jueves, 26 de junio de 2008

LISTADO DE APROBADOS XESTION TURNO LIBRE

Na paxina web do Ministerio de Xustiza publícase ACORDO DO TRIBUNAL CALIFICADOR UNICO DAS PROBAS SELECTIVAS PARA INGRESO NO CORPO DE XESTIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA, SISTEMA DE ACCESO LIBRE, POLO QUE SE FAI PUBLICA A RELACION DE APROBADOS DA FASE DE OPOSICIÓN, POR ÁMBITOS TERRITORIAIS, E ÁBRESE O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACION.

O tribunal acorda:
Primeiro.- Aprobar e facer públicas as relacións de opositores do sistema xeral de Acceso Libre, de cada ámbito territorial, que superaron a fase de oposición e que figuran no Anexo I ao presente Acordo.
Segundo.-Os aspirantes que superen a fase de oposición dispón dun prazo de vinte días naturais, contados desde o 26 de xuño de 2008 ata o 15 de xullo de 2008, ambos inclusive, para presentar no Rexistro Xeral do Ministerio de Xustiza, Secretaría de Estado de Xustiza, C/ Mazá, núm. 2, 28015 Madrid, ou na forma establecida no artigo 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, toda a documentación acreditativa dos méritos a valorar na fase de concurso, salvo o certificado de servizos prestados na Administración de Xustiza que se expedirá de oficio pola Administración competente. A non presentación da documentación no prazo sinalado suporá que non se valore ao aspirante na fase de concurso. Os opositores que concorran por Comunidades Autónomas con lingua oficial propia distinta do castelán e que opten por acreditar documentalmente o seu coñecemento, achegarán neste mesmo prazo as certificacións acreditativas correspondentes.
Terceiro.- Os opositores que concorran polo ámbito territorial do País Vasco e fagan constar na súa instancia a súa intención de acreditar documentalmente, ou por medio da realización dun exame os seus coñecementos de Dereito Foral desa Comunidade, deberán achegar a documentación que figura no Anexo II deste Acordo ou examinarse tras a oportuna convocatoria, de acordo co programa que figura en devandito Anexo II.

listados de aprobados, resolución de tribunal e demais documentación

martes, 24 de junio de 2008

CURSOS DE GALEGO XURIDICO PARA FUNCIONARIOS E FUNCIONARIAS DESTINADOS EN GALIZA

A Xunta convoca Cursos de Formación en LIGUAXE XIRÍDICA GELEGA niveles MEDIO E SUPERIOR, destinados a funcionarios e funcionarias ao servicio da Administración de Xustiza (destinados na Comunidade Autónoma), persoal laboral, persoal incluido nas bolsas de traballo para o nomeamento de interinos na Administración de Xustiza, xuices, fiscais, secretarios xudiciais, médicos forenses, letrados da Xunta, notarios, rexistradores, avogados, procuradores, profesores de linguaxe de signos, e aquelas persoas que acredicten ter superado o proceso selectivo para o ingreso nos corpos ao servicio da Administración de Xustiza.

O número mínimo de asistentes para poder realizar o curso será de 15 e o máximo de 25 por curso.

As solicitudes para participar nos cursos sera o modelo que figura como anexo a convocatoria, e presentaranse no rexistro xeral da Conselleria de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas súas Delegacións Provinciais, ou por calquer outro procedemento establecido na lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de instancia REMATA O DIA 15 DE XULLO.

Bases da convocatoria

nodelo de solicitude

CURSOS DE GALEGO XURIDICO PARA FUNCIONARIOS E FUNCIONARIAS DESTINADOS FORA

A Xunta remitenos os listados de admitidos e admitidas nos cursos de LINGUAXE XURIDICA GALEGA para o persoal de xustiza que está destinada FORA da Comunidade Autónoma.

NON se poden celebrar por non acadar o nivel mínimo establecido de asistentes os NIVEIS MEDIOS. a Xunta nos comunica que está a traballar para ofertar cursos "on line", a ser posible, dentro deste mesmo ano.

O curso SUPERIOR da Coruña celebrarase no Centro de Educación Infantil e Primaria "Ramón de la Sagra" Polígono de Elviña, Ronda Camilo José Cela a partir do día 4 de agosto as 10 horas. Listado de admitidos e admitidas o curso da Coruña.

O Curso SUPERIOR de Ourense celebrarase na Escola Oficial de Idiomas, Paseo Mestre Vide s/n As Lagoas a partires do 4 de agosto as 10 horas.- Listado de admitidas e admitidos curso de Ourense.

