Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2016

CONCURSO DE TRASLADOS - LETRADOS ADMÓN. DE XUSTIZA

No BOE de hoxe sae publicada a Orde JUS/218/2016, de 17 de febreiro, pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de prazas do Corpo de Letrados da Administración de Xustiza.

CONCURSO ESPECÍFICO XESTIÓN - TERRITORIO MINISTERIO

No BOE de hoxe sae  publicada a Orde JUS/217/2016, de 17 de febreiro, pola que se convoca CONCURSO ESPECÍFICO para a provisión de postos de traballo no ámbito territorial xestionado polo Ministerio de Xustiza, para o Corpo de Xestión Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza.

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN ESCOLAS INFANTÍS DE 0-3 ANOS

Hoxe sae publicado no DOG a Resolución do 18 de febreiro de 2016 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais para o curso 2016/17 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?paginaCompleta=false&idEstado=5&rutaRelativa=true&ruta=/2016/20160224/Secciones2_gl.html O prazo para solicitar o ingreso remata o 25 de marzo.

NOVAS PRAZAS A SUBSTITUCIÓN E ADXUDICACIÓNS

Publicáronse na intranet xudicial o día 2 3/ 0 2 /2016 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución así como a adxudicación das anteriormente publicadas. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nas ligazóns que se achegan abaixo.  PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 2 3 , 2 4 e 2 5 DE FEBR EIRO.  Ligazón novas substitucións:  https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNeE91OW5tZERMU3c/view?usp=sharing Ligazón substitucións adxudicadas: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNeWVmWkRTWk92MGs/view?usp=sharing

LEXNET E O GRAN MISTERIO DE A ONDE VAN AS COMUNICACIÓNS XUDICIAIS

Dende a implantación do uso de LEXNET, o 1 de xaneiro de 2016, todos os operadores xurídicos, avogados, procuradores, graduados sociais, xuíces  e persoal dos distintos corpos da administración de xustiza, en calquera foro, charla, debate, faladoiro ou encontro informal, manifestan unha mezcla de desesperación, escepticismo e, porque non dicilo, cabreo monumental, pola aplicación, a marchas forzadas e, en apariencia, sen unha boa planificación, dun sistema de remisión dixital de documentación cara aos órganos xudiciais,  que non funciona ben e non é do agrado de ningún dos colectivos citados.  E que ninguén se pregunta se este sistema estivera a disposición da Axencia Tributaria como sería capaz esta de recaudar ningún euro? Pois non, non o pregunta ninguén, porque ninguén, no seu xuízo, poría lexnet a funcionar como plataforma de comunicación coa Axencia Tributaria. Ler máis  "Contenc i oso.es" Ler máis "Alfredo Herranz"  

PRAZAS DE LIBRE DESIGNACIÓN - SECRETARÍAS FISCALÍAS PROVINCIAIS

No DOG de hoxe sae publicada a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, as prazas correspondentes as secretarías das fiscalías provinciais.   O prazo para solicitalas será de 15 días hábiles, que remataría o vindeiro 7 de marzo .

CIDADE DA XUSTIZA DE VIGO: PROXECTO DE FUTURO OU QUIMERA

Hoxe, tivemos xuntanza todos os colectivos xudiciais co Vicepresidente e Conselleiro de Xustiza e co Director Xeral na Delegación de Vigo, para tratar o tema do proxecto da cidade da xustiza. Segundo o conselleiro, a finais de marzo pode estar definitivamente aprobada xa a modificación do Art. 144 que posibilitaría, no caso de Vigo e sempre que houbera proxecto básico, a licitación do proxecto e petición de licenza para a construción do novo edificio xudicial ala para o mes de xuño. Dito o anterior, o Conselleiro presentou unha alternativa novidosa que pasaría pola rehabilitación do edificio do Hospital Xeral de Vigo e o traslado de todas as dependencias xudiciais da rúa lalín a esa nova ubicación, unha vez concluídas todas as obras de adaptación. Matizou que habería que habilitar igual número de prazas de aparcadoiro que as previstas para a rúa lalín e que en superficie sairía gañado o proxecto cos seguintes datos e que tanto tecnicamente como economicamente era vi

CURSOS DE FORMACIÓN DE XUSTIZA NA EGAP

No DOG de hoxe 11 de febreiro, saen publicadas as bases de convocatoria dos cursos de formación para xustiza impartidos pola EGAP. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (22 de febreiro). As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo http://egap.xunta.es/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

