Este xoves día 2 celebrouse en Madrid unha reunión co Ministro na que os dous delegados da CIG eran os únicos representantes procedentes de Galicia. O Ministro prantexou a reunión como unha manobra para que as OOSS transmitamos que todas son boas intencións; nese senso, informou da creación dunha Subcomisión de Estratexia , dentro da Comisión de Xustiza no Congreso, que se reunirá con todos os interlocutores co obxectivo de afondar nas reformas como a da LACRM ou a do Rexistro Civil, das que prometeu dispor de proxectos en breve. A CIG, na súa intervención, solicitou que, dado que a orde do día era Rexistro Civil e OPE, nos deran propostas concretas; reclamamos a volta a convocar todas as prazas amortizadas, incluídas as de Xulgados de Paz; pedimos unha promoción interna exclusiva dentro da OPE 2017 e un novo sistema de promoción interna de xestión a letrados; recuperación dos dereitos confiscados, retribucións, días de permiso…Asimesmo, preguntamos pola creación dos novos órganos,