O Curso SUPERIOR de Vigo celebrarase no Instituto de Enseñanza Secundaria "Os Rosais 2" Rúa As Coutadas s/n Reis, a partir do 4 de agosto as 10 horas.- listado de admitidas e admitidos curso de Vigo

miércoles, 18 de junio de 2008

entregáronse máis de 19.000 sinaturas no rexistro da Xunta Electoral de Galiza para promover unha ilp para derogar o chamado plus de altos cargos

Impiden á CIG explicar os contidos da ILP no recinto do Parlamento

Representantes da CIG fixeron entrega, esta mañá, das máis de 19.000 sinaturas, xa certificadas pola oficina do censo electoral, para promover unha ILP e obrigar á institución parlamentaria a retomar o debate sobre o chamado plus de altos cargos. Porén, non se puido explicar aos medios o contido da mesma porque o xefe de seguridade do Parlamento impediuno, aducindo que tiña ordes de prohibir que se fixeran declaracións, nin sequera na porta de entrada do edificio.

“Como é posíbel que veñan os representantes dunha comisión que promove unha Iniciativa Lexislativa Popular -algo tan democrático como iso e que ten o apoio que ten- e que non poidan dentro do Parlamento, onde se supón que reside a soberanía popular, pronunciarse e comentalo cos medios de comunicación?”. Deste xeito valoraba Suso Seixo, secretario xeral da CIG, o impedimento a facer declaracións unha vez entregadas as sinaturas para promover a ILP. Xunto a el estaban Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-Ensino e Héctor López de Castro Ruíz, letrado da organización sindical.

Para o secretario xeral da CIG a situación vivida no recinto parlamentar é “sorprendente e alarmante” ademais dun “retroceso”, especialmente “lamentábel ao vir precisamente dunha mesa na que teñen maioría dúas organizacións políticas de esquerda”. Porén, malia non saber quen tomou a decisión de prohibir facer declaracións nin sequera ás portas do edificio, Seixo lembrou que “a conduta da Presidenta do Parlamento noutros casos semellantes nunca foi moi favorábel a facilitar as cousas. Sobre todo cando se trata de temas de carácter social ou demandas dos cidadáns”.

Así as cousas, os representantes da CIG tiveron que saír á rúa para explicar o contido da ILP -que pretende fundamentalmente a derrogación da disposición adicional 17ª, referida ao complemento de destino dos altos cargos-, e comentar cos medios o números de sinaturas rexistradas -19.146-.

Seixo explicou que aínda habendo máis sinaturas entregadas nas oficinas provinciais do censo, pendentes aínda de certificación, acordouse non gardar máis para rexistralas porque o número mínimo que se precisa é 15.000, e ese mínimo está xa sobradamente cuberto. “É probábel que se adiante a disolución do Parlamento ao mes de decembro para poder celebrar as eleccións no mes de marzo e queriamos ter as máximas garantías de que o debate se dá nesta lexislatura”.

Unha vez entregadas as sinaturas, a Mesa do Parlamento ten que remitir a Iniciativa ao Consello da Xunta para que este organismo valore se por razóns de carácter orzamentario é posíbel ou non promovela neste ano. “Agardamos que dea tempo para que se produza o debate definitivo e decidan se optan por aceptar as nosas propostas ou non. O custo non vai ser tan importante e o normal é que o tema pase ao pleno que tería que pronunciarse respecto de se acepta ou non a trámite esta ILP”.

martes, 10 de junio de 2008

SECRETARIA DE PAZ DE BARBADAS

A Xunta ven de remitirnos o listado provisional de adxudicación para a cobertura con caracter provisional da praza de Secretaria de Paz de Barbadas ata que sexa cuberta en concurso de traslado, o listado e provisional e o prazo de alegacións será de tres dias 16, 17 e 18 de xuño e presentaranse via fax no 981546222.

listado provisional de adxudicacións

ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS OFERTADAS PROVISIONALMENTE EN COMISIÓN DE SERVICIO PARA O REXISTRO CIVIL DE VIGO

A Xunta remitenos os listados definitivos de adxudicacións das prazas de tramitación para o REXISTRO CIVIL EXCLUSIVO DE VIGO, que no seu día foran ofertadas para ser cubertas de forma provisional ata a resolución do concurso de traslado, as Comisións estan previstas que comenzen o vindeiro 16 de xuño.

listado definitivo de adxudicacións

OS EDIFICIOS XIUDICIAIS DE PONTEVEDRA COLPSADOS

O Goberno Central ven de acordar de forma definitiva a creación do Xulgado de Primeira Instancia nº 5 de Pontevedra, esta é sen dúbida unha excelente noticia para Pontevedra, que dende a CIG. aplaudimos, pero tamén se torna nunha pataca quente para a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pois as Sedes Xudiciais de Pontevedra están xa colapsadas de por sí, colapso que se incrementa con esta creación, e que o colapso pasará a ser debacle, cando no futuro, esperemos que non moi lonxano o Goberno Central cumpra a promesa feita en campaña electoral polo Sr. Ministro de Xustiza Sr, Bermejo nunha visita electoral a Pontevedra, que prometeu a creación de un Xulgado Exclusivo de Violencia de Xénero, polo que o futuro xudicial no que a edificios se refire esta moi pero que moi negro.

