Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2007

LISTADO DEFINITIVO CURSOS DE GALEGO

Os listados definitivos dos Cursos de Linguaxe Xuridica Galega Medio e Superior esta colgados na paxina da Xunta de Galicia. http://www.xudicial.xunta.es/ As datas de Comenzo e lugares de celebracion son as seguintes: MEDIO DE LINGUAXE XURIDICA GALEGA A CORUÑA DATA DE COMENZO: 6 de novembro de 2007 LOCAL: IES EUSEBIO DA GUARDA.-Praza de Pontevedra HORARIO: 17 a 20 horas (martes, mércores e xoves) MEDIO DE LINGUAXE XURIDICA GALEGA LUGO DATA DE COMENZO: 6 de novembro de 2007 LOCAL: EDIFICIO DOS XULGADOS, PRAZA DE AVILÉS S/N HORARIO: 17 a 20 horas (martes, mércores e xoves) MEDIO DE LINGUAXE XURIDICA GALEGA OURENSE DATA DE COMENZO: 6 de novembro de 2007 LOCAL: IES BLANCO AMOR R/VICENTE RISCO, Nº 13 HORARIO: 17 a 20 horas (martes, mércores e xoves) MEDIO DE LINGUAXE XURIDICA GALEGA PONTEVEDRA DATA DE COMENZO: 6 de novembro de 2007 LOCAL: PAZO DE XUSTIZA, AUDIENCIA PROVINCIAL RÚA ROSALIA DE CASTRO, Nº 5 HORARIO: 17 a 20 horas (martes, mércores e xoves) MEDIO DE LINGUAXE XURÍDICA GALEGA SANT

NOTICIAS SOBRE AS OPOSICIÓNS

As ultimas novas que ten a CIG. referentes as Oposicións para ingreso nos diferentes Corpos da Administración de Xustiza son: Xestión turno libre : O Tribunal calificador ven de sacar as notas de corte do primeiro exercicio. A data de celebración do segundo exame está sen confirmar, pero se prevé que sexa ou ben o 18 ou o 25 de novembro. As puntuacións mínimas para pasar os cortes son: Andalucía ................................................ 69,25 Canarias .................................................. 61,25 Cataluña .................................................. 60,00 Comunidad Valenciana.............................. 65,75 Madrid ................................................... 65,50 País vasco .............................................. 67,75 Península e Baleares ................................... 71,50 Reserva discapacitados en todos os ámbitos territoriais ............................. 51 Xestión promoción interna : Os aspirantes que aprobaron o segundo exame teñe

MESA SECTORIAL DIA 15-10-2007

Celebrouse a Mesa Sectorial sinalada para o dia 15-10-2007 coa seguinte orde do día: Lectura e aprobación das actas das mesas sectoriais de data 19 de xullo e 4 de outubro de 2007. Apertura Rexistros Civís polas tardes Substitucións e atribucións Información programa Novas Tecnoloxías 2007 Rogos e preguntas O resultado da mesma foi o seguinte: Substitucións verticais e atribución de funcións : Finalmente parece ser que neste tema estase en vías de acadar un acordo coa administración, pendente da definitiva redacción da Resolución reguladora da mesma, que permitirá acadar o pagamento do 100% nas substitucións verticais e de 100 euros por 15 días de dispoñibilidade nas atribucións de funcións (desempeño conxunto de funcións). Entre outros detalles, a administración quedou pendente de concretar os efectos económicos retroactivos da citada Resolución e, dende a parte sindical, insistiuse na premura de tempo para que se leve a cabo a efectiva implantación do sistema de substitucións e a súa

MESA SECTORIAL SOBRE CONTROL HORARIO

MESA SECTORIAL DO DÍA 4 DE OUTUBRO DE 2007 SOBRE MEDIOS DE CONTROL HORARIO NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA Despois das alegacións feitas por todas as centrais sindicais nas que se incidía no principio de igualdade, é dicir, que todos os traballadores, incluidos os secretarios, tiveran medios de control mecánico do horario, a Administración, que aínda non ten acadado ningún acordo co Ministerio de Xustiza ou a través do Secretario de Goberno para o control horario dos secretarios, fai a seguinte proposta: Que en principio se manteña o calendario de entrega de tarxetas coa corrección dos erros correspondentes. Que na súa vontade está que os secretarios tamén sexan controlados por medios mecánicos Que o control horario comenzará o día 1 de novembro e será en período de proba ate o 31 de xaneiro, controlando só a parte fixa do horario (cinco horas e media). Que nese período tratará de acadar un convenio de colaboración co Ministerio ou a través do Secretario de Goberno e, de conseguilo, e ant

A CIG OPONSE AO PLUS DE ALTOS CARGOS

Preto de 500 delegados/as da CIG dos sectores de Administración pública concéntranse ante San Caetano Arredor de 500 delegados e delegadas da CIG déronse cita diante da sede da Xunta de Galiza, en San Caetano, para manifestar o seu rexeitamento á disposición adicional 17ª, máis coñecida como “plus de altos cargos”. Unha disposición que permitirá aos funcionarios e funcionarias ex altos cargos obter de por vida, un complemento de destino de 14.721 euros anuais, incrementándose así en 3.000 euros o máximo nivel de complemento de destino existente na carreira administrativa. A concentración, que comezou ás 11:30 horas, seguiu cunha marcha arredor do edificio de San Caetano para rematar diante da entrada principal da sede da Xunta de Galiza. Suso Seixo, secretario xeral da CIG, explicou, ao remate da mesma, os resultados das xuntanzas mantidas até o de agora cos grupos parlamentarios do BNG e do PP. Alén diso, lembrou que para a CIG o correcto sería aproveitar a reforma da Lei da Función P

CONTROL HORARIO

Con motivo da mesa de negociación convocada para o vindeiro día 4 acerca da implantación do sistema de control horario, este sindicato ven de prantexar as seguintes alegacións ao proxecto: “ALEGACIONS QUE FORMULA A CONFEDERACION INTERSINDICAL GALEGA (CIG), A CONVOCATORIA PARA ENTREGA DE TARXETAS DE CONTROL HORARIO: Non nos parece o xeito adecuado de proceder que se convoque a todo o persoal para facer o reparto de tarxetas e para unha sesión de formación sen que previamente fose convocada a Mesa Sectorial de Negociación. Interesamos pois que sexa suspendida a convocatoria de entrega de tarxetas e que se convoque a Mesa Sectorial. Tampouco nos parece de recibo que o control horario non sexa para todos e cada un dos integrantes da Oficina Xudicial, onde tamén están incluídos os SECRETARIOS. Así consta no art. 1.2 da Orde de 26 de maio de 2006 pola que se aproba o calendario laboral e os horarios das oficinas xudiciais (“ Serán tamén de aplicación para os secretarios xudiciais destinados