Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2012

VANNOS QUITAR DO ESPECÍFICO O 4% DA MASA SALARIAL

Antes de escomenzar tan sequera o 2013, o Sr. Feijoo reuníase co seu goberno no Consello da Xunta, mentras traballadoras/es do sector público concentrábanse en San Caetano, para manifestar a súa oposición ao novo recorte que se aplicará nos seus salarios este ano que ven. Ao berro de “mans arriba, isto é un atraco”, denunciaron as súas cada vez máis precarias condicións laborais e as “mentiras” tanto do Presidente, como dos conselleiros. Para a Área Pública da CIG é, ademais, “indecente” que se presente como un “recoñecemento ao seu esforzo” a posibilidade de solicitar un anticipo da paga extra de xullo no mes de xaneiro, logo do “saqueo” do que están sendo vítimas, cando se lles recortará nesa e na seguinte paga extra, e cando se lles adebeda a deste Nadal. Adiantan xa que ante isto, convocarán mobilizacións. Desde hoxe é oficial. Máis de 90.000 traballadoras e traballadores do sector público verán rebaixados os seus salarios. Así o acordou o Consello da Xunta, facendo efectiva a pro…

NIN GRANDE NIN PEQUENA PAGA EXTRA DE NADAL

1º Ante as dúbidas xurdidas entre algunhas compañeiras/os, informarvos que a paga deste mes de decembro efectuarase, como todos os anos, sobre o día 21 ou 22 se os astros nos son favorables.
2º A CIG acaba de presentar ante a Dirección Xeral de Xustiza un escrito de protesta baseado na confirmación da non percepción da pequena contía de paga extra que teriamos que percibir en base ao establecido na modificación do Real Decreto-Lei 20/2012 efectuada pola Disposición Final Cuarta da Lei10/2012 de taxas xudiciais. Agora nin tan sequera a administración autonómica e capaz de cumprir coa legalidade vixente imposta polo mesmo partido que goberna en Madrid (PP); non lles chega con quitarnos a paga extra se non que tamén nos quitan emolumentos que a lei nos recoñece. En fin algúns cargos de libre desginación que están a quecer o seu asento (CIXTEC)  deberían a lo menos ler as leis que publica o boletín oficial do estado. Agardamos non ter que chegar ao contencioso pois se non veriámonos na te…

ADXUDICACION DESTINOS XESTIÓN - QUENDA LIBRE - OP2011

A Dirección Xeral e o Ministerio de Xustiza acaba de darnos traslado das RESOLUCIÓNS polas que se adxudican as prazas dos opositores da quenda libre de acceso ao corpo de Xestión Procesual e Administrativa da oposicións convocadas pola Orde XUS/2370/2011, do 21 de xullo. A publicación oficial levarase a cabo no BOE o vindeiro 22 de decembro. As tomas de posesión en Galiza deberán efectuarse nos 20 días naturais seguintes á publicación no BOE, nos servizos de Xustiza da Coruña e Vigo segundo o posto adxudicado.
Adxudicación destinos Xestión Galiza
Resolución adxudicación Galiza
Adxudicación destinos Xestión Península-Baleares
Orde adxudicación Ministerio

CONCENTRACIÓNS CONTRA AS TAXAS XUDICIAIS

Hoxe, nas grandes vilas de Galiza, tiveron lugar con grande éxito de afluencia de cidadáns, profesionais e funcionarios da administración de xustiza as concentracións-manifestacións en contra da lei de taxas xudiciais e da privatización do Rexistro Civil.

Agora, o vindeiro xoves 20 de decembro, temos que secundar maioritariamente o apagón dixital e deixar de traballar en todo o estado cos equipos informáticos durante 30 minutos dende as 11:30 ata as 12:00 horas como medida de protesta contra esta inxusta lei de taxas e demais reformas lexislativas en marcha.

DESFRUTE DAS VACACIÓNS E PERMISOS ATA O 31 DE MARZO DE 2013

A Dirección Xeral de Xustiza ven de comunicar a autorización, de xeito excepcional, que debido ao grande número de movementos que se están a producir neste mes nos cadros de persoal dos distintos órganos xudiciais, a autorización para o desfrute dos días de permiso e vacacións ata o 31 de marzo de 2013. Lembrade que calquera modificación ou petición de permisos realizada a través da OPAX (Oficina de Persoal da Administración de Xustiza -antes AIX-) debe, ou ben ser asinada dixitalmente e remitida polo Secretario Xudicial dende o seu usuario, ou ben debe imprimirse e remitirse vía fax asinándose manualmente polo antedito Secretario.

Comunicado autorización

COMISIÓN DE SERVIZO - SECRETARIA IMELGA SANTIAGO

Convócase, mediante a Resolución do 5 de decembro de 2012, da Dirección Xeral de Xustiza, a provisión de forma temporal, en comisión de servizo, do posto de secretario do director do Imelga (Instituto de Medicina Legal de Galicia) para funcionarios do corpo de tramitación procesual e administrativa. Poderán optar a este posto aqueles aspirantes con destino en órganos da administración de xustiza radicados en Galicia. A prestación do servizo farase na sede do Imelga, en Santiago de Compostela. A duración será dun ano, prorrogable por outro máis, no caso de non se cubrir o posto con carácter definitivo. O prazo de presentación de solicitudes é de cinco día hábiles contados dende o seguinte ao da publicación da convocatoria na intranet (fin prazo 14 DE DECEMBRO DE 2012). Como requisito imprescindible, os interesados anticiparán as solicitudes por fax á Dirección Xeral de Xustiza (981 546 222). As solicitudes, ademais do currículo e a xustificación dos méritos, deben remitirse co visto …

CALENDARIO IMPLANTACIÓN SISTEMA DE FICHAXE KRONOS

Finalizada a primeira fase de implantación da fichaxe no posto de traballo nas sedes da Administración de Xustiza en Santiago de Compostela, está prevista a ampliación deste sistema ao resto de órganos da Administración de Xustiza en Galicia, incluídos os Xulgados de Paz con persoal funcionario. O anterior sistema de xustificación do cumprimento do horario, a través da fichaxe nas máquinas dos edificios xudiciais ou a través de partes de sinatura, deixará de ter efecto no momento que se habilite a fichaxe no PC do posto de traballo. As máquinas existentes nos edificios xudiciais quedarán desactivadas, sendo a fichaxe no PC do posto de traballo a única válida a efectos de xustificación do cumprimento do horario. No caso de non disponer de terminal informático propio, a fichaxe poderase realizar en calquera outro PC do centro de traballo. Na intranet de Xustiza atópase a disposición dos usuarios unha guía de uso e preguntas frecuentes para resolver as posibles dúbidas que xurdan na u…

CAMPAÑA RECOLLIDA DE SINATURAS CONTRA AS TAXAS XUDICIAIS

Hoxe iniciouse unha campaña, dentro da plataforma sindical constituída na administración de xustiza, que terá o seu punto cúlmine o vindeiro 19 de xaneiro, para manifestar a nosa rotunda oposición ás medidas que se están a tomar dende o Ministerio de Xustiza, do que é titular o Sr. Ruiz Gallardón, porque supoñen un ataque de enormes proporcións ao Servizo Público da Xustiza e aos dereitos de acceso á mesma, en condicións de igualdade, de todos os cidadáns, proclamado na Constitución e representado polo principio de tutela xudicial efectiva. Por iso esiximos a retirada da Lei de Taxas e de todos os proxectos do Ministerio de Xustiza que pretendan converter este Servizo Público esencial nun negocio. 
Para recoller sinaturas podedes facer clic neste enlace ou ben no logo da campaña que figura á dereita "Mobilizate Contra as Taxas".

CONVOCATORIA CURSOS LINGUAXE XURIDICA - PERSOAL FORA GALIZA

A EGAP ven de comunicar a inminente convocatoria de cursos de linguaxe xurídica galega, niveis medio e superior, na categoria de teleformación, con un número de 30 prazas por curso, destinados a persoal ao servizo da Administración de Xustiza con destino fora de Galiza. Con toda seguridade a resolución de convocatoria sairá publicada no DOG do día 04/12/2012 e o prazo de presentación de instancias será dende as 8:00 horas do día 5 ata as 14:00 horas do día 17 de decembro.


FORMACIÓN PERSOAL DO CONCURSO

Como xa se anticipou recentemente pola Dirección Xeral de Xustiza, este ano o persoal que cambie de posto de traballo como consecuencia do concurso de traslados vai ter un soporte formativo que facilite a súa incorporación ao novo posto. Esta formación tamén estará dispoñible para o persoal que se reincorpore ao seu posto de traballo despois dunha liberación sindical.    Esta acción formativa é o primeiro paso no proxecto que denominamos “Comunidades; Virtuais de Aprendizaxe” que, resumidamente, será un punto de encontro para a resolución de dúbidas, compartición e ampliación de coñecemento dos distintos profesionais da Administración de Xustiza de Galicia.     Integrada na intranet de Xustiza, permitirá a realización de actividades formativas de xeito remoto a través dos medios técnicos da Administración de Xustiza (equipamento de videoconferencia, acceso remoto ao posto dos usuarios, teléfono, etc) . Poderán haber reforzos presenciais, aínda que a utilización dos medios técnico…

PUBLICADAS LISTAXES DEFINITIVAS ACCION SOCIAL 2012

O DOG (Diario Oficial de Galicia) publica hoxe unha resolución mediante a cal se aproban as listaxes definitivas  das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do programa III (discapacidades) do Fondo de Acción Social do ano 2012 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galiza. Os solicitantes recibirán unha comunicación persoal na que se lles informará do contido da resolución do seu caso, en aplicación da Lei Orgánica de Protección de Datos, por tratarse de información de carácter persoal.    Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpor un recurso de resposición ante a Dirección Xeral de Xustiza no prazo dun mes ou ben presentar unha impugnación ante o xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte da publicación desta resolución.