PROBLEMATICA DOS EQUIPOS PSICOSOCIAIS

Coa presente nova queremos salientar  a problemática existente na actualidade nos Equipos Psicosociais do Instituto de medicina legal de Galiza (IMELGA), dado a escaso cadro de persoal que teñen e a grandísima carga de traballo  que pesa sobre eles, o que está a provocar grandes atrasos na tramitacións dos informes preceptivos que ditos equipos teñen que emitir. Ante esta situación de atasco, a Xunta de Galiza, no canto de botar man da listaxes de contratación para reforzar os ditos equipos psicosociais, non se lles ocorreu outra idea que externalizar, unha parte dos informes cara a psicólogos privados, obviando a parte do informe que corresponde aos traballadores sociais. Ligazón Avantar: http://www.galizacig.gal/avantar/novas/10-2-2016/cig-administracion-alerta-da-privatizacion-encuberta-dos-equipos-psicosociais-do-ime Ligazón Faro de Vigo: http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2016/02/03/xunta-anuncia-psicologos-externos-informes/1397251.htm l

OPOSICIÓNS 2015 - POSIBLES DATAS DE CELEBRACIÓN DE EXAMES

Na páxina web do Ministerio de Xustiza publicouse a seguinte información en relación cos procesos selectivos para acceso aos corpos de xerais da Administración de Xustiza: Con carácter orientativo e, ata que se confirmen as datas polos respectivos Tribunais, comunícase que os exercicios dos procesos selectivos para ingreso aos Corpos Xerais de funcionarios ao servizo da Administración de Xustiza derivados da OEP 2015 comenzarán, previsiblemente: Xestión (acceso libre): 12 de marzo Xestión e Tramitación (promoción interna): segunda quincena de abril Tramitación (quenda libre): segunda quincena de maio. Auxilio Xudicial: xuño.

O DÍA 3 INÍCIASE A CAMPAÑA DE REVISIÓNS MÉDICAS VOLUNTARIAS

No DOG de onte saíu publicada a RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia á campaña de vixilancia periódica da saúde para o ano 2016 no ámbito da Administración xeral da Xunta de Galicia. A inscrición previa realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento, que está dispoñible na páxina web da Xunta de Galicia (Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Servizo de Prevención de Riscos Laborais): www.xunta.es/riscos ou premendo na icona que figura no marxe dereito desta páxina. O prazo de inscrición rematará transcorridos 30 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, é dicir, o vindeiro 3 DE MARZO DE 2016.

NOVAS PRAZAS PARA SUBSTITUCIÓN E ADXUDICACIÓNS

Publicáronse na intranet xudicial o día 02 /02/2016 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución así como a adxudicación das anteriormente publicadas. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nas ligazóns que se achegan abaixo.  PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 2 , 3 e 4 DE FEBREIRO.  Ligazón novas substitucións:  https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNUzBZZ0N1dzdGZDQ/view?usp=sharing Ligazón substitucións adxudicadas: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNRnBUNkxqZ1RyUlk/view?usp=sharing

O CIXTEC E OS SEUS CAMBIOS NA CONFECCIÓN DE NÓMINAS

Como xa vos avisaramos o pasado 22 de xaneiro, debido á posta en marcha dun novo sistema informático da nómina  do sector público galego, téñense producido algunhas incidencias que as respectivas habilitacións provinciais están a resolver co CIXTEC. Para axilizar a atención ás persoas interesadas recoméndase que, en vez de utilizar a vía telefónica para comunicar a incidencia ás habilitacións, a comunicación se faga vía correo electrónico aos seguintes enderezos: Habilitación da Coruña: servizo.xustiza.coruna@xunta.es Habilitación de Lugo:   servicio.persoal.xustiza@xunta.es Habilitación de Ourense: nominas.presidencia.ourense@xunta.es Habilitación de Pontevedra:   servizoxustiza.vi@xunta.es

SOLICITUDE DE TRADUCIÓN AO GALEGO DOS MODELOS NORMALIZADOS

No día de hoxe a CIG presentou á Dirección Xeral de Xustiza un escrito solicitando a tradución ao galego dos modelos normalizados previstos na LAC e na Lei da Xurisdición Voluntaria e que foron publicados o 28 de xaneiro no BOE. Ligazón escrito presentado: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNN3M4aHpqWlNnMkk/view?usp=sharing