Dende a C IG pensamos que este Goberno actual, que tamén compre dicilo, non ten culpa desta desfeita, pois o Edificio Xudicial da Parda foi inaugurado no ano1997 gobernando en Galiza o PP con maioría absoluta e sendo Conselleiro de Xustiza e o Sr. Palmou, o que no acto da inauguración encheuse a boca dicindo que Pontevedra quedaba servida para mais de 25 anos con aquela inauguración, e pasados 10 anos xa esta colapsado. Pero o certo é que cada día este servicio público ten mais necesidades e ten que medrar, polo que o noso Sindicato pensa que o actual Goberno de Galiza ten que coller o toro polos cornos e desfacer a desfeita do anterior e construír en Pontevedra un novo edificio, onde ao noso entender deberían de estar ubicados todos os Xulgados e Seccións da Audiencia Provincial, centralizando así toda a Administración de Xustiza, no que se denominaría Cidade da Xustiza de Pontevedra, pois todo o que se faga doutro xeito serán parches que non solucionan o problema fundamental.

A Noticia na Prensa Local:

diario de Pontevedra

voz de galicia


lunes, 9 de junio de 2008

COLAPSO DOS XULGADOS DO PENAL

O BNG urxe persoal de reforzo e alongamento das xornadas nos Xulgados do Penal para facer fronte ao incremento na entrada de asuntos para a súa execución

O deputado do BNG Iago Tabarés reclamou nun debate en comisión do Parlamento de Galiza que con carácter inmediato se adopten medidas de reforzo nos Xulgados do Penal e se autoricen tamén alongamentos de xornada, toda vez que os dados demostran que hai un incremento na entrada de asuntos para execución.

Tabarés insistiu durante a defensa dunha iniciativa súa ao repeito que, ante a situación de “caos” que se pode chegar a producir porque as sucesivas reformas lexislativas incrementan o traballo nestes Xulgados sen que estes dispoñan de máis medios, é preciso tamén reflexionar para que a medio e longo prazo tamén se contemple a creazón de Unidades Especializadas en execución penal ou de servizos comúns adicados a tal fin.

O deputado nacionalista expuxo como dados reveladores da situación descrita e segundo as cifras que manexa o Poder Xudicial que, ao respeito de 2006, se produciu un incremento dun 2,6 por cento en asuntos para sentencia e dun 7 por cento para execución, o que provocou un pequeno repunte da pendencia.

Asemade, e de xeito exponencial, puxo o caso dos Xulgados Nº 1 e 2 de Ourense, onde a 4 de Xuño, constando xa as cifras por delitos de tráfico (que aínda non constan nas estatísticas da Dirección Xeral), o incremento no número de executorias é do 58 e o 61 por cento respeitivamente.

A entrada en vigor dos xuízos rápidos no 2002, a Lei de Violencia de Xénero no 2004 e actual reforma do Código Penal en materia de tráfico e seguranza viaria de 2007 supuxeron un maior número de dilixencias a instruir, resolver e, no seu caso executar, sen que isto vaia parello a un incremento de medios para o seu desenvolvemento, o que pode resultar incluso contraproducente.

Iago Tabarés afirmou asumir as reivindicacións da Plataforma Sindical Unitaria e estar a facerse eco das súas demandas de máis persoal e alongamento das xornadas, punto que foi rexeitado pola directora xeral de Xustiza, Begoña Santos, quen asegurou que non lles constaba a solicitude de funcionarios de reforzo.

A directora xeral recoñeceu que, ao respeito de 2004, mentres o volume de ingreso e de pendencia diminuiu non aconteceu o mesmo coas executorias, mais explicou que medidas como a concesión de persoal de reforzo ou prolongación de xornadas se adoptan na Comisión Mixta que, até o de agora, non obtivo ningunha solicitude sobre máis persoal.

No que se refire á prolongación de xornada, informou de que, efectivamente, houbera un total de 4 peticións das que xa se concederon 2 en Pontevedra e, a nivel xeral, non no que atinxe ao Penal, no último ano se pasou do 20 por cento de reforzo ao 70 por cento, “mais nós non somos quen de decidir unilateralmente a necesidade de postos de traballo e se non hai peticións non se poden conceder”, dixo.

CREACION DE XULGADOS PARA O PRESENTE ANO

No BOE de data 7 de xuño publícase a o Real Decreto polo que se crean os Xulgados correspondentes a programación do ano 2008, entre os que se atopan os correspondentes a Galicia, que son:

  • Os de Primeira Instancia 12 de a Coruña, 6 de Santiago, 6 de Ourense e 5 de Pontevedra.
  • Primeira Instancia e Instrucción de A Estrada.
  • Contencioso 2 de Lugo.

ver a publicaci'on no BOE