LEI 10/2012 DE TAXAS XUDICIAIS

Galiza, 22 de novembro de 2012.
Hoxe é un día triste de máis para a cidadanía galega, pois acaba de entrar en vigor a lei de taxas xudiciais que vai provocar a renuncia dos cidadáns a entaboar accións xudiciais en reclamación de dereitos persoais e colectivos polo simple feito de non ter os cartos necesarios para pagar, por adiantado, as taxas xudiciais hoxe fixadas na lei 10/2012.
Este é un novo ataque á cidadanía (e por desgraza non será o último) orquestado polo Partido do Poder (en abreviatura PP) que mellorando o eslogan empregado polo presidente dos EEUU Sr. Obama “Yes We Can” (Nós Podemos) acaba de conseguir o de Nos Podemos...estar, aínda se cabe, máis fodidos.
Estas taxas hoxe fixadas provocarán de feito unha renuncia por parte dos cidadáns a entaboar accións xudiciais de todo tipo en defensa dos seus intereses, polo mero feito de carecer dos cartos necesarios para afrontar o elevado custe das mesmas. O PP acaba de atacar a liña de flotación do estado de dereito ao limitar d…

CRITERIO PARA MANTER AS SUBSTITUCIÓNS A PESARES DO CONCURSO DE TRASLADOS

A administración autonómica ante a petición efectuada pola CIG acaba de indicarnos o novo criterio que fixará con respecto a aquelas compañeiras/os que estean en substitución e tiveran participado no concurso pero que a súa praza de substitución, polo motivo que sexa, non teña sido cuberta pola/o titular. Neste caso a administración permitirá ao substituto seguir na substitución pero deberá cumprir os seguintes requisitos:
1) Manifestar que desexa continuar na substitución (xa que podería interesarlle máis coller a praza do concurso). 2) Deberá cesar e tomar posesión ante a delegación correspondente do destino adxudicado no concurso. 3) De verse involucrado algún persoal interino o mesmo non decaerá pola toma de posesión dado que a mesma non é efectiva e polo tanto existe continuidade do nomeamento daquel.

OLLO COS PRAZOS POSESORIOS EN GALIZA NO CONCURSO DE TRASLADOS ¡URXENTE!

Ollo cos cesamentos e cos prazos posesorios neste concurso de traslados porque a cousa cambiou desta vez. Aquí van unhas pequenas recomendacións:
1) Os cesamentos e tomas de posesión deberán realizarse ante as delegacións de xustiza da Xunta de Galiza e non no órgano xudicial. Deberán realizarse as posesións preferentemente antes das 11:30 horas para poder xestionar así, no seu caso, os cesamentos que correspondan. Na INTRANET publicaranse as INSTRUCIÓNS pertinentes a este respecto.
2) Procurarase polas delegacións que na data de posesión se asine tamén o cesamento (se coinciden ambos na mesma provincia) aínda que este se teña producido con anterioridade, para así evitar facer ir dúas veces as traballadoras/es as delegacións (unha para cesar e outra para tomar posesión).
3) Aos reingresados aconsellámoslles que tomen posesión o mesmo día 21 que é cando se publica o concurso no BOE e ademais que soliciten anticipadamente ese día de permiso como establecen as bases, para así non ter qu…

NOVO CALENDARIO LABORAL 2012

O DOG do 16 de novembro recolle a publicación do novo calendario laboral da administración de xustiza para este ano 2012.    Segundo publicou o 19 de novembro a Dirección Xeral na intranet de xustiza, o cómputo reflectido no calendario laboral aprobado será efectivo a partir do 1 DE DECEMBRO DE 2012.     Así mesmo se informou que, segundo o acordado en Mesa Sectorial, non se considerará  incumprimento do horario, ata un máximo de 30 minutos diarios sobre a totalidade da xornada en cómputo semanal, sempre que o dito período de tempo non afecte ao horario de obrigada presenza.

REINCORPORACION LIBERADOS SINDICAIS CIG

Galiza, 16 de novembro de 2012.
A través desta nota informativa quixeramos facervos chegar a todas/os traballadoras/es da administración de xustiza a decisión que se adoptou neste sector da CIG, ante o que consideramos un ataque frontal e sen precedentes á negociación colectiva dentro das administracións públicas. Dende a publicación o pasado 14 de xullo do Decreto-Lei 20/2012, a Mesa Xeral de Función pública de Galiza tivo non menos de 7 xuntanzas a fin de abordar, dar solución e regulamentar as novas condicións dos pactos de dereitos sindicais que posibilitarían a negociación nas distintas mesas existentes. Dado que estas reunións foron totalmente infructuosas (ata a 6ª xuntanza non houbo tan sequera proposta por escrito), amosando a administración unha prepotencia e despreocupación absoluta á cuestión que se negociaba, finalmente e, tras dúas prórrogas do prazo de reincorporación, fixou como data tope a do 16 DE NOVEMBRO pechándose a negociación o 20 dese mesmo mes.

AMPLIACIÓN DA FICHAXE A TRAVES DO PC A TODA COMPOSTELA

A partir do 1 de decembro, TODOS OS ÓRGANOS DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA, terán habilitado o sistema de fichaxe e control horario coa tarxeta corporativa no PC do posto de traballo, completando así o inicio do programa no Xulgado de Primeira Instancia Núm. 3 e nos xulgados do social. Por dito motivo o anterior sistema de fichaxe nas máquinas existentes nos edificios xudiciais quedará deshabilitado a partir da dita data sendo a fichaxe no PC do posto de traballo a única válida a efectos do control do cumprimento do horario.    Na intranet de Xustiza atópase a disposición dos usuarios unha guía de uso e preguntas frecuentes para resolver as posibles dúbidas que xurdan na utilización do novo sistema de fichaxe.

PUBLICACIÓN BOE CONCURSO DE TRASLADOS E DATAS ORDINARIAS DE CESAMENTO ¡Novo!

O Ministerio de Xustiza confirmou a publicación definitiva no BOE do concurso de traslados para o vindeiro 21 de novembro de 2012.    Sen prexuízo dos casos especiais, segundo a ORDE / RESOLUCIÓN remitida polo Ministerio e a Xunta de Galiza, os cesamentos deberán producirse o 26 DE NOVEMBRO para o corpo de Tramitación e o 3 DE DECEMBRO para os corpos de Xestión e Auxilio.

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS - TRAMITACION LIBRE - OP2011

O Ministerio acaba de darnos traslado das prazas adxudicadas no seu territorio, dos opositores que superaron as probas selectivas para acceso ao corpo de Tramitación Procesual da quenda libre dos procesos convocados no ano 2011.
    A data prevista de publicación no BOE será o vindeiro 28 de novembro de 2012.
Adxudicación de destinos Península e Baleares

ACLARACIÓN SOBRE O NOVO CONTROL HORARIO

En relación co novo sistema de control horario KRONOS que se está a implantar nos xulgados dende o pasado día 1 de novembro, a Dirección Xeral de Xustiza informa que, ate que se comunique o inicio da fichaxe coa tarxeta corporativa no pc do posto de traballo nos distintos órganos da Administración de Xustiza en Galicia, débese fichar unicamente coa tarxeta antiga, nos puntos de fichaxe situados nos distintos edificios xudiciais. Ata o de agora os únicos órganos nos que se debe fichar coa tarxeta corporativa e o sistema Kronos son o Xulgado de 1ª instancia nº 3 e Xulgados do Social de Santiago de Compostela.

PROBLEMAS ENTRE A TOMA DE POSESIÓN DA PROMOCIÓN INTERNA E O CONCURSO DE TRASLADOS

No día de hoxe puxemos en coñecemento da Dirección Xeral de Xustiza e do Ministerio un problema que podería xurdir naquelas compañeiras/os que, tendo participado no concurso ao corpo de Tramitación tamén tiveran aprobada a promoción interna ao corpo de Xestión. O problema xurde ao solaparse os dous procesos e, dado que cando se tivera que tomar posesión das prazas outorgados no concurso os xestores estarían en excedencia no corpo de tramitación, sería ridículo que, pola irrenunciabilidade das prazas outorgadas no concurso tiveran que tomar posesión das mesmas e deixalas desocupadas pola citada excedencia. Por iso dende a CIG propuxemos que, as persoas nas que coincida dita circunstancia e que efectivamente non queiran tomar posesión como Tramitadores, sexan excluídos do concurso de traslados e que as prazas que lles outorgaban sexan adxudicadas a outras candidatas/os.

NOMEAMENTOS MÉDICOS FORENSES - OP2008 e OP2010

No BOE de hoxe 29-10-2012 ven publicada a Orde JUS/2302/2012, de 21 de setembro, pola que se nomean funcionarios do Corpo Nacional de Médicos Forenses, aos aspirantes que superaron as probas selectivas convocadas por Ordes JUS/3368/2008, de 11 de novembro e JUS/1656/2010, de 31 de maio.

OPOSICIÓNS XESTIÓN - QUENDA LIBRE - OP2011

En breve sairá publicada a convocatoria dos funcionarios en prácticas para a realización do CURSO SELECTIVO AO CORPO DE XESTIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA (QUENDA LIBRE), que en Galiza levarase a cabo na EGAP ás 10.00 horas do día 12 de novembro de 2012.
Orde oferta prazas Peninsula e Baleares¡Novo!
Listaxe de prazas territorio Península e Baleares¡Novo!
Resolución oferta de prazas Galiza¡Novo!
Listaxe de prazas territorio Galiza¡Novo!

LISTAXES DEFINITIVAS CONCURSO DE TRASLADOS 2012

O Ministerio acaba de trasladarnos a listaxe de prazas definitivamente adxudicadas no concurso de traslados convocado este ano 2012. Na vindeira semana se comunicarán as datas de publicación. Se se detectase algunha incidencia, pódese comunicar a Sección de Concursos do Ministerio, Despacho 220 - Fax 913904295 - 913902394 - 913904279 - 913904250 e 913902076, co fin de solucionala antes da súa publicación no BOE. 
    Mantemos a nosa anterior información no que a data de publicación do concurso se refire, e dicir, segunda quincena de novembro.
Listaxe de adxudicatarios

A PRIMEIRA MEDIDA DESPOIS DE GAÑAR: CONTROL HORARIO!!!

A partir do próximo 1 de novembro porase en funcionamento o novo sistema de control horario de fichaxe na terminal informática (PC) do posto de traballo, a través da tarxeta corporativa de identificación persoal.
   Os primeiros órganos onde se habilitará o dito sistema serán os xulgados do social e o xulgado de primeira instancia nº3 (con funcións de rexistro civil), ambos da cidade de Santiago de Compostela. Unha vez comprobada nestas unidades a correcta xestión das marcaxes e o posterior procesamento dos datos, o sistema iráse estendendo de forma gradual ao resto de órganos da Administración de xustiza (xulgados, fiscalías e subdireccións do IMELGA), existindo a previsión de que a final de ano o proceso estea rematado.

CURSOS INTERSECTORIAIS CIG -

Xa está aberta a preinscrición na nova OFERTA FORMATIVA SUBVENCIONADA (Intersectorial) de cursos dirixidos preferentemente a traballadores/as en activo (incluídos funcionarios), na que tamén existen prazas que poden ser destinadas a traballadores desempregados.

NOVAS CONCURSO DE TRASLADOS 2012

Segundo conversas mantidas co responsable de concursos do Ministerio e con todas as cautelas posibles, a publicación da resolución definitiva do concurso de traslados de 2012 podería producirse nos primeiros días da segunda quincena de novembro, polo que as posesións se producirían entre novembro e decembro. Como este ano non imos cobrar a extra, xa terán moitos menos problemas de xestión aquelas compañeiras e compañeiros que se despracen de comunidade autónoma.

ACCESO A INTERNET FUNCIONARIOS DE XUSTIZA

A Dirección Xeral de Xustiza informa que nos próximos días se activará o acceso libre a Internet para os funcionarios ao servizo da Administración de Xustiza da Comunidade Autónoma de Galicia, cos mesmos accesos e permisos que na actualidade teñen os funcionarios da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

ADXUDICACIÓN PRAZAS XESTION P.I. - OP2011

Por parte do Ministerio de Xustiza e a Xunta de Galiza xa se nos comunicaron as adxudicacións dos destinos correspondentes ao Corpo de Xestión Procesual e Administrativa, quenda promoción interna, nas oposiciones convocadas no 2011. A data prevista de publicación no BOE é o 29-10-2012.
ORDE adxudicación de destinos Ministerio
Listado de adxudicacions Ministerio

ORDE adxudicación e listado de destinos Galiza¡Novo!

Solicitude de excedencia

PAGAMENTO ATRASOS SUBSTITUCIÓNS

Segundo nos informou a Dirección Xeral é intención da administración realizar o pagamento da diferencia retributiva existente nas substitucións no período comprendido entre a data na que a administración pasou a abonar soamente a diferencia en complementos e a data de publicación da modificación do Art. 8 da Resolución de substitucións (04/07/2012).
    A estas alturas nada se sabe (e agora ata despois das eleccións moito menos) sobre a solución que se podería empregar para que se realizarse o pagamento íntegro da substitución polo que a administración estase a aforrar cartos coas mesmas e aínda por riba retrasa canto pode os nomeamentos respectivos.

NOVO CONTROL HORARIO POLO PROGRAMA "CRONOS"

Segundo a Dirección Xeral de Xustiza, dende o día de hoxe e, durante as próximas semanas, estaranse a realizar probas co novo sistema de fichaxe "CRONOS", polo que os posibles avisos de incumprimento horario non se terán en conta a efectos de control horario, que se efectuará cos mesmos criterios que ata o de agora.    Previamente a posta en funcionamento definitivo do novo sistema publicarase unha nova na intranet informando sobre o asunto.

ORZAMENTOS DO ESTADO PARA 2013

Este mércores pasado tivo lugar en Madrid a Mesa Xeral de Administracións Públicas co único punto na orde do día da presentación do capítulo adicado a persoal, dentro dos Orzamentos Xerais do Estado para 2013, que aborda as retribucións e condicións laborais do persoal ao servizo das administracións públicas. Un ano máis estes orzamentos inciden na conxelación salarial e no mantemento da taxa de reposición do 0%, afondando deste xeito no deterioro e desmantelamento dos servizos públicos.    Recuperarase a paga extra de nadal para o 2013 (salvo que en xullo volvan a ditar outro Decreto-Lei) pero mantense, como xa se indicou, a conxelación salarial e a correspondente perda de poder adquisitivo que, xunto coa taxa de reposición do 0% e a non cobertura das prazas por persoal interino, fará que este ano os servizos públicos queden, aínda se cabe, máis deteriorados.
Nova completa sobre o anteproxecto de orzamentos

CONCENTRACIÓN NOS XULGADOS DE VIGO CO CONSELLEIRO SR. RUEDA DE PROTAGONISTA

Hoxe en Vigo as compañeiras e compañeiros demos unha lección de dignidade como traballadores públicos e recibimos como se merecía ao Conselleiro de Xustiza Sr. Rueda, quen viña a formalizar a constitución do centro de mediación familiar. O Sr. Conselleiro recibiu unha sonora pitada e fomos quen de seguilo ata a mesma sala de reunións onde ía ter lugar o acto formal de presentación e retrasar dita constitución durante máis de media hora, ata que se ameazou aos traballadores co desaloxo por parte das forzas do orde público que custodiaban as portas de entrada. Tal foi o éxito da concentración-pitada-algarabía que ningún medio de comunicación puido retratar o momento da constitución formal do centro de mediación.
   O máis triste do acontecido neste día foi ver como, os nosos superiores, Xuiz Decano de Vigo, o Fiscal Xefe de Area, o Fiscal Xefe do TSX e o Presidente do TSX, todos eles empregados con soldo do erario público e aos que tamén lles van a detraer a extra de nadal (claro que …

CRITERIOS AUSENCIA POR ENFERMIDADE E PAGA EXTRA

Finalmente a Subdirectora Xeral confirmou que, salvo "catástrofe", a paga extra aos funcionarios de xustiza lles será retirada no mes de decembro, procedendo a non abonar a mesma en dito mes, polo que non se levará a cabo o previsto no Decreto-Lei de medidas económicas ditado polo goberno en relación co detrimento mensual e prorrateado de dita paga.    En canto as ausencias por enfermidade (1-3 días), que ata o de agora non se tiñan que xustificar se non simplemente comunicar, no caso de que as mesmas se reproduzan con determinada frecuencia a longo do ano (máis de 3 veces) levará aparellado que a partir do 2 día deberá de presentarse xustificante médico.

PROLONGACIONS DE XORNADA NOS XULGADOS DO SOCIAL

Segundo a Dirección Xeral de Xustiza e, con base aos pedimentos realizados, vanse a outorgar prolongacións de xornada, tanto nos Xulgados do Social de Vigo como nos de Santiago, a prol de 1 Xestor, 2 Tramitadores e 1 Auxilio por órgano, a fin de poder facer fronte ao traballo que poida xerar o maxistrado de reforzo nomeado en ditas cidades e xurisdición.

CURSO PRÁCTICO - CORPO XESTIÓN - PROMOCIÓN INTERNA - OP2011

Segundo nos comunica a administración, a convocatoria dos funcionarios en prácticas para a realización do curso selectivo para o acceso ao Corpo de Xestión (Promoción Interna) será no lugar, día e hora abaixo indicados:
Lugar: EGAP (Escola Galega de Administración Pública - Rúa Madrid, 2-4, Santiago
Día: 17 de setembro de 2012
Hora: 10:00 Horas

Resolución Dirección Xeral

LISTAXES PROVISIONAIS ACCIÓN SOCIAL 2012 - AXUDAS DISCAPACIDADES

Hoxe enviouse ao DOG, para a súa publicación,  a Resolución pola que se aproban as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas do fondo de acción social 2012 para funcionarios da Administración de xustiza da Comunidade Autónoma de Galicia.
   Ao tratarse do programa III (axuda discapacidades) non se publicara ningunha listaxe na web, as comunicacións enviaranse aos interesados por correo con acuse de recibo a partir do momento da publicación no DOG da resolución.

RETENCIÓN PAGA EXTRA E BAIXAS ENFERMIDADE (ILT)

Postos en comunicación co Subdirectora Xeral de Xustiza, pola mesma se nos comunica, con todas as cautelas e se non hai orde en contrario á volta de setembro que, en principio, tanto no tema da retención da paga extra de nadal na nómina mensual, como no tema das baixas por enfermidade, seguirase aplicando o establecido na LOPX ata a súa modificación (probablemente antes de final de ano).    No caso da paga extra, dado que entenden que, dun xeito ou outro, nola van a quitar este ano,  xa procederon este mes a variar as retencións por IRPF, baixando as porcentaxes correspondentes, pero non deron instrucións ningunha de proceder á retención mensual. Isto non quere dicir que, se finalmente se produce a dedución mensual da extra ou en decembro a dedución total, no momento no que teñamos a primeira nómina na que varíe o soldo, vexamos as posibilidades de recurrila, ben polos efectos retroactivos, ben pola desigualdade co resto de funcionarios públicos, ben porque a LOPX ainda non teña s…

NOVAS SOBRE OS CURSOS DE GALEGO

Segundo conversas mantidas no día de hoxe coa EGAP, contrariamente ao manifestado antes do verán, mostrouse por parte da nova responsable (e así nolo transmitiu a Xefa de Estudos), un interese alto en tratar de convocar todos os cursos de galego (incluso os que se suspenderon), sen ter que cobrar por eles. De momento non se teñen máis novas e, segundo avance setembro, nos irán informando. Por parte da CIG propúxose que, no caso de convocarse finalmente cursos con taxas de inscrición  por non poder xuntar o orzamento necesario, se convoquen os mesmos de xeito xenérico para TODAS as funcionarias/os, independentemente de si están destinados tanto dentro como fora da comunidade autónoma.

OFERTA DE PRAZAS XESTIÓN-PROMOCION INTERNA OP2011

O Ministerio de Xustiza trasladounos no día de hoxe as prazas que se van a ofertar, no seu territorio, aos opositores do corpo de Xestión da quenda de promoción interna da OP2011.    Así mesmo, a Dirección Xeral de Xustiza de Galiza, tamén comunicou as prazas que van a ser ofertadas dentro do territorio  da comunidade autónoma.

Listaxe de prazas territorio Ministerio
Listaxe de prazas territorio Galiza

CURSOS DE LINGUAXE GALEGA

No DOG do mércores 22 de agosto publícase a ORDE do 7 de agosto de 2012 pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán nas escolas oficiais de idiomas de Galicia .    Lembrade que os cursos de linguaxe administrativa galega son equivalentes aos cursos de linguaxe xurídica galega segundo a Orde do 3 de marzo de 2004
Nova sobre cursos de linguaxe galega.

QUEREN EMPEZAR A DESPEDIR EMPREGADOS PÚBLICOS

O PP ten preparado xa o borrador do “Proxecto de Real decreto polo que se aproba o regulamento dos procedementos de despedimento colectivo e de suspensión de contratos e redución de xornada”. Un texto co que se pretenden incorporar as modificacións aprobadas na reforma laboral ao Estatuto dos Traballadores/as e que afecta a todos os sectores, incluídas as administracións públicas e, xa que logo, á Xunta de Galiza.

   Na senda de liquidación das Administracións Públicas que leva emprendida o PP, introdúcese agora o elemento máis devastador de todos cantos cabía esperar: A REGULACIÓN DO DESPEDIMENTO COLECTIVO NO SECTOR PÚBLICO.

   Dende a CIG faise un chamamento a todos/as empregados/as públicos/as a continuar mobilizándose contra todas as medidas de destrución das Administracións Públicas e dos Servizos Públicos.    Podes ollar a nova completa facendo clic na seguinte ligazón: https://docs.google.com/open?id=0B1Ch8kTx8o5oaWo4RFBscDVrYlk

LISTAXES PROVISIONAIS "DEFINITIVAS" - CONCURSO 2012

O Ministerio, fora de todo pronóstico, trasladounos e publicou xa o venres día 3 as novas listaxes provisionais do concurso de traslados, a ver se desta vez vai a vencida e non hai moitos erros.     Non vos esquezades de comprobar o Anexo III co voso DNI aínda que vos deran destino, para verificar que a instancia estea correctamente gravada. Tedes de prazo para formular alegacións ata o vindeiro 15 DE SETEMBRO.

CONVOCATORIA CURSOS EGAP

Comunícasenos por  parte da EGAP que o vindeiro 9 de agosto de 2012 publicarase no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 30 de xullo de 2012 da dirección da Escola Galega de Administración Pública pola que se convocan as accións formativas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza.
   O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 10 de agosto de 2012 as 08:00 h e rematará o 10 de setembro as 14:00 h. O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP e non serán admisibles outros modelos de solicitude. Faise recomendable facilitar conta de correo electrónico e teléfono móbil para enviar mensaxes ás persoas seleccionadas.
   Para calquera consulta ou dúbida podedes poñervos en contactos coa EGAP nos seguintes:
                             Teléfonos 981 54 62 46/981 54 62 57
                             Fax: 981 54 63 39
                             Enderezo de correo …

ULTIMAS NOVAS CONCURSO TRASLADOS - XA ESTAMOS COS PROBLEMAS!!!

O Ministerio acaba de trasladarnos unha nota informativa de última hora pola que, debido a problemas informáticos, se deixa sen efecto a resolución provisional do concurso ata o vindeiro luns 6 de agosto, polo que toda a información facilitada ata este momento carece de validez.     Unha vez máis o Ministerio sorpréndenos cunhas listas "provisionalísimas" que non teñen validez ningunha, parece como se este fora o primeiro concurso que preparan. En fin, que sería un concurso de traslados na administración de xustiza sen estes disque disque ao que tanto nos ten acostumado o Ministerio.

LISTAXES PROVISIONAIS CONCURSO TRASLADO - 2012

O Ministerio acaba de trasladarnos os ficheiros coas adxudicacións realizadas de xeito provisional no concurso de traslados convocado por Orden JUS/1084/2012, de 30 de abril. O prazo de alegacións remata o vindeiro 15 de setembro e as mesmas deberán ser dirixidas principalmente ao Ministerio de Xustiza - Despacho 220 Concursos - Fax 913904295 - 913902394 - 913904279 - 913904250 e 913902076. A publicación no BOE da Orde farase o día 2 de agosto de 2012. É moi importante que comprobedes a exactitude entre os datos da instancia presentada e os da instancia gravada informaticamente, pois pode terse producido algún erro de transcrición.

ADXUDICACIONS DEFINITIVAS PI TRAMITACIÓN - OP2011

O Ministerio trasladounos a listaxe de adxudicacións definitivas das prazas do seu territorio para a quenda de promoción interna da OP2011 que sairá publicada no BOE o vindeiro 31-7-2012.
Adxudicación definitiva PI TRAMITACION - OP2011

POSIBLES RECURSOS AO RDL 20/2012

Ante as peticións dos compañeiros sobre posibles recursos contra o RDL 20/2012 (retirada da extra en decembro) indicar que contra dita norma, que ten rango de lei, non se pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, polo que dito recurso so cabe contra os actos de aplicación, é dicir, no noso caso, unha vez teñamos no noso poder a primeira nómina, onde se podería recorrer o feito de porque a nós se nos prorratea un desconto da paga extraordinaria, porque se pode facer en agosto-setembro cando a extra de decembro computa dende xuño tendo unha aparencia de efecto retroactivo, porque se nos discrimina con respecto ao resto de funcionarios obrigándonos a pagar por adiantado dende agosto o que o resto de compañeiros funcionarios farán en decembro, etc.. Estes e outros poden ser os motivos de recurso contra a aplicación do RDL nas nosas nóminas, pero para iso hai que ter as nóminas no noso poder, xa que calquera outra petición e como facer un brinde ao sol. Unha vez…

CONCENTRACIONS EN XUSTIZA 19-07-2012

Vigo Pontevedra  A Coruña A Coruña

CONCURSO SECRETARIOS XUDICIAIS

No BOE do 20 de xullo sae publicada a Orde JUS/1607/2012, de 10 de xullo, pola que se convoca concurso de traslado para a provisión de prazas para o Corpo de Secretarios Xudiciais.

CADA VEZ MÁIS PRETO DUNHA "DITADURA"

Os medios de comunicación calados e atados de pes e mans, recorte das liberdades sindicais, lexislación cada venres mediante decreto-lei, etc. isto, e máis, é o que nos está a deparar o goberno de maioría absoluta do PP de Mariano Rajoy. Se isto non é unha "ditadura" non sabemos moi ben que outra cousa pode ser, xa que en tempos de Franco tamén se lexislaba mediante Decreto.    Os traballadores de todas as clases témonos que unir ante estas agresións (se non hai unión dos traballadores e as súas familias non hai nada) e, contraatacar tanto contra os que ostentan o poder público como contra as grandes multinacionais que están a especular cos seus beneficios coa débeda de España. Témonos que reivindicar como traballadores e sair a rúa para que a sociedade sexa consciente que o goberno actual carece de lexitimidade para seguir gobernando, posto que está a facer todo o contrario ao que prometeu no seu programa electoral.    Contraataquemos con campañas contra Zara, Mercadona…

DESCONTOS POR BAIXAS DE ENFERMIDADE DO PERSOAL INTERINO

A Dirección Xeral de Xustiza ven de confirmarnos que o persoal interino de xustiza non se verá afectado polas deduccións que se poideran producir como consecuencia dunha baixa por enfermidade ao aplicarse o criterio de que dito persoal está, igual que o persoal titular, sometido ao disposto na LOPX e, polo tanto, teñen dereito ao 100% das súas retribucións dende o primeiro día de baixa.

ADXUDICACIÓNS E OFERTA DE PRAZAS AUXILIO E TRAMITACIÓN (PI) - OP2011

O Ministerio acaba de trasladarnos a listaxe de adxudicación de destinos no corpo de Auxilio Xudicial da OP2011 no territorio non transferido. Segue mantendo como data de publicación oficial no BOE dos nomeamentos e das adxudicacións a do 19 de xullo próximo.

   Tamén nos trasladou a prazas desertas que lles van ser ofertadas dentro do territorio non transferido aos opositores do corpo de Tramitación da quenda de promoción interna da OP2011.
Prazas ofertadas Tramitación PI (Ministerio)

PUBLICACIÓN CONVOCATORIA ACCIÓN SOCIAL 2012

Finalmente, hoxe día 4 de xullo, saiu publicada no DOG a Resolución do 8 de xuño de 2012 pola que se convocan as axudas de acción social para este ano 2012. Lembrade que este ano só haberá axudas para o programa de discapacidades e os solicitantes das mesmas deberán ter baixo a súa dependencia directa e legal e vivindo ás súas expensas, cónxuxe, fillos, tutelados por sentenza xudicial firme ou irmáns con discapacidade física ou psíquica superior ao 33%.
   O prazo de presentación de instancias finaliza o 31 DE XULLO DE 2012

Solicitudes polo portal do empregado público