Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2014

NOMEAMENTO FUNCIONARIOS EN PRÁCTICAS - CORPO XESTIÓN - PROMOCIÓN INTERNA 2013

O Ministerio ven de publicar na súa páxina web a Orde de 14 de outubro de 2014 , pola que se nomean funcionarios en prácticas aos aspirantes aprobados nas probas selectivas do ano 2013 para ingreso a través da quenda de promoción interna ao Corpo de Xestión Procesual e Administrativa.

PUBLICADAS AS LISTAXES DO CONCURSO DE TRASLADOS

Tal e como vos adiantaramos o venres pasado, o Ministerio acaba de enviarnos os ficheiros cos destinos adxudicados definitivamente no concurso de traslados convocado pola Orde JUS/808/2014, de 29 de abril. Pode existir algunha omisión na selección de prazas de Galiza dado o formato do ficheiro enviado polo Ministerio, que non facilitou unha selección sencilla. Para calquera cuestión consultade cos nosos delgados. PRAZAS DE GALIZA

NOVOS AVISOS DE SUBSTITUCIONS E ADXUDICACIÓNS

Publicáronse na intranet o día 20/10/2014 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución así como a adxudicación das anteriormente publicadas. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se achegan abaixo. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 20, 21 e 22 DE OUTUBRO Novas prazas para substitución: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNQy1nandmVzFTbFk/view?usp=sharing Últimas adxudicacións: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNVUc0UXFtWEt3aVk/view?usp=sharing

DATA DE PUBLICACIÓN DA RESOLUCIÓN DEFINITIVA DO CONCURSO DE TRASLADOS

O Ministerio acaba de trasladarