Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: January, 2015

CURSOS FORMACIÓN XUSTIZA - EGAP 2015

Onte saiu publicada no DOG a previsión de cursos de formación impartidos pola EGAP neste ano 2015 para o sector de xustiza. Nos vindeiros meses publicarase a programación coas convocatorias e datas concretas de celebración dos ditos cursos, sempre e cando exista crédito orzamentario para a súa execución.


CÁLCULO DA DEVOLUCIÓN DA PAGA EXTRA DE XUSTIZA

Esta é a fórmula empregada ao parecer para a devolución do 12,50% da paga extra en xustiza. As cantidades resultantes poden non coincidir exactamente se no segundo semestre do ano 2012 se cumpriu algún trienio. Así mesmo, deben cumprirse dúas condicións que serían a de ter traballado entre o 1 de xuño e o 31 de decembro de 2012 e a de estar en activo en Galiza a data 31 de decembro de 2014 (os que non cumpran esta última condición terán que solicitar expresamente o pagamento deste 12,50%).

Modelo de solicitude

BOLSA DE PERSOAL INTERINO DE VALLADOLID 2015

Acaban de convocarse mediante publicación na páxina web do Ministerio, as bolsas de traballo para persoal interino para os corpos de Médicos Forenses, Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial nas provincias de Leon, Palencia, Salamanca, Valladolid e Zamora.
Data de presentación de instancias: 26 de xaneiro de 2015 a 9 de febreiro de 2015
Convocatoria: Resolución 26 de xaneiro de 2015.
Instancia.

NOVAS PRAZAS A SUBSTITUCIÓN E ADXUDICACIÓNS

Publicáronse na intranet o día 26/01/2015 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución así como a adxudicación das anteriormente publicadas.  Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se achegan abaixo. 
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 26, 27 E 28 DE XANEIRO 
Novas prazas para substitución: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNdXdFQ1BzbTJrNjA/view?usp=sharing Últimas adxudicacións: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNUWZHV2pqbEUweWc/view?usp=sharing


RESERVA DE NOTA SECRETARIOS XUDICIAIS

Hoxe sae pulicado o Acordo do Tribunal Calificador Número Un de Secretarios Xudiciais  polo que se establece a reserva de nota do primeiro exercicio da quenda libre e a de promoción interna para a seguinte convocatoria de oposicións, a aqueles candidatos que reúnan as condicións establecidas na Base 7.3 da Orde de convocatoria.

ESTA É A "CHAMPIONS LEAGUE" DE FEIJOO

Mentras noutras comunidades autónomas (como a Comunidade Canaria), os gobernos con algún sentidiño, tomaron a decisión de devolver a totalidade da paga extra as funcionarias/os de xustiza coa primeria sentenza que o recoñecía, nesta Xunta do Sr. Feijoo, xa levamos máis de 20 e non sei cantas extensións de efecto e, non só non nos devolven a totalidade da paga extra, se non que, coma miserentos nos prometen a devolución dun 12,50% da dita paga. Se isto é estar na "Champions League" nos preferimos xogar na terceira rexional, que cando menos xogamos con equipos do pais.

ADXUDICACIÓN DESTINOS - CORPO XESTIÓN - QUENDA LIBRE - OP2013

No BOE do luns, 26 de xaneiro, está prevista a publicación da Orde de 7 de xaneiro de 2015, do Ministro de Xustiza pola que se outorgan destinos aos funcionarios do Corpo de Xestión Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza (quenda libre), que superaron as probas selectivas convocadas por Orde JUS/1959/2013, de 17 de outubro.

CORRECCIÓN DE ERROS - BOLSAS DE INTERINOS

No día de hoxe publícase no DOG a corrección de erros sobre as listaxes definitivas de persoal interino, logo de solventar o problema detectado a pasada semana na adxudicación das prazas. A consulta das bolsas corrixidas poderase facer no sitio web da Dirección Xeral: http://cpapx.xunta.es/interinos

POSIBLES ERROS NAS LISTAXES DE INTERINOS

Detectado un erro informático na publicación das listaxes de persoal interino, no día de hoxe estase  procedendo á revisión de todas e cada unha delas, correspondentes aos distintos corpos e provincias; por mor disto, na presente semana non se producirá ningún chamamento.
Finalizada a anterior revisión e, de estar as listas correctas, confirmaranse sen máis trámite, informándose desta circunstancia ás OO.SS. e na intranet. En caso contrario, producirase a consecuente corrección de erros, publicándose de novo as listas coas rectificacións oportunas.

NOVAS PRAZAS A SUBSTITUCIÓN

Publicáronse na intranet o día 12/01/2015 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución. Podedes tamén consultar directamente a información premendo no vínculo que se achega abaixo. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 12, 13 E 14 DE XANEIRO 
Novas prazas para substitución:  https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNcVlqdm8xQUZmU28/view?usp=sharing

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS PERSOAL INTERINO

NOVAS DEDUCIÓNS POR FILLOS A CARGO MENORES DE 3 ANOS, FAMILIA NUMEROSA E POR ASCENDENTES E DESCENDENTES A CARGO

Desde o 7 de xaneiro de 2015, de conformidade co establecido na Orde HAP/2486/2014, de 29 de dicembro, pódese solicitar, a través de Internet ou chamando ao teléfono 901 200 345 (facilitando importe casilla  415 declaración 2013),  o abono anticipado das deducións por fillo a cargo menor de 3 anos, familia numerosa e por ascendentes ou descendentes discapacitados a cargo.

CONCURSO DE TRASLADOS SECRETARIOS XUDICIAIS

No BOE de hoxe día 7 de xaneiro publícase a convocatoria de concurso de traslados para o corpo de secretarios xudiciais.

Nota informativa concurso secretarios

NOVAS PRAZAS A SUBSTITUCIÓN

Publicáronse na intranet o día 07/01/2015 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución.  Podedes tamén consultar directamente a información premendo no vínculo que se achega abaixo. 
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 7, 8 E 9 DE XANEIRO
Novas prazas para substitución: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNYWh3cjE4OHdrQlU/view?usp=sharing

DEVOLUCIÓN DA EXTRA NA NOSA TERRA

Por medio do presente trasladámosvos a nota informativa que no sector de autonómica se está a difundir sobre a devolución da extra. Dado que na nosa comunidade, ao estar transferida a xestión no sector de xustiza, é tamén a comunidade autónoma quen executa esas devolucións, o máis probable e que as mesmas se produzan do mesmo xeito que con dito persoal de autonómica.

"O Partido Popular, como terapia para situacións de desnutrición salarial, vainos administrar a devolución da extra do 2012 en doses homeopáticas, non vaia ser que empachemos. Da reunión mantida o mércores 23 de decembro coa Administración, infórmanos das porcentaxes e datas aproximadas (enriquecidas por nós con eventos salientábeis que estimulan a devolución) da extra do 2012. Devolven o 12,5 % da extra do 2012 en xaneiro.Antes das Eleccións Municipais devolven outro 12,5%.No 2016 (hai Eleccións Autonómicas) o 50%.No 2017, o 25% que falta.No resto de Administracións van cobrar no 2015 as extras enteiras e AQUÍ NON, co…