Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2013

RESULTADOS PARCIAIS ENQUISA - CIDADE DE VIGO

Temos que darlle a noraboa as compañeiras e compañeiros de Vigo os que, nun acto de verdadeiro compromiso,  respaldaron con 162 enquisas a favor a opción de ir á folga no sector de xustiza en Galiza nas dúas opcións contempladas na consulta, como única alternativa ante as gravísimas agresións que estamos a sufrir por parte da administracion da Xunta. Agardamos que a valentía mostrada polas compañeiras/os desta cidade sirva de exemplo e acicate ás demais compañeiras/os dos distintos partidos xudiciais de Galiza para que podamos tomar unha decisión entre todos nós, tan importante como a de ir a unha mobilización total. Ánimo a todas/os e que, finalmente, a decisión que como grupo adoptemos sexa a máis acaida para poder chegar a recuperar os dereitos que nos foron roubados.

NOVA SENTENZA DE FUNCIONARIOS DO INSS SOBRE DEVENGO PAGA EXTRA 2012

   O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza ven de ditar o pasado 13 de novembro de 2013 a sentenza  794/2013 contra o INSS, recoñecendo o dereito dun funcionario á percepción da parte proporcional da paga extra ata o 14 de xullo de 2012, ao entender que dita paga se vai devengando día a día, polo que o Real Decreto Lei 20/2012 non pode extender os seus efectos de xeito retroactivo. Nota informativa sobre reclamacións paga extra

PUBLICACIÓN ORDE REGULATORIA DE NOMEAMENTO DO PERSOAL INTERINO

Segundo acaba de anunciar a Dirección Xeral de Xustiza, na semana do 2 ao 5 de decembro, sairá publicada xa a nova Orde que regulará o nomeamento do persoal interino ao servizo da administración de xustiza en Galiza. Agardamos ser chamados en breve a fin de poder concretar as bases da nova convocatoria que agardamos se produza, o máis tardar, a primeiros de ano.

DESCONTOS POR INCAPACIDADE TEMPORAL (BAIXA POR ENFERMIDADE)

   No DOG do vindeiro día 26 de novembro vai sair publicado o Decreto polo que, a partires dese intre, o persoal ao servizo da administración de xustiza vai sufrir recortes nas súas percepcións salariais cando estea enfermo debido a enfermidade común. ESTE É OU NON UN MOTIVO PARA EMPEZAR COAS MOBILIZACIÓNS. NAS VOSAS MÁNS ESTÁ. 

PUBLICACIÓN DEFINITIVA CONCURSO DE TRASLADOS CORPOS XERAIS

   No DOG e BOE do día 19 de novembro, tal e como se indicara con anterioridade, sairon publicadas as resolucións polas que se resolve o concurso de traslados dos corpos xerais.     Consultade na intranet todos os prazos, requisitos e documentos a cumprimentar para poder axilizar ao máximo os cesamentos e as tomas de posesión que se realizarán nas delegacións de xustiza correspondentes.

REPARTO ENQUISA SOBRE REIVINDICACIÓNS LABORAIS.

   Desde o pasado xoves 14 de novembro, tal e como nos comprometéramos, empezamos a repartir as enquisas para pulsar a vosa opinión sobre que facer neste momento en relación coa situacion laboral pola que estamos a pasar. En breve pasaremos para recoller persoalmente ditas enquisas e facer público o resultado das mesmas.

INFORMACIÓN SOBRE CESAMENTOS COMO CONSECUENCIA DO CONCURSO DE TRASLADOS 2013

   Hoxe na intranet de xustiza publicouse a seguinte instrución sobre os criterios a seguir no caso dos cesamentos e tomas de posesión como consecuencia da resolución do concurso de traslados.    O vindeiro martes 19 de novembro publicarase no BOE e no DOG a Resolución do 28 de outubro de 2013, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslado para prazas vacantes entre funcionarios dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, anunciado pola Resolución do 15 de abril de 2013. Segundo a resolución, tanto a toma de posesión coma os cesamentos realizaranse na xefatura ou delegación territorial correspondente ao destino. Por cuestións organizativas, agradeceríase a formalización das tomas de posesión entre as 9.00 e as 11.00 horas e a dos cesamentos entre as 12.00 e as 14.00 horas de luns a venres . (Fóra destas franxas horarias o

SENTENZA ESTIMATORIA PAGA EXTRA 2012 XUSTIZA

O xulgado nº 10 do contencioso-administrativo de Sevilla ven de darlle a razón a un compañeiro de xustiza na súa reclamación sobre a retención da paga extra realizada pola "Consejería de Justicia de Andalucía" estimando integramente todos os puntos sobre os que se argumentou a reclamación, tales como o devengo, a subsistencia da LOPX, a irretroactividade das disposicións sancionadoras, etc. En fin, unha pequena victoria que agardamos poder acadar tamén en Galiza. Copia da sentenza