Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: December, 2018

CONSULTA DO ANEXO III DO CONCURSO DE TRASLADOS

A partir de hoxe xa se pode consultar o Anexo III do concurso de traslados. Ainda que se teña obtido praza, é  necesario que se consulte dito Anexo III para confirmar a gravación correcta das prazas solicitadas no seu dia.
O prazo de reclamacións será de 10 días hábiles, ata o 31 de decembro, inclusive.
O modelo de alegacións así como a documentación que se achegue, no seu caso, remitiranse ao Ministerio de Xustiza mediante fax, dirixido ao coidado da sección de «Concursos-Despacho 220», aos números 913902394 / 913904304 / 913904250 / 913902076. Tamén poderá enviarse a reclaclamación a través do correo electrónico concursos.admonjusticia@mjusticia.es, escaneando o anexo IV debidamente asinado.

Ligazon Anexo III: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/concursos-traslados/concurso-traslado-ordinario
Ligazón Publicacion BOE:
https://www.boe.es/boe/dias/2018/12/15/pdfs/BOE-A-2018-17174.pdf

Listaxes Galicia por corpos e provincia:
https://drive.google.com/fi…

DESTINOS CORPO DE TRAMITACIÓN PROCESUAL - QUENDA LIBRE - OEP 2016

Na páxina web do Ministerio de Xustiza publicouse a Orde de 4 de decembro, do Ministerio de Xustiza, pola que se outorgan destinos as funcionarias/os do Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza, quenda libre, que superaron as probas selectivas convocadas pola Orde JUS/1166/2017, de 24 de novembro.
Data prevista de publicación no BOE: 18-12-2018
Ligazón: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/concursos-traslados/tramitacion-procesal4

MESA SECTORIAL EN MADRID. A HISTORIA REPÍTESE...

Nesta mesa sectorial estabamos convocados para negociar, entre outros temas, as bases comúns e as próximas convocatorias de oposicións. Unha vez comeza a mesa sectorial volvemos a descubrir un novo episodio de “negociacións nos despachos”. A administración recoñeceu, pese a que na mesa sectorial do mes de xullo se acordara crear un Grupo de traballo para elaborar as bases e as convocatorias, que mantivo negociacións bilaterais, fóra de mesa e sen convocatoria legal, cos mesmos sindicatos que nos venderon en Galiza, (agás spj-uso, que non ten representación nesta mesa) Froito deses cambios de cromos asinouse un acordo para a adaptación á xustiza do acordo marco para a mellora do emprego público de 2017-2019 da Mesa Xeral de negociación das AAPP. A CIG rexeitou asinalo porque entre outras cuestións: 1. Non se negociou na Mesa Sectorial. 2. Pese a contemplar unha convocatoria excepcional de promoción interna para o 2019, non se chega, nin de lonxe, o 50% da totalidade das prazas que se …

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na INTRANET o día 04/12/2018 o aviso de prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o quetaménpoderedes comprobar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de solicitudes será o 5, 7  e 10 de decembro. A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar, debidamente asinado, por calquera un dos seguintes medios: Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta.gal
Fax: 981546222
Ligazónprazas en substitución: https://drive.google.com/file/d/11eSYvqcWF0tic6OPFuzY7WZ0ZCiJCmC5/view?usp=sharing

Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Onte,  4 de decembro, saíu a resolución coas adxudicacións das últimas prazas publicadas o pasado22 de novembro, para a súa cobertura mediante substitución entre titulares. A información está dispoñible na intranet xudicialou na seguinte ligazón:
https://drive.google.com/file/d/1ykdENpE8l85BTCOkFJyKcKBGplCWr1Kn/view?usp=sharing

CONCURSO DE TRASLADOS LETRADOS ADMÓN. DE XUSTIZA

No BOE de hoxe sae publicada a Orde JUS/1290/2018, do 27 de novembro, pola que se convoca concurso de traslado para a provisión de postos de traballo para os grupos segundo e terceiro do Corpo de Letrados da Administración de Xustiza
Ligazón https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-2018-16565

CONCENTRACIÓN ANTE OS XULGADOS DA CORUÑA EN APOIO Á CHELO, DELEGADA DE CIG-XUSTIZA

A CIG desenvolveu este luns unha concentración diante do antigo edificio da Audiencia Provincial da Coruña en rexeitamento á represión sindical que están a sufrir, máis de seis meses despois de rematado o conflito, delegados e delegadas sindicais da CIG e CUT por exercer a súa labor durante a folga de xustiza. Nesta circunstancia atópase á compañeira Chelo, delegada da CIG na Administración de Xustiza, que está pendente dun expediente disciplinario e de dous xuízos por delitos, a raíz das denuncias presentadas pola Fiscalía provincial por feitos acontecidos no marco da folga. No xuízo de hoxe Chelo conseguiu ser absolta grazas á boa defensa realizada e porque a fiscalía non acadou artellar unha acusación coherente.
https://www.cig.gal/nova/concentracion-nos-xulgados-da-coruna-contra-a-represion-sindical-na-xustiza-e-en-apoio-a-companeira-chelo.html

REINTEGRO PRESTACIÓN MATERNIDADE E PATERNIDADE

O 3 de decembro, a Axencia Tributaria colgou no seu web o modelo para poder solicitar a devolución da parte do IRPF daquelas persoas que nos últimos anos percibiron prestacións por maternidade e paternidade.
Ligazón modelo: https://www.agenciatributaria.es/static_files/AEAT/Contenidos_Comunes/La_Agencia_Tributaria/Informacion_institucional/Campanias/Prestacion_maternidad/Formulario_maternidad.pdf Ligazón trámite on-line: https://www.agenciatributaria.es/AEAT.internet/Inicio/La_Agencia_Tributaria/Campanas/_Campanas_/Prestacion_maternidad/Prestacion_maternidad.shtml