Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2011

RESOLUCIÓN PROVISORIA CONCURSO DE TRASLADOS 2011

   No día de hoxe acaba de publicarse a resolución provisoria do concurso de traslados de 2011. O prazo para presentar alegacións remata o vindeiro 10 DE SETEMBRO . Todos os que participaron no concurso deben comprobar exhaustivamente, introducindo o seu DNI ao final na páxina web do Ministerio , se todos os NÚMEROS DE ORDE DOANEXO III coinciden cos solicitados na súa instancia, dende o primeiro ata o último, pois pode suceder que, aínda obtendo destino provisorio nos primeiros números de orde, na resolución definitiva isto cambie, correspondéndolle un número de orde posterior, o cal, se está errado e non foi comprobado previamente no prazo de alegacións, podería producir prexuizos importantes.    O modelo de alegacións e a documentación xustificativa, no seu caso, remitirase con carácter preferente ao Ministerio de Xustiza mediante fax, dirixido a «Concursos-Despacho 220», aos números 913904295 / 913902394 / 913904279 / 913904250 / 913902076. Resolución provisoria concurso e ex

CONVOCATORIA OPOSICIÓNS 2011

Data de publicación das convocatorias. Finalmente non foi posible a publicación no BOE das bases de convocatoria de oposicións a finais de xullo coa presentación de instancias a partir de setembro como se anunciou na Mesa Sectorial: o trámite para a súa aprobación dilatouse, tanto na Dirección Xeral de Función Pública como no mesmo Ministerio, co que a publicación sólo podería tener lugar entrado o mes de agosto; data xa bastante inadecuada. Por todo o anterior as bases remitiranse ao BOE para a súa publicación nos primeros días de setembro. Corpo de Tramitación Procesual. Reserva para discapacitados intelectuais. Por instruccións da Dirección Xeral da Función Pública, as prazas reservadas para discapacitados intelectuais non poden ser convocadas no mesmo proceso que as demais e deben necesariamente ser obxecto de convocatoria separada e diferenciada. Por iso as bases do Corpo de Tramitación sufren una importante modificación e se reduce o número de prazas ata as 411, en total.