegados. Listaxes admitidos curso Medio dentro C.A. Listaxes admitidos curso Superior dentro C.A. Listaxes de excluidos Medio-Superior dentro C.A.

OFERTA DE PRAZAS PROMOCION INTERNA - OP2008

O vindeiro 7 de outubro publicarase no BOE a Orden de 22-9-2010, o Anexo I e o Anexo II, correspondentes ao anuncio de prazas desertas para o Corpo de Xestión Procesual e Administrativa, turno promoción interna, das oposicións convocadas no 2008. Prazas ofertadas territorio Galiza  Prazas ofertadas territorio Valencia Prazas ofertadas territorio Ministerio Prazas ofertadas territorio Canarias Prazas ofertadas territorio Pais Vasco Prazas ofertadas territorio Navarra Prazas ofertadas territorio Cataluña Prazas ofertadas territorio Madrid Prazas ofertadas territorio Andalucia

PREVISIÓNS OPOSICIÓNS 2010

Foi remitida ao BOE, para a súa publicación ( prevista o próximo 23 de setembro) a lista PROVISIONAL de admitidos /excluidos dos Corpos de Xestión, Tramitación, Auxilio e Médicos Forenses. Inclúense a continuación, a título informativo, o detalle por cada Corpo, ámbito e sistema de acceso, das instancias recibidas . Trátase, como se indica, de información PROVISIONAL, que sufrirá modificaciones sustanciais antes da publicación das definitivas. O calendario de exames previsto é o seguinte: Auxilio Xudicial. 27 de novembro Promoción Interna a Tramitación a Xestión. 28 de novembro Mes de xaneiro 2011 (pendente de determinar datas); segundo exercicio de Tramitación promoción e primeiros de Tramitación e Xestión Libre. Estas datas non son ainda seguras e non poderán ser confirmadas ata avanzado o proceso de preparación da lista de admitidos definitiva. Os Tribunais confirmarán (o, no seu caso modificarán) as datas na páxina web do Ministerio tan pronto poidan considerarse seg

Bolsas Interinos - Promocion Interna Xestion

Aquí vos deixo a nota informativa sobre a modificación da Orde pola que se nomea persoal interino e tamén a Resolución que en breve se publicará no DOG para impartir o curso práctico dos opositores que superaron a quenda de promoción interna. Nota informativa CIG. Modificación Orde de interinos. Resolución Curso Promoción Interna.

CURSOS LINGUAXE XURIDICA GALEGA - PERSOAL DESTINADO NA CC.AA.

Os cursos de linguaxe xurídica galega para o persoal ao servizo da Administración de Xustiza e outros colectivos relacionados coa xustiza, que presten o seu servizo dentro da Comunidade Autónoma Galega serán publicados no DOG do vindeiro 29 de xullo de 2010. Os números de fax para remitir as instancias son o 981.546.215 - 981.546.201. Orde 23-7-2010 convocatoria cursos.

LISTAXES PROVISORIAS CONCURSO DE TRASLADOS

Acaban de publicarse as listaxes provisorias do concurso de traslados. Podédelas consultar no enlace que figura ao pe desta nova. Non vos esquezades de comprobar co voso NIF a instancia cos sitios que pedíchedes, pois non é a primeira vez que hai erros de gravación, e se non se subsanan neste momento logo ten pouco remedio. Sen prexuizo do anterior, o Ministerio acaba de comunicarnos que a Orde pola que se publican as listaxes provisorias retrasará a súa publicación ata o Xoves 29 de xullo (no canto do 26 de xullo), e non se sabe moi ben se dito retraso o é por algún problema de loxística do BOE ou nas listaxes; cousa esta última que non nos parecería nada raro, dado o acontecido nos últimos concursos de traslados onde as centrais sindicais sempre fumos empregados coma "coelliños de indias". Finalmente, segundo nos informou o Ministerio, o concurso publicarase no BOE o 30/07/2010 e as listaxes estarán publicadas na web o 29/07/2010, polo que xa nos retrasamos un día m

Paralización Nova Oficina Xudicial

Logo dunha primeira carta remitida o 28/06/2010 ao Sr. Conselleiro de Admóns. Publicas e Xustiza instando a paralización da Nova Oficina Xudicial (NOX), en tanto en canto no se fixase na Mesa Sectorial de Xustiza, coa súa presenza, un compromiso claro e inequívoco sobre a prioridade deste proxecto así como as partidas orzamentarias necesarias para desenvolver o mesmo, nesta ocasión as cinco centrais sindicais que conformamos a mesa sectorial de xustiza, tivemos que remitir un novo escrito ao Director Xeral de Xustiza, ao ignorar este a paralización solicitada e instándonos a facer alegacións sobre o proxecto de creación dos novos servizos comúns procesuais xerais, a fin de indicarlle que en tanto en canto non tivera lugar a convocatoria da mesa sectorial co Sr. Conselleiro ningunha central sindical realizaría alegacións aos proxectos trasladados pola dirección xeral, abrindo noutro caso a posibilidade de movilizacións contundentes. Carta ao Conselleiro 28/06/2010 Escrito ao Director Xe

Campaña reclamacion control horario correcto

Dende as cinco centrais sindicais presentes na mesa sectorial de xustiza, ante as misivas remitidas pola administracion autonómica sobre o control do cumprimento do horario na Admón. de Xustiza, quixemos dar unha resposta contundente á mesma, e por iso se iniciou a presente campaña para a interposición dde recursos en defensa dos intereses das traballadoras/es co obxecto da que a administración negocie dunha vez o calendario laboral e non aplique arbitrariamente o mesmo con base a unha regulamentación que na actualidade está derrogada, solucionando para iso todos os problemas que no cómputo horario se teñen producido. Nota Informativa Campaña Control Horario e instancia recurso Preguntas frecuentes sobre o horario

CONCURSO DE TRASLADOS E REFORZOS

CONCURSO DE TRASLADOS: Segundo se nos informou polo responsable de concursos do Ministerio, no mes de xullo serán publicadas as listaxes provisorias, sen concretar a data exacta de dita publicación. REFORZOS: Rematan nas datas do seu vencemento os seguintes reforzos: *A CORUÑA - Xulgado Vixianza Penitenciaria da Coruña - Instrución nº1 de Santiago - Xulgado Mixto de Ribeira *OURENSE -Xulgado Instrución nº1 de Ourense *PONTEVEDRA -Xulgado Instrución nº 3 de Vigo -Xulgado Mercantil nº 2 de Pontevedra -Xulgado Instrucción nº 2 de Pontevedra -Xulgado Mixto Tui nº1 En relación coas peticións de prorrogas de prolongacións de xornada, quedan todas supendidas durante os meses de xullo, agosto e setembro, agás as que correspondan aos xulgados de violencia de xenero e secretaría coordinación provincial Non se accedeu as peticións dos novos reforzos e tampouco as novas prolongacións de xornada.

CURSO PRACTICO - PROMOCION INTERNA - XESTION GALIZA

Habendo superado a fase de concurso-oposición 14 funcionarios, cómpre a superación do período de prácticas como parte do proceso selectivo, que consonte o establecido na base 6.7. da devandita Orde, terá unha duración de 4 semanas, a saber: 1 semana de formación teórico-práctica relativa aos procedementos xudiciais e expedientes do Rexistro Civil, ferramentas informáticas e medios técnicos na Administración de Xustiza, e outras 3 semanas de prácticas tuteladas en órganos xudiciais, excepto os aspirantes que se atopen na situación sinalada na base 6.7.2. da dita Orde. É por isto, que cómpre anunciar que para os alumnos concorrentes polo territorio da Comunidade Autónoma de Galicia a fase teórica comezará o vindeiro 13 de setembro, ás 8.30, e rematará o 17 de setembro ás 14.30 horas . Os alumnos deberán presentarse ás 8.30 na EGAP, Rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela . Para calquera dúbida ou aclaración, poderedes dirixirvos á Dirección Xeral de Xustiza, a través do teléfono 881. 997

CURSOS LINGUAXE XURIDICA - PERSOAL DE FORA DA COMUNIDADE AUTONOMA

Por parte da Dirección Xeral de Xustiza acaba de darsenos traslado das listaxes definitivas do persoal ao servizo da Admón de Xustiza destinado fora da Comunidade Autónoma, seleccionado para realizar os cursos de linguaxe xurídica galega. Resolución publicación listaxes definitivas Curso LXG Medio - Vigo Curso LXG Superior - A Coruña Curso LXG Superior - Ourense Listaxe de excluidos

OPOSICIÓNS 2010 - AUXILIO, TRAMITACIÓN, XESTIÓN E M.FORENSES

Hoxe 22 e xuño saiu publicada a convocatoria de oposicións para acceso pola quenda libre e restrinxida do persoal ao servizo da Administración de Xustiza nos corpos de Auxilio, Tramitación, Xestión e M.Forenses. O prazo de presentación de instancias é do 23 de xuño ao 12 de xullo de 2010, ambos inclusive Resolución convocatoria Auxilio Resolución convocatoria Tramitación Resolución convocatoria Xestión Resolución convocatoria M.Forenses Instancia para presentación

REXEITAMENTO Á REFORMA LABORAL

A CIG avaliou esta mañá, en rolda de prensa, como moi “graves” os recortes laborais que se introducen na proposta de reforma laboral presentada polo goberno que se aprobará mañá no Consello de Ministros. Respecto da convocatoria de folga xeral, Suso Seixo, secretario xeral, considerou “un erro” atrasala até setembro e responsabilizou a CCOO e UGT de “arrastrarnos” ás portas do verán, malia coñecer con anterioridade os regresivos contidos da mesma. Á espera de que se confirme na xuntanza do Secretariado, que terá lugar o próximo venres día 18 de xuño, adiantou que a CIG participará na folga xeral con todas as súas forzas pero, probablemente, cunha convocatoria de actos por separado. Nova en paxina web Nota informativa en pdf Real Decreto-lei 10/2010, de 16 de xuño, de medidas urxentes para a reforma do mercado de traballo

"As TIC ante o reto da Modernización da Xustiza"

Con este título tan de moda celebráronse o 14 de xuño en Compostela unhas xornadas sobre a modernización da administración de xustiza en Galiza. Nas mesas que houbo e que remataron o seu discurso sobre as 13,00 horas, moito se falou de necesidades pero poucas solucións se aportaron a curto-medio prazo para solucionar os innumerables problemas que acucian na nosa comunidade á informática xudicial en xeral e as novas tecnoloxías en particular. O único que sacamos en claro (e a ver se se reflicte así nos orzamentos da comunidade autónoma) e que Galiza vai adicar de aquí ao ano 2014 uns 34 millóns de euros para a modernización da administración de xustiza (equipamentos, software, formación, etc.). En definitiva, moi bonitos os discursos e as presentacións informáticas en "PowerPoint", pero poucas solucións para o día a día. O que máis nos defraudou das xornadas foi que, estando presente o representante ministerial Sr. De La Mata Amaya, Director Xeral de Modernización do Minister

CONCURSO DE TRASLADOS MÉDICOS FORENSES

Convócase concurso de traslados de Médicos Forenses. A data de publicación no DOG será o vindeiro 16 de xuño.O prazo de presentación de instancias será de 10 días naturais seguintes ao da publicación no BOE/DOG. Resolución convocatoria concurso 6/5/2010

ADXUDICACIÓN PRAZAS AUXILIO - QUENDA LIBRE

A Orde de 4-6-2010, pola que se lle adxudican destinos aos aspirantes aprobados nas probas selectivas para ingreso no Corpo de Auxilio Xudicial, quenda libre, convocadas pola Orde JUS/3337/2008, de 10 de novembro, e cuxas plazas desertas foron anunciadas pola Orde JUS/1065/2010, de 15 de abril (BOE 30-4-2010), está previsto que se publique no Boletín Oficial do Estado do vindeiro 18 de xuño. A relación de adxudicatarios coas súas prazas será publicada a semana que ven (7-11 de xuño) na páxina web do Ministerio. Orde JUS/1610/2010 de nomeamento - Corpo Auxilio Orde outorgamento de destinos - Ministerio Orde outorgamento de destinos - Pais Vasco Resolución outorgamento de destinos - Catalunya Resolución outorgamento de destinos - Andalucia Resolución outorgamento de destinos - Valencia Resolución outorgamenteo de destinos - Canarias Resolución outorgamento de destinos - Navarra Resolución outorgamento de destinos - Madrid

ACCIÓN SOCIAL 2010

No DOG do día 26 de maio de 2010 saiu publicada a acción social deste ano na que se manteñen os mesmos programas e, as contías do fondo, só foron actualizadas coa subida de inicio do ano pese as continuas reivindicacións dende a parte sindical sobre o incremento paulatino ata acadar o 1% da masa salarial, motivo polo cal os sindicatos nos levantamos da mesa correspondente sen negociar o reparto, pois considerábamos prioritario acadar un acordo sobre o incremento deste capítulo. A instancia debe presentarse a través do portal do funcionario público de xustiza https://www.xunta.es:444/sxpa/AIX/ e estará dispoñible a partires do 1 de xuño. O prazo de presentación de instancias remata o 31 DE XULLO DE 2010. Resolución ACCIÓN SOCIAL 2010 (DOG) Portal do Empregado Público de Xustiza

A VOZ DE GALICIA XA NOS METEU A PUNTILLA DO CONTROL HORARIO

Por se fora pouco a que está a caer na Administración de Xustiza en Galiza coa implantación da nova oficina xudicial, o programa informático Minerva Nox, a reforma procesual e a rebaixa do 5% dos nosos salarios, agora vai a nosa inefable "La Voz de Galicia" e nos pon a puntilla do control horario cun artigo totalmente pernicioso no que se indica, coa anuencia da Xunta de Galiza, que case a metade dos funcionarios da nosa administración está a incumprir co seu horario laboral, cando en realidade o que se trata e dun incumprimento por parte da administración autónomica na fixación do calendario laboral e de pequenas incorrecións e erros no cómputo do horario. Sen embargo a vista do artigo e do titular do mesmo case aparecemos como delincuentes convictos aos que habería que escarmentar e ata parecería pouco o 5% de redución do salario prantexado dende o governo estatal. Nota informativa control horario

COMO QUEDAN AS RETENCIÓNS DO 5% - MESA DE INFORMATICA DO 19 DE MAIO

En principio e, sen prexuizo dunha maior análise da normativa que se publique ao efecto en relación coa detracion do 5% dos nosos haberes, no seguinte enlace está colgada a nota informativa sobre as porcentaxes que nos serán retiradas de aquí a decembro.Esta aldraxe da admnistración suporá para os bolsillos das empregadas/os públicos un importe similar ao dunha paga extra. Nota informativa retencións 5% Real Decreto-lei 8/2010, de 20 de mayo, por el que se adoptan medidas extraordinarias para la reducción del déficit público No que respecta a xuntanza mantida o pasado 19 de maio coa Subdirectora de Modernización e Innovación Tecnolóxica pouco máis que dicir que moi boas palabras pero poucas solucións a curto-medio prazo. Mantemos unha dependencia absoluta do Ministerio (porque así o quixo sempre a Xunta sen gastar cartos nunha aplicación propia) e ata que a este lle pete arranxar as cousas pois así de "emporcallados" estaremos. Nota informativa Mesa 19 de maio

A voltas outra vez co cumprimento do horario

Ante as comunicacións remitidas dende a Dirección Xeral (de momento chegaron a Lugo e Pontevedra)en relación co cumprimento do horario por parte das traballadoras/es da administración de xustiza en Galiza indicar que, postos en comunicación co Director Xeral polo mesmo se nos confirma que dito envío se realizou a efectos meramente informativos a fin de que se tome conciencia paulatinamente de que a xornada laboral componse tanto da parte fixa como da parte flexible. Pola CIG, tal e como podedes comprobar na nota informativa do enlace que figura ao pe desta información, xa se lle indicaron determinadas problemáticas que fan moi dificil o cumprimento do horario, tal e como é a apertura dos órganos xudiciais polas tardes, falta de aprobación do calendario laboral, cómputo erroneo das horas traballadas, etc., polo lo tanto a CIG suxeriu que nestes momentos tan delicados, en plena implantación da NOX e do novo programa informático, estes temas deben ser tratados na mesa sectorial antes de m

Axudas por redución de xornada - Axudas fillos menores de 3 anos

No DOG do 30/4/2010 publicouse a RESOLUCIÓN da Secretaría Xeral de Igualdade do 23/4/2010. O obxecto desta resolución é a regulación do réxime de concesión de axudas económicas a aqueles traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo así como a convocatoria destas para o ano 2010. Resolución Secretaria Xeral de Igualdade No DOG do 10/5/2010 publícase a ORDE da Consellería de Traballo e Benestar do 03/5/2010. Esta orde ten por obxecto establecer as bases polas que se rexerá a concesión da prestación familiar por fillo/a menor de tres anos, así como a convocatoria destas axudas para o presente ano 2010. O prazo son 40 días naturais, que empezan a contar desde o día 11 de maio pois houbo un erro. Orde Conselleria de Traballo e Benestar

MESA SECTORIAL 6-MAIO-2010

O pasado 6 de maio celebrouse en Compostela Mesa Sectorial da Administración de Xustiza coa seguinte orde do día: 1) Gardas. 2) Execución sentenza Tribunal Supremo complemento Xeral de Posto. 3) Plan de Vacacións 2010 4) Infraestructuras xudiciais 5) Substitucións, medidas de apoio Seccion 6ª A.P. Vigo, Xulgados do Penal e de Violencia 6) Rogos e preguntas. Do acontecido en dita xuntanza deixámosvos no seguinte enlace a nota informativa co resume do alí tratado. Nota informativa mesa sectorial

Nova sede xudicial "Fabrica de Tabaco" - A Coruña

Unha vez máis os nosos políticos confabúlanse cos máximos representantes do poder xudicial do noso país e prantexan actuacións moi pouco xustificables dende o punto de vista económico e funcional. O último destes despropósitos é o intento de traslado na Coruña das Seccións da Audiencia Provincial, dos Xulgados de Vixiancia Penitenciaria e Menores, a Secretaría Coordinadora e a Fiscalía Provincial ao edificio de Tabacalera. Os nosos póliticos perden toda a prespectiva cando se trata de colocar unha placa que os inmortalice para sempre na inauguración dunha sede xudicial e os máximos representantes do poder xudicial, no canto de preocuparse de sacar para adiante o traballo que teñen atrasado, procuran obter uns despachos con mellores vistas que os que posúen na actualidade. Entre todo isto, as traballadoras e traballadores da administración de xustiza, que non lles importan a ninguén e nin se lles ten en conta a hora de prantexar este tipo de actuacións. Quen acabará pagando todo isto?,

PUBLICACION LISTAXES DEFINITIVAS INTERINOS

A Dirección Xeral de Xustiza ven de facilitar hoxe 26/04/2010 as listaxes definitivas das bolsas do persoal interino ao servizo da Admón. de Xustiza en Galiza, tras un longo proceso de elaboración que culmina de xeito definitivo con esta publicación, no que a CIG xogou un papel moi relevante na resolución final, ao aceptarse pola mesa de interinos a proposta de ordenamento efectuada pola nosa central sindical, que tivo como consecuencia máis salientable a resolución da maioría dos numerosos problemas detectados. Na páxina da Xunta tedes por un lado as listaxes de traballo-reserva que conforman as respectivas bolsas dos tres corpos en cada provincia e, por otra banda, están as listaxes do resto de participantes non seleccionados coa súa puntuación así como dos defintivamente excluidos do proceso de selección. Acceso á bolsa de interinos

CONCURSO 2010 CONVOCADO - DOG 21/04/2010

Por fin e, con algo de retraso, a Dirección Xeral de Xustiza e o Ministerio de Xustiza veñen de publicar o concurso de traslados deste ano 2010. Para que poidades ter acceso á resolución e as vacantes aquí vos van os enalces das vacantes e dos códigos de resultas facilitados tanto pola Consellería como polo Ministerio. Resolución Convocatoria Concurso Galiza 2010 Codigos Resultas Auxilio Galiza 2010 Codigos Resultas Tramitacion Galiza 2010 Codigos Resultas Xestion Galiza 2010 Codigos Resultas Ministerio 2010 Codigos Resultas CCAA Transferidas 2010 Instancia destinados no territorio de Galiza Instancia destinados no territorio do Ministerio

TRASLADO DE XULGADOS EN PONTEVEDRA

CIG-Xustiza rexeita a instalación dos novos xulgados de Pontevedra nos locais da rúa González Adrio A central reclama á administración información sobre o traslado do persoal Diante das previsións da nova creación de Xulgados en Pontevedra, o sector de Xustiza da CIG-Administración vén de preguntar á administración pola nova situación dos mesmos, xa que a día de hoxe, a Dirección Xeral de Xustiza non informou á representación legal dos traballadores e traballadoras do traslado. Así mesmo, a CIG rexeita a posíbel nova instalación na rúa González Adrio, xa que estes locais foran abandonados hai 12 anos por non reunir as condicións adecuadas para acoller os xulgados. A continuación reproducimos o comunicado feito público pola sección de Xustiza da CIG: Coas previsións da nova creación de Xulgados en Pontevedra, a Confederación Intersindical Galega-Sector de Xustiza, vén de interesar da Dirección Xeral de Xustiza que se nos aclare onde se ten pensado situar os mesmos, xa que como repre

MOVILIZACIONS EN DEMANDA DO XULGADO 4 DE VILAGARCIA DE AROUSA

A Xunta de Persoal da provincia de Pontevedra concentrase diante dos Xulgados de Vilagarcia de Arousa en demanda da creación do Xulgado nº4, as concentracións continuarán todos os mercores, e as mesmas estan convidados os profesionais do sector asi como o Concello e os Partidos Políticos. Reportaxe sobre a concentración do día 3 A voz de Galiza Faro de Vigo

CONSOLIDACION DE PRAZAS EN GALIZA PARA O VINDEIRO CONCURSO

a Xunta de Galiza ven de comunicarnos as prazas que finalmente vai consolidar para o vindeiro concurso en total son 17, compre decir que estas non foro negociadas cos Sindicatos e que a CIG xa fixo a protesta formal na mesa de traballo do día 4 e continuará reclamando que ten que ser consolidadas todas as que teñan unha antigüidade con reforzo de mais de 2 anos, ())estamos a falar de unhas 125 prazas), polo que nos parece vergoñento que unicamente se consoliden 17 e ainda mais que se faga de forma unilateral e sen ningún criterio. As prazas que a Xunta consolida son: Tribunal Superior (Sala do Contencioso-Administratito): 1 Xestor  e  4 Tramitadores Instancia 3 (R.C) de Compostela: 1 Auxilio 1ª Instancia e Instrucción 1 de Muros: 1 Tramitador 1ª Instancia e Instrucción 1 de Negreira: 1 Tramitador 1ª Instancia e Instrucción 1 de Sarria: 1 Tramitador Xulgado de Menores de A Coruña: 3 Tramitadores Xulgado de Menores de Pontevedra: 3 Tramitadores Xulgado de Paz de Barbadas: 1 Auxilio Xulga

MESA DE TRABALLO COA XUNTA DIA 17-2-2010

Mesa de traballo sobre a nova oficina xudicial (NOX):            No día  17/02/2010 celebrouse a segunda reunión do grupo de traballo sobre a implantación da nova oficina xudicial, empezando a tratarse o tema das Unidades Administrativas e, entregándose por parte da administración determinada documentación sobre os cadros de persoal existentes en toda a comunidade autónoma e as RPT’s prantexadas para estas novas oficinas. Como é lóxico, o tema non puido rematar, quedando  todos emprazados para o vindeiro día 25/02/2010 a fin de continuar a negociación do resto de aspectos.  Debemos ter en conta que esta reforma da oficina xudicial, posiblemente sexa a máis importante levada a cabo dende fai séculos na Admón.de Xustiza, polo que debemos facer as cousas  sen presas pero sen pausas e procurando acertar o máis posible no deseño da dita oficina xudicial.   Ampliación dos cadros de persoal: Como xa vos informaramos anteriormente, da documentación trasladada pola Dirección Xeral aos sindicato

CONCURSO DE TRASLADOS 2010

O Ministerio de Xustiza nos informa que no mes de marzo-abril se convocará o concurso de traslados, estas notificias parecen reais pois a Dirección Xeral de Xustiza, nos remite o borrador de prazas vacantes na Galiza, para que se fagan alegacións. As prazas vacantes que a Xunta nos anuncia son: relación de vacantes por corpos de Galiza.  

RERIBUCIONS ANO 2010

RETRIBUCIÓNS ANO 2010 Cobrastes menos en xaneiro?. Moita xente nas Administracións Públicas ficou sorprendida cando lle chegou a nómina do mes de xaneiro. En xeral, todo o persoal cobrou entre 10 e 30 euros menos que nunha mensualidade periódica habitual. Erros aparte, que se puideran producir nalgún caso, o que pasou foi o seguinte: a) Este ano as retribucións aumentaron moi pouco, só un 0,3%, a raíz dun acordo entre o Goberno do Estado e os sindicatos CCOO, CSI-F e UGT, no marco da Mesa Xeral das Administracións Públicas. Os outros dos sindicatos presentes CIG e ELA, non asinamos. b) Este ano non hai rebaixa de 400 euros anuais na retención do IRPF. En 2008 e 2009, a retención do IRPF minorouse en 400 euros anuais o cal equivale a 33,33 euros mensuais por termo medio, en 2010 esa rebaixa desapareceu, de forma que nos reteñen eses 33,33 euros. A combinación desas dúas circunstancias provocou a baixada dos importes nas nóminas; a desaparición do recorte na retención