Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2012

RESPOSTA DO "DEFENSOR DEL PUEBLO" SOBRE AS CUSTAS XUDICIAIS

   Unha vez máis, ese mal chamado "Defensor del Pueblo" fai de todo menos defender ao pobo e aos traballadores.     Esta nova agresión aos nosos dereitos como traballadores públicos vai quedar tamén sen resposta por parte deste organismo público, do que un segue a preguntarse para que vale. Quedamos agora nas mans dos xuices para que non se nos impoñan as custas de instancia nas reclamacións laborais ante os xulgados do contencioso-administrativo, cando o resto de traballadores, con boa lóxica, non teñen ese mesmo tratamento na xurisdicción social.    Contestacíón do"Defensor del Pueblo"

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS-EXCLUIDOS OP2011 - QUENDA LIBRE

   O Ministerio ven de publicar na súa páxina web as listaxes defintivas de admitidos e excluidos aos procesos selectivos para acceso aos corpos de Xestión,  Tramitación e Auxilio da quenda libre.    As datas de exame foron publicadas no BOE 01-02-2012 coa Orde correspondente que, de xeito oficial, eleva a definitivas as listaxes de admitidos-excluidos. 

CONVÓCANSE AS PROBAS DE 2012 PARA OBTENCIÓN DOS CELGA 1-2-3 e 4

   No DOG do 17 de xaneiro de 2012, a Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) publica a resolución pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga) , nos niveis 1, 2, 3 e 4. As persoas destinatarias destas probas son as maiores de 16 anos ou que cumpran esta idade antes da fin do ano 2012.    O prazo de inscrición comeza o 18 de xaneiro e remata o 3 de abril de 2012 , e as taxas por dereito de exame son 15,61 euros.    As probas deste ano 2012 desenvolveranse no mes de xuño , tanto en diversas cidades de Galicia coma en Barcelona, Madrid e Ponferrada. As datas concretas para cada nivel son as seguintes: Celga 4: 2 de xuño de 2012 Celga 2: 3 de xuño de 2012 Celga 3: 9 de xuño de 2012 Celga 1: 10 de xuño de 2012 Máis información na convocatoria completa e na páxina sobre os Celga da SXPL .

PRAZAS DESERTAS QUENDA LIBRE XESTIÓN - OP2010

   Por parte da Dirección Xeral de Xustiza acaban de trasladársenos as prazas desertas que se lle van a ofrecer aos opositores de Galiza que superaron as probas selectivas da OP2010 do corpo de Xestión Procesual e Administrativa - Quenda libre.    A data prevista de publicación no BOE é para o 30 de xaneiro de 2012.

DATA PREVISTA DE EXAMES E LISTAXES ADMITIDOS P.I. XESTION-TRAMITACIÓN - OP2011

  O Ministerio xa publicou no seu día a previsión do calendario de celebración dos distintos procesos selectivos para ingreso nos corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio Xudicial convocados no ano 2011 e ven de facer publicas no BOE do 11 de xaneiro as listaxes definitivas de admitidos e excluídos as probas selectivas dos corpos de Xestión e Tramitación da quenda de promoción interna.