Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2015

AS PERSOAS FISICAS QUEDARÁN EXENTAS DAS TAXAS XUDICIAIS

Se gundo un comunicado difundido pola Secretaría de Estado de comunicación, dependente do Ministerio da Presidencia, entre as medidas para a axilización da xustiza anunciadas polo Presidente do Goberno no debate sobre o estado da Nación, destaca una revisión do sistema de taxas xudiciais actualmente vixente, que permitirá que as persoas físicas queden exentas do pagamento das mesmas en todos os órdenes e instancias. Fuente noticias.juridicas.es

RESIDENCIAS DE TEMPO LIBRE - APERTURA DE PRAZO PARA SOLICITALAS

A nosa central sindical dispón este ano dun total de 21 habitacións reservadas nas Residencias de Tempo Libre: - No caso De Panxón, dispoñemos de 10 habitacións:  4 delas de 2 prazas, e  6 delas de 3 prazas.  - No caso do Carballiño, dispoñemos dun total de 11 habitacións: 2 delas dunha praza, 7 de 2 prazas e 2 de 4 prazas   PRAZO: - Tedes até o venres 13 de marzo para achegar as solicitudes de praza nas Residencias de Tempo Libre de Panxón-O Carballiño, por medio do fax 981358760 ou do correo politicasociais@galizacig.gal   - O modelo oficia l está recollido no DOG nº 33 do 18 de febreiro de 2015. Podedes descargalo na seguinte ligazón: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150218/AnuncioCA05-120215-0001_gl.html   - Poderán ser destinatarias todas as persoas maiores de idade ou menores, sempre que vaian en compañía dos seus proxenitores ou das súas proxenitoras ou titores ou titoras legais e a distribución de

NOVAS SUBSTITUCIÓNS E ADXUDICACIÓNS

Publicáronse na intranet o día 25/02/2015 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución así como a adxudicación das anteriormente publicadas.  Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se achegan abaixo.  PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 25, 26 E 27 DE FEBREIRO  Novas prazas para substitución: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNTVN0T014MEh1TlU/view?usp=sharing Últimas adxudicacións: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNOWxwdkZ0cThYSUU/view?usp=sharing

PLANTILLAS CORRECTORAS PRIMEIRO EXERCICIO SECRETARIOS XUDICIAIS PROMOCIÓN INTERNA

Acordo do Tribunal N.º Un facendo públicas as plantillas correctoras do primeiro exercicio da promoción interna celebrado o pasado 21 de febreiro. (Orde JUS/1615/2014, de 4 de setembro, pola que se convoca proceso seletivo para ingreso ao Corpo de Secretarios Xudiciais) Acceso á páxina do Ministeiro

NOVAS PRAZAS A SUBSTITUCIÓN E ADXUDICACIÓNS

Publicáronse na intranet o día 16/02/2015 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución así como a adxudicación das anteriormente publicadas.  Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se achegan abaixo.  PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 16, 17 E 18 DE FEBREIRO  Novas prazas para substitución: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNcmJDem4zTFBtSk0/view?usp=sharing Últimas adxudicacións: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNRHVsOUFnRXlWa3c/view?usp=sharing

POSIBLES VACANTES DE GALIZA PARA O VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A Dirección Xeral de Xustiza acaba de trasladarnos as posibles vacantes que van a sair en Galiza no vindeiro concurso de traslados. Pola nosa banda reclamamos da administración a convocatoria da mesa tecnica de concurso de traslados así como que se dean explicacións pola non convocatoria das prazas que se van consolidar nos cadros de persoal das fiscalías provinciais.   Vacantes Galiza Escrito reclamando vacantes Fiscalias.

EN DEFENSA DO NOSO IDIOMA: "POLAS FILLAS DOS NOSOS FILLOS"

O vindeiro domingo 8 de febreiro, as 12:00 horas, en Santiago de Compostela e, baixo o lema "Polas fillas dos nosos fillos" , a plataforma "Queremos Galego" vai convocar unha manifestación en defensa do noso idioma. Para poder achegarte ese día a Compostela porase un servizo de autobuses a dispor de todo aquel que queira apuntarse nos teléfonos e enderezos que se facilitan en cada comarca, e que poderedes ver facendo clic na icona de abaixo.

PRESTACIÓN ECONÓMICA POR FILLOS MENORES DE 3 ANOS

No DOG do luns 2 de febreiro, publicouse a ORDE do 30 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2015. Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2015 (nacidos entre o 2.1.2012 e o 1.1.2015, sempre e cando durante o  ano 2013, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar (nin presentasen de xeito voluntario) a declaración polo IRPF. A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos: – Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros. – Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros. – Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 eur

REVISIÓNS MÉDICAS 2015 - PETICIÓN DE CITAS

 No DOG de hoxe, 2 de febreiro, sae publicada a Resolución pola que se sinala o inicio da campaña de 2015 para revisións médicas do persoal da Xunta de Galiza.   A inscrición previa realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento que está dispoñible en: http://www.xunta.es/prevencion-de-riscos-laborais/reconecemento-medico ou premendo na icona de abaixo.  O prazo de inscrición rematará transcorrido un mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia , e dicir, o 4 DE MARZO DE 2015 .