lunes, 29 de diciembre de 2014

PROPOSTA DE CURSOS DE FORMACIÓN EGAP 2015

Hoxe nos trasladou a administración a proposta, xa negociada coa EGAP, dos cursos de formación continua para o ano 2015.

Engádense 2 novos cursos no apartado dos itinerarios formativos:
·         Modulo III - Procedementos civís: disposicións xerais e modalidades procesuais
·         Modulo III - A execución no proceso laboral.

Mantense ocurso básico de prevención de riscos xa que xa non hai curso medio posto que esta formación  impártese agora como unha enseñanza regulada en FP.

En cuanto a los cursos de informática, engádense os dous cursos que faltaban dos 5 que compoñen o plan formativo en competencias dixitais:

·         Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais
·         sistema operativo, busca de información: internet/intranet e correo electrónico

Inclúense dous cursos para médicos forenses que son distintos dos do ano anterior.

Ante as suxerencias manifestadas en mesa  e consulta coa EGAP, en principio, os cursos impartiranse en LibreOffice e Windows. A EGAP manifesta, así mesmo, que a  certificación en competencias dixitais expedirase con independencia de que na anterior edición non fora co dito sistema.

https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNZEhtNWJpdEZ0Ykk/view?usp=sharing

SECRETARIOS XUDICIAIS - LISTAXES DEFINITIVAS ADMITIDOS E EXCLUIDOS

Publicada a Orde JUS/2465/2014, de 15 de decembro, pola que se aproban as listaxes definitivas de aspirantes admitidos e excluidos ao proceso selectivo para ingreso no Corpo de Secretarios Xudiciais convocado o 4 de setembro.

http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/es/1288774665844/EPublico_P/1288789260889/Seguimientos.htmlhttp://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2014-13584 

lunes, 22 de diciembre de 2014

PUBLICACIÓN DEFINITIVA LISTAXES DE INTERINOS

A previsión para a publicación da resolución pola que se aproban as listaxes definitivas de admitidos e excluídos da bolsa de interinos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial convocada pola Resolución da Dirección Xeral de Xustiza do 15 de xaneiro de 2014 é o  DOG do día 12/01/2015.

jueves, 18 de diciembre de 2014

DATA DE PUBLICACIÓN ADXUDICACIÓN DE DESTINOS - XESTIÓN PROCESUAL - QUENDA LIBRE

Con relación á adxudicación de destinos dos funcionarios do Corpo de Xestión Procesual e Administrativa, quenda libre, que superaron as probas selectivas convocadas por Orde JUS/1959/2013, de 17 de outubro, comunícase que a Orde co nomeamento dos mesmos, así como a de adxudicación de destinos, serán publicadas no BOE do día 26-1-2015.
A información correspondente ao outorgamento de destinos será tamén publicada na páxina web do Ministerio de Xustiza.

miércoles, 17 de diciembre de 2014

NOMEAMENTO DE SECRETARIOS XUDICIAIS - PROMOCIÓN INTERNA

Na páxina web do Ministerio publicouse a Orde de 3 de decembro de 2014, pola que se nomean Secretarios Xudiciais da terceira categoría aos aspirantes aprobados polo sistema de promoción interna. (SECRETARIOS XUDICIAIS, Orde JUS/1287/2013, de 26 de xuño)

lunes, 15 de diciembre de 2014

NOVAS PRAZAS A SUBSTITUCIÓN E ADXUDICACIÓNS

Publicáronse na intranet o día 15/12/2014 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución así como a adxudicación das anteriormente publicadas. 
Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se achegan abaixo. 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 15, 16 E 17 DE DECEMBRO 

Novas prazas para substitución:

Últimas adxudicacións:

CONSOLÍDASE NA LEI DE ORZAMENTOS A OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2015 DE XUSTIZA

 Admitida no Senado a seguinte enmenda en relación coa oferta de emprego público para o ano 2015 na Administración de Xustiza:

G) En la Administración de Justicia, atendiendo a las especiales circunstancias que concurren en la situación de cobertura de sus plazas, se computará el número máximo de plazas a autorizar en función del número total de plazas de la plantilla aprobadas dotadas presupuestariamente, y que hayan estado ocupadas por funcionarios interinos durante al menos los tres últimos años, autorizándose Oferta de Empleo Público en aquellos Cuerpos de funcionarios en el que el porcentaje de las plazas con este tipo de ocupación supere el 15% del total y en un número máximo que, acumulado para todos los Cuerpos, no podrá superar el 20% de las vacantes.”

 Dita ENMENDA  podería permitir a convocatoria dun número de prazas superior a 1.500 na quenda libre ademáis das de promoción interna, sempre e cando o Goberno Central as levara ao Real Decreto de convocatoria da OEP 2015.

CURSOS LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA E CURSOS CELGA

De acordo coa Orde do 20 de agosto de 2014, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a partir do 15 de decembro de 2014, e ata o 16 de xaneiro de 2015, estará aberto un novo prazo de inscrición para cursos de linguaxe administrativa galega e preparatorios para os Celga (certificados de lingua galega).
Os novos cursos terán lugar entre febreiro e maio de 2015 e realizaranse nas escolas oficiais de idiomas.
Os cursos de linguaxe administrativa galega serán de nivel medio e superior. Realizaranse practicamente todos en liña, agás un presencial (de nivel medio), que se impartirá na Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra. As demais escolas onde tamén haberá cursos son as seguintes: A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo. Na de Pontevedra tamén terá lugar un curso en liña de nivel superior.
Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) serán todos presenciais e desenvolveranse nas escolas da Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
Información completa (cos requisitos e impresos de inscrición) na orde da convocatoria, publicada no DOG do 27 de agosto de 2014.

jueves, 11 de diciembre de 2014

NOTA INFORMATIVA - MESA SECTORIAL MADRID - LOPX

O pasado venres, tras unha convocatoria de urxencia, acudimos a unha reunión en Madrid co Director Xeral de Relacións coa Administración de Xustiza, para constituir, supostamente, unha mesa para negociar a reforma da LOPX.
Que ilusos! Do que se trataba era de informarnos (antes da aprobación do Consello de Ministros que se prevé para este venres) dos plans Goberno, sen ánimo de negociación; da reforma integral do mapa xudicial que prantexaba Gallardón, suprimindo partidos xudiciais, Audiencias,etc .... pasamos a cambios noutros aspectos de “gran calado e fonda demanda social”:
-      subir de 5 a 7 os vogais con dedicación exclusiva do CXPX
-      modificar a regulación do Gabinete Técnico do Supremo
-      suprimir a responsabilidade civil directa dos xuíces e a situación administrativa das Secretarías Coordinadoras e de Goberno.
-      regular a protección de datos nos procedementos xudiciais
-      redefinir a xurisdición militar
-      reforma do art. 241 sobre incidente de nulidade de actuacións
-  creación de xuíces especialistas en materia tributaria na orde contencioso-administrativa.

miércoles, 10 de diciembre de 2014

NOVAS PRAZAS PARA SUBSTITUCIÓNS E ADXUDICACIÓNS

Publicáronse na intranet o día 10/12/2014 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución así como a adxudicación das anteriormente publicadas. 
Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se achegan abaixo. 
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 10, 11 E 12 DE DECEMBRO 
Novas prazas para substitución:
Últimas adxudicacións:

martes, 2 de diciembre de 2014

NOVAS PRAZAS PARA SUBSTITUCIÓNS E ADXUDICACIÓNS

Publicáronse na intranet o día 28/11/2014 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución así como a adxudicación das anteriormente publicadas. 
Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se achegan abaixo. 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 28 DE NOVEMBRO e 1 E 2 DE DECEMBRO 

Novas prazas para substitución:

Últimas adxudicacións:

lunes, 24 de noviembre de 2014

PROPOSTA DE PRAZAS PARA A OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2015

Achegámosvos a nota informativa sobre a oferta de emprego público para o ano que ven na que, nun primeiro momento, o Ministerio realiza unha oferta de entre 1.000 e 1.500 prazas, aparte as de promoción interna, dos corpos xerais e especiais. Esta proposta e bastante contraditoria, pois o propio Ministerio recoñece unhas 9.000 vacantes neste momento en todo o territorio (vacantes dotadas orzamentariamente), así como que cada ano se xubilan 650 traballadores no réxime de dereitos pasivos.
Pola CIG xa se lle manifestou a insuficiencia de dita oferta de emprego público, máxime cos datos ofrecidos, e que, de non poñerlle remedio inmediato, provocará un colapso da administración de xustiza, xusto nun momento no que debería reforzarse dita administración no canto de aplicarlle recortes.

viernes, 21 de noviembre de 2014

OPOSICIÓNS XESTIÓN - QUENDA LIBRE - OFERTA DE PRAZAS DESERTAS

Na páxina web do Ministerio de Xustiza ven de publicarse a Orde de 24-11-2014, pola que se ofrecen as prazas desertas aos aspirantes que teñen superado dito proceso selectivo pola quenda libre.
Data de publicación prevista no Boletín Oficial do Estado: 2 de decembro de 2014.

miércoles, 19 de noviembre de 2014

MESA SECTORIAL MADRID - 18/11/2014 - LOPX - REXISTRO CIVIL - OFERTA EMPREGO


Este pasado martes houbo unha reunión no Ministerio para falar da metodoloxía de traballo co fin de abordar os seguintes temas: reforma dos libros V e VI da LOPX, NOX en ámbito Ministerio, Rexistro Civil e emprego público. Abaixo deixámosvos o enlace á nota informativa completa.

XESTIÓN - PROMOCIÓN INTERNA - OUTORGAMENTO DE DESTINOS

Na páxina web do Ministerio sae publicada a Orde de 19 de novembro de 2014 do Ministro de Xustiza pola que se outorgan destinos aos funcionarios do Corpo de Xestión Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza (quenda promoción interna), que superaron as probas selectivas convocadas pola Orden JUS/1959/2013 de 17 de outubro, no ámbito de Península y Baleares.

 Data de publicación no BOE: 02-12-2014

martes, 18 de noviembre de 2014

MESA PARITARIA DE FORMACIÓN E EGAP - PLANO 2015

Como xa vos adiantaramos o pasado 13/11/2014, no día de onte tivo lugar en Compostela a xuntanza da mesa de formación conxunta coa EGAP a fin de perfilar o novo plano de formación para o ano 2015. No enlace de abaixo deixámosvos o escrito de alegacións realizado pola CIG.

Nota informativa alegacións CIG plano de formación 2015

OPOSICIÓNS XESTIÓN PROCESUAL - QUENDA LIBRE - NOMEAMENTO FUNCIONARIOS EN PRÁCTICAS

Na páxina web do Ministerio de Xustiza publícase hoxe a Orde de 13 de novembro de 2014, pola que se nomean funcionarios en prácticas aos aspirantes aprobados na quenda libre das probas selectivas para ingreso no Corpo de Xestión Procesual e Administrativa.

NOVAS PRAZAS PARA SUBSTITUCIÓNS E ADXUDICACIÓNS

Publicáronse na intranet o día 18/11/2014 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución así como a adxudicación das anteriormente publicadas. 
Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se achegan abaixo. 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 18, 19 e 20 DE NOVEMBRO 

Novas prazas para substitución:

Últimas adxudicacións:

jueves, 13 de noviembre de 2014

MESA DE FORMACIÓN E INTERINOS - 12/11/2014

No día de onte tivo lugar en Compostela unha xuntanza das mesas paritarias de Formación e Interinos a fin de perfilar o novo plano de formación para o ano que ven así como o estado das novas bolsas de persoal interino. Deixámosvos no enlace a nota informativa completa.

miércoles, 12 de noviembre de 2014

SECRETARIOS XUDICIAIS - LISTAXES PROVISIONAIS - OPOSICIÓNS 2014

 Hoxe publicouse na páxina web do Ministerio e no BOE a Orde de 3 de novembro, pola que se aproba a lista provisional de admitidos e excluidos da quenda libre e de promoción interna e se convoca á quenda de promoción interna para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición: 21-febreiro-2015.
O prazo de dez días hábiles, para a subsanación de defectos, comprende desde o día 13 ao 24 de novembro, ambos inclusive.

lunes, 10 de noviembre de 2014

NOVOS AVISOS DE SUBSTITUCIÓNS E ADXUDICACIÓNS

Publicáronse na intranet o día 10/11/2014 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución así como a adxudicación das anteriormente publicadas. 
Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se achegan abaixo. 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 10, 11 e 12 DE NOVEMBRO 

Novas prazas para substitución:

Últimas adxudicacións:

jueves, 6 de noviembre de 2014

PRIMEIRA SENTENZA EN VIGO RECOÑECENDO A PAGA EXTRA ÍNTEGRA

A CIG ven de obter a primeira sentenza en Vigo, no Xulgado do Contencioso nº 2, que recoñece o pagamento do 100% da paga extra e da paga adicional que nos foi hurtada no 2012 polos gobernos do PP do Sr. Rajoy e do Sr. Feijoo. Pouco a pouco imos conquerindo que a administración ceda ante a ilegalidade da medida adoptada no seu día, pero temos que seguir pelexando ata dar o golpe de graza, para o cal é necesario contar coa vosa forza a todos os niveis. Non esquezades que ainda faltan xulgados por pronunciarse (Compostela, Lugo, etc.) pero cada vez temos maís arrinconada a administración autonómica.

NOTA INFORMATIVA MESA SECTORIAL MADRID - 04-11-2014

Nesta xuntanza da mesa sectorial, efectuada posteriormente as conversas mantidas no mesmo día polos representantes da CIG co novo Ministro, o novo equipo ministerial insiste na privatización do Rexistro Civil e na súa entrega aos Rexistradores da Propiedade, aducindo que estes son funcionarios públicos e que se garante a gratuidade do servizo.
Por outra banda tamen informaron os representantes ministeriais que  se  presentará  un  novo  proxecto  de  reforma dos libros V e VI da LOPX, retirando así as modificacións que afectarían á planta xudicial, porque no que queda de lexislatura non lledaría tempo a tramitalo, polo que o proxecto de LOPX do Ministro Gallardón queda no aire a expensas deste novo proxecto.

martes, 4 de noviembre de 2014

PUBLICACIÓN DEFINITIVA CONCURSO DE TRASLADOS E TOMAS DE POSESIÓN

Hoxe 4 de novembro publicase no DOG e no BOE a Resolución do 20 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados para prazas vacantes entre funcionarios dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, anunciado pola Resolución do 29 de abril de 2014.
Segundo a resolución, tanto a toma de posesión coma os cesamentos realizaranse na xefatura ou delegación territorial correspondente ao destino. Por cuestións organizativas, a formalización da toma de posesión terá lugar entre as 9.00 e as 11.30 e a dos cesamentos entre as 11.30 e as 14.00, de luns a venres. Á marxe das datas de cesamento fixadas na resolución (corpo de tramitación o día 11/11/2014, auxilio e xestión o día 17/11/2014), no caso de que un funcionario reingresado tome posesión antes das datas indicadas na praza doutro que tamén obtivera destino no concurso, este segundo deixará o seu posto de traballo o mesmo día da toma de posesión do reingresado, empezando a contarlle o seu respectivo prazo posesorio.
No caso de cesar e tomar posesión na mesma localidade ou en distintas localidades dunha mesma provincia, ambas as formalizacións poderanse facer o día da toma de posesión, sendo a data de formalización do cesamento a que corresponda de acordo coa resolución de adxudicación.
Co fin de axilizar a tramitación das altas e baixas, relacionamos a documentación que as xefaturas ou delegacións territoriais precisan para abrir ou completar os expedientes persoais das persoas que tomen posesión dun novo posto*.
Persoal procedente de fóra da comunidade:
·         Fotocopia do DNI
·         Ficha de recollida de datos (persoais e bancarios)
·        Fotocopia da tarxeta sanitaria (unicamente para ingresos posteriores a 01/01/2011) e/ou a tarxeta de MUXEXU
·         Certificado de haberes
·         Certificado ou copia dos trienios
·         Certificación das vacacións e días gozados na Administración da que procedan
·         Modelo 145 (IRPF)
Persoal destinado na comunidade
·         Fotocopia do DNI
Para o caso dos cesamentos do persoal que obteña novo destino fóra da CA de Galicia, no momento de formalización do cesamento deberá facer entrega da tarxeta de identificación persoal e control horario, asinando o impreso acreditativo de tal circunstancia. No caso de non ter que formalizar cesamento ningún por reingresar fóra da comunidade nun corpo distinto do que estaba a prestar servizos, a tarxeta será entregada, presencialmente ou por correo postal, ao correspondente servizo de xustiza.
Para ter acceso a información sobre as adxudicacións definitivas, prema a seguinte ligazón coa páxina do Ministerio.
 
*No caso de non estar en posesión dalgún dos documentos, estes remitiranse canto máis axiña sexa posible ao correspondente servizo de xustiza.

jueves, 23 de octubre de 2014

NOMEAMENTO FUNCIONARIOS EN PRÁCTICAS - CORPO XESTIÓN - PROMOCIÓN INTERNA 2013

O Ministerio ven de publicar na súa páxina web a Orde de 14 de outubro de 2014, pola que se nomean funcionarios en prácticas aos aspirantes aprobados nas probas selectivas do ano 2013 para ingreso a través da quenda de promoción interna ao Corpo de Xestión Procesual e Administrativa.

lunes, 20 de octubre de 2014

PUBLICADAS AS LISTAXES DO CONCURSO DE TRASLADOS

Tal e como vos adiantaramos o venres pasado, o Ministerio acaba de enviarnos os ficheiros cos destinos adxudicados definitivamente no concurso de traslados convocado pola Orde JUS/808/2014, de 29 de abril.
Pode existir algunha omisión na selección de prazas de Galiza dado o formato do ficheiro enviado polo Ministerio, que non facilitou unha selección sencilla. Para calquera cuestión consultade cos nosos delgados.

PRAZAS DE GALIZA

NOVOS AVISOS DE SUBSTITUCIONS E ADXUDICACIÓNS

Publicáronse na intranet o día 20/10/2014 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución así como a adxudicación das anteriormente publicadas. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se achegan abaixo.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 20, 21 e 22 DE OUTUBRO

Novas prazas para substitución: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNQy1nandmVzFTbFk/view?usp=sharing
Últimas adxudicacións: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNVUc0UXFtWEt3aVk/view?usp=sharing

viernes, 17 de octubre de 2014

DATA DE PUBLICACIÓN DA RESOLUCIÓN DEFINITIVA DO CONCURSO DE TRASLADOS

O Ministerio acaba de trasladarnos que o vindeiro luns, día 20 de outubro, nos dará traslado das listaxes definitivas do concurso de traslados convocado pola Orden JUS/808/2014, de 29 de abril.
A publicación no BOE está prevista para o  martes, 4-11-2014

Datas de cesamentos: Tramitación: 11-11-2014.
                                     Xestión e Auxilio: 17-11-2014

miércoles, 15 de octubre de 2014

ORDES POLAS QUE SE PUBLICAN AS PRAZAS VACANTES PARA OS OPOSITORES DO CORPO DE XESTION-PROM.INTERNA 2013 E OS APROBADOS DEFINTIVOS DA QUENDA LIBRE

O Ministerio acaba de trasladarnos a Orde de 6-10-2014 pola que se  anuncian as prazas desertas para os opositores do Corpo de Xestión PA, quenda promoción interna, aprobados nos procesos selectivos convocados por Orde JUS/1959/2013, de 17 de outubro (BOE do 24-10-2013). Ditas prazas estarán colgadas na páxina web do Ministerio e serán expostas no Centro de Estudios Xurídicos, en cumprimento da Base 7.8 da convocatoria de ditas oposicións.
Así mesmo tamén se publicou a Orde JUS/1864/2014, de 30 de setembro, pola que se publica a relación definitiva de aprobados do proceso selectivo para ingreso no Corpo de Xestión Procesual e Administrativa, quenda libre.


martes, 14 de octubre de 2014

PRIMEIRA SENTENZA QUE RECOÑECE O 100% DA PAGA EXTRA NA CORUÑA

A CIG ven de obter a primeira sentenza na Coruña que recoñece o pagamento do 100% da paga extra e da paga adicional que nos foi hurtada no 2012 polos gobernos do PP do Sr. Rajoy e do Sr. Feijoo. Pouco a pouco imos conquerindo que a administración ceda ante a ilegalidade da medida adoptada no seu día, pero temos que seguir pelexando ata dar o golpe de graza, para o cal é necesario contar coa vosa forza a todos os niveis. Non esquezades que ainda faltan xulgados por pronunciarse (Compostela, Lugo, etc.) pero cada vez temos maís arrinconada a administración autonómica.

jueves, 9 de octubre de 2014

MESA SECTORIAL 2 DE OUTUBRO


         O pasado xoves tivo lugar unha mesa sectorial cunha orde do día que comprendía as RPTs das Fiscalías, o Decreto dos Servizos Comúns Procesuais Xerais e o  Calendario laboral 2015. Pero, como soe ser habitual, a Mesa non valeu para nada. Estivemos alí cinco horas e media, e non se avanzou en ningún dos puntos. Deixámosvos no enlace de abaixo o resume do acontecido. 

CONVOCATORIA DA BOLSA DE PERSOAL INTERINO DO CORPO DE MÉDICOS FORENSES

Como xa vos adiantaramos, no DOG de hoxe, 9 de outubro, sae publicada a regulamentación da nova bolsa de persoal interino para o corpo de Médicos Forenses así como a convocatoria para a correspondente presentación de solicitudes. O prazo para facelo será de 15 días hábiles a partir do seguinte ao desta publicación, e dicir, ata o 27 de outubro. A solicitude de participación deberá cumprimentarse e validarse de xeito obrigatorio a través da OPAX, sen prexuizo de ter tamén que imprimir a mesma e presentala ou remitila a través do rexistro xeral correspondente ou por calquera das canles establecidas na lei de procedemento administrativo.
https://www.xunta.es:444/sxpa/AIX/
https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNOGFWb2ZmZ1RfSEU/view?usp=sharing

miércoles, 8 de octubre de 2014

PUBLICACIÓN NOVA BOLSA DE MÉDICOS FORENSES

Este vindeiro xoves día 9 está prevista a publicación da nova regulamentación e convocatoria da bolsa de persoal interino do corpo de Médicos Forenses. A pesares das varias alegacións efectuadas pola CIG, tales como que cada partícipe puidera consultar "on line"  a súa instancia para poder comprobar que méritos dos alegados foron valorados e cales non (cousa que xa non se fixera na bolsa de persoal interino dos corpos xerais) a fin de poder reclamar con maior coñecemento de causa, a administración obviou ditas propostas e so admitiu aquelas que tiñan que ver coa redacción ou un estilo máis acaido dalgún dos artigos da norma. Tampouco tiveron en conta a alegación de permitir aos participes seleccionar por orde de preferencia, de mellor opción a peor opción, as provincias de prestación de servizos, cando a bolsa é de ámbito autonómico (non provincial como nos corpos xerais). En fin, que hai dou xeitos de facer as cousas, ben... ou como as fai a administración autonómica.  

NOVOS AVISOS DE SUBSTITUCIÓNS E ADXUDICACIÓNS

Publicáronse na intranet o día 07/10/2014 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución así como a adxudicación das anteriormente publicadas. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se achegan abaixo.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 7, 8 e 9 DE OUTUBRO

Novas prazas para substitución: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNWkRKdTNWWXhiWGM/view?usp=sharing
Últimas adxudicacións: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNLVhZOW1KWkI5UzA/view?usp=sharing

martes, 7 de octubre de 2014

CUALIFICACIÓNS LINGUA AUTONOMICA - OPOSICIÓNS XESTIÓN - QUENDA LIBRE

A páxina do Ministerio de Xustiza reflicte o Acordo do de 29 de setembro de 2014, do Tribunal Cualificador Único polo que se fai pública a relación definitiva de aprobados coas cualificacións da lingua oficial autonómica, nas probas de acceso pola quenda libre ao corpo de XESTIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA (Orde JUS/1959/2013, de 17 de outubro, (BOE do 24 de outubro))

lunes, 6 de octubre de 2014

PROTESTA APERTURA ANO XUDICIAL

O pasado venres día 3 celebrouse o acto de apertura do ano xudicial na sede do TSXG na Coruña. Alí nos concentramos, unha vez máis, as delegadas e delegados da CIG, CCOO e UXT, xunto con outras compañeiras/os aos que agradecemos a súa asistencia, a fin de exteriorizar a situación que estamos a sufrir os traballadores da administración de xustiza. Entre uniformes militares pasou o Sr. Rueda como unha exhalación sen querer deterse a recoller unha carta que lle queriamos entregar e da que o seu equipo de seguridade xa tiña coñecemento. Aquí vos deixamos o contido desta.

miércoles, 1 de octubre de 2014

PROTESTA POLAS PAGAS EXTRAS DIANTE DO CONSELLEIRO DE XUSTIZA

Delegadas/os da CIG esixiron este martes 30 de setembro, ante o Vicepresidente da Xunta e os medios de comunicación a devolución das pagas extras que a Xunta nos adebeda. 
O Conselleiro só asistiu a inauguración dunhas xornadas na EGAP tituladas "A xustiza que vén" pero tivo que aguantar diante do Director Xeral de Xustiza a protesta dos delegados da CIG botándolle en cara os recortes salariais producidos na nosa administración.

 

miércoles, 24 de septiembre de 2014

PERÍODO COTIZACIÓN ASIMILADO AO PARTO


A Lei 3/ 2007 para a igualdade efectiva de mulleres e homes estableceu un  período de cotización asimilado ao parto; esta é una información da que moitas traballadoras non teñen coñecemento a hora de solicitar a súa xubilación por idade ou por incapacidade, sobre todo cando o tempo cotizado non é suficiente, polo que, na nota informativa que vos achegamos no enlace de abaixo, pasamos a explicarvos en que consiste dito dereito e como teriades que exercelo.

PUBLICACION NO BOE DA LISTAXE DEFINITIVA DE APROBADOS - PROMOCIÓN INTERNA XESTIÓN

No BOE de hoxe, 24 de setembro, sae publicada a Orde JUS/1706/2014, de 16 de setembro, pola que se publica a relación definitiva de aprobados do proceso selectivo ao Corpo de Xestión Procesual e Administrativa, quenda de promoción interna, convocado pola Orde JUS/1959/2013, de 17 de outubro.
https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNcHNJSFJVNExpVWs/edit?usp=sharing

lunes, 22 de septiembre de 2014

NOVOS AVISOS DE SUBSTITUCIÓNS E DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS

Publicáronse na intranet no día 22/09/2014 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución así como a adxudicación das anteriormente publicadas. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se achegan abaixo.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 22, 23 e 24 DE SETEMBRO

Novas prazas para substitución: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNU0pfZ2xQa2FibDQ/edit?usp=sharing

Últimas adxudicacións: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMjFHTUk1MU9uaUU/edit?usp=sharing