lunes, 29 de agosto de 2016

CORCUBIÓN VOLVE A FACER AUGAS EN PLENO VERÁN

Así seguen as cousas en Corcubión. As compañeiras/os sacando baldes de auga para que non se inunden as instalacións e, mentras tanto, a administración sen facer nada. Cremos que o máis acaido e que no vindeiro pedido de material de oficina se solicite o envío dunhas piraguas ou unha zodiac para salvar o tema, e seguramente saian baratas, porque estamos ao final da tempada estival, polo que seguro que obtemos un bo desconto nese tipo de material. Así que xa só nos queda aprender a remar e así formar parella con Craviotto para acadar unha medalla nas vindeiras olimpiadas de Tokio.

RESOLTO O CONCURSO DE LIBRE DESIGNACIÓN DAS FISCALÍAS PROVINCIAIS

No DOG de hoxe publícase a ORDE do 12 de agosto de 2016 pola que se resolve a convocatoria pública de provisión, polo sistema de LIBRE DESIGNACIÓN de determinadas prazas de secretaría das fiscalías provinciais.

https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNeFVhUThXaDU5RFU/view?usp=sharing


 

ULTIMÁTUM AO CONSELLEIRO




O DIRECTOR XERAL TEN DE PRAZO ATA O MERCORES 31-08-16 PARA PRESENTAR UN ACORDO SOBRE INCAPACIDADE TEMPORAL (I.T.) SUBSTITUCIÓNS E VIOLENCIA DE XENERO

SPJ-USO, AXG-CUT, UGT, CSI-F, STAJ, CIG non imos a esperar máis tempo para que a Xunta de Galicia deixe de discriminar aos funcionarios galegos con respecto aos do Ministerio de Xustiza.
Dende a Constitución da Mesa Sectorial no mes de maio os 6 sindicatos con representación na Mesa levamos esixindo ao Director Xeral de Xustiza a equiparación coa normativa do Ministerio de Xustiza sobre Incapacidade Temporal (I.T.), o 100% das retribucións nas Substitucións e un acordo sobre a problemática nos Xulgados de Violencia sobre a Muller.
Ao longo destes meses os Sindicatos bloqueamos varias Mesas de negociación nas que se
pretendían sacar normativas que só interesaban á Administración, mantivemos reunións co propio Director Xeral e a Subdirectora, das que fixemos as súas correspondentes follas informativas para que os traballador@s estiveran informados de todo o proceso.

miércoles, 24 de agosto de 2016

DATA E LUGARES DE EXAME - TERCEIRO EXERCICIO XESTION - QUENDA LIBRE - OP2015

Na páxina web do Ministerio de Xustiza publícase hoxe o Acordo do Tribunal Cualificador Único para as probas de acceso ao corpo de Xestión Procesual e Administrativa, quenda libre, das oposicións de 2015, no que se establece como data para a realización do terceiro exercicio a de 10 DE SETEMBRO, as 10:00 HORAS (9:00 HORAS EN CANARIAS), nos lugares que se indican no anexo.

Ligazón anexo dos lugares de exame:

martes, 23 de agosto de 2016

CURSOS PREPARATORIOS LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA E CELGA

No DOG do venres pasado, publícouse a Orde do 4 de agosto de 2016 pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galiza. 
Para os cursos de linguaxe administrativa galega, presenciais e en liña, e para os cursos preparatorios de lingua galega, Celga, as solicitudes presentaranse na secretaría da escola oficial de idiomas onde teña lugar o curso, sen prexuízo da súa presentación en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992. 
O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá ata o 9 de setembro de 2016, para os cursos do primeiro cuadrimestre (outubro-xaneiro); e desde o 12 de decembro de 2016 ata o 2 de xaneiro de 2017, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160819/AnuncioG0164-090816-0005_gl.pdf

jueves, 18 de agosto de 2016

CONVOCATORIA DE PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS TÍTULOS DE GALEGO CELGA 1, 2, 3 E 4

No DOG de hoxe saíu publicada a RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral de Política Lingüísta pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2016.
Prazo de presentación de solicitudes: 19/08/2016 - 19/09/2016

Datas de realización das probas:
Celga 4: 5 de novembro de 2016.
Celga 2: 6 de novembro de 2016.
Celga 3: 12 de novembro de 2016.
Celga 1: 13 de novembro de 2016.


As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada. Os lugares concretos e o horario indicaranse cando se fagan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas para cada proba de nivel Celga.


O formulario de solicitude, segundo o modelo ED114A, estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.es e na páxina web http://www.lingua.gal, que permite cubrir e editar a solicitude.

Ligazón modelo de solicitude:
http://www.xunta.es/formularios/generarPlantillaPDF?conselleria=ED&procedimiento=114A&version=0.0&idioma=gl_ES

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160818/AnuncioG0164-110716-0005_gl.pdf
 

A CIG SOLICITA AO CXPX E A XUNTA QUE MODIFIQUEN OS MODELOS DE MINERVA

Ainda que pareza mentira (isto é algo de sarcasmo) a día de hoxe seguen sen ser modificados moitos dos modelos dos que se fan uso en Minerva nas distintas ordes xurisdiccionais, tras as reformas procesuais levadas a cabo. Neste momento tocoulle ao ámbito penal no que, a pesares de que a reforma xa leva varios meses en marcha, non se mudou nos modelos a palabra "imputado", cambndose a mesma pola de "investigado", nin tampouco se correxiron os dereitos que agora hai que facer saber aos prexudicados. Iso si, a denominación "Secretario Xudicial" si foi cambiada no mesmo momento pola de "Letrado da Administración de Xustiza" que, como todos sabemos, é unha reforma procesual de altísimo calado e case fundamental para o funcionamento dos órganos xudiciais (outra vez o sarcasmo).
O máis sorprendente de todo isto e que o CXPX (véxase no enlace o escrito) parece como se acabara de enteirarse agora de que os modelos de Minerva en Galiza non estiveran actualizados e, ainda por riba, da a sensación de que a culpa é da Xunta de Galiza que non os actualizou no seu momento. En fin, con estas ferramentas e con estes "directivos" temos que lidiar todos os días para intentar que a xustiza siga avanzando, ainda que sexa a paso de carreta. 

PRAZO REAL DE TRES DÍAS PARA SOLICITAR SUBSTITUCIÓNS

A CIG solicitou da Dirección Xeral de Xustiza que o prazo de tres días concedido para formular as peticións de substitucións sexa real e, polo tanto, comence a contar a partires do día seguinte á publicación na intranet xa que logo, non só se estaría a dar menos prazo se non que se infrinxiría o previsto na Lei de Procedemento Administrativo Común.

Ligazón escrito presentado:

miércoles, 10 de agosto de 2016

LISTAXE DE APROBADOS - PRIMEIRO EXERCICIO - QUENDA LIBRE TRAMITACION - OP2015

Na páxina web do Ministerio de Xustiza acaba de publicarse o Acordo do Tribunal Calificador Único, de 9 de agosto, polo que se establecen as puntuacións mínimas para superar o primeiro exercicio e se fan públicas as relacións de aprobados na quenda de acceso libre ao corpo de Tramitación Procesual e Administrativa, así como as plantillas definitivas de respostas.

Ligazón listaxe de aprobados:

martes, 9 de agosto de 2016

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS POR SUBSTITUCÍÓN

Publicouse na intranet xudicial o día 09/08/2016 o aviso de adxudicación das prazas ofertadas o pasado 3 de agosto, o que tamén podedes comprobar na ligazón que figura ao pe.

Ligazón adxudicacións:

lunes, 8 de agosto de 2016

ASÍ ESTAN AS COUSAS NO EDIFICIO DE XULGADOS DE CORCUBIÓN - FAI AUGAS COMO O PRESTIGE

O sector de Xustiza da CIG denuncia o estado deplorábel no que se atopa o edificio xudicial de Corcubión. As roturas de tubaxes son constantes e provocan fugas de auga en diferentes estancias, a máis recente no despacho do fiscal, acontecida a semana pasada e que deteriorou parte do mobiliario e especialmente o falso teito, que presenta varios furados e está inchado en determinadas zonas.
Outras dependencias do edificio tampouco se libran das fugas. No xulgado número 1, situado no primeiro andar, rexistráronse no teito da oficina e, hai un ano, no despacho da xuíza. Porén, desde a Dirección Xeral de Xustiza da Xunta non se fai nada para remediar esta situación.

Ligazón nota informativa:

INSTRUCCIONS PARA RECLAMAR O PAGAMENTO DO ULTIMO PRAZO DA PAGA EXTRA 2012 E DO CAT DE XANEIRO-FEBREIRO 2013

Hoxe públicase no DOG o anuncio polo que se dan as instrucións para que o persoal que non se atope en activo neste momento poida reclamar o último prazo da paga extra de 2012 que se correspondería co 24,59% de dita paga e tamén o reintegro da parte correspondente ao CAT de Xaneiro-Febreiro de 2013.

Ligazón nota informativa:
http://www.galizacig.gal/avantar/novas/8-8-2016/a-cig-denuncia-que-a-xunta-adianta-o-pago-de-parte-das-extras-de-2012-e-2013-para-ben

Anexo I - Reclamación Xaneiro-Febreiro 2013:
https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNNjFRRUpjdVAzNjA/view?usp=sharing

Anexo II - Reclamación ultimo pagamento paga extra 2012.
https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNTUlqYmNSYWhuTEk/view?usp=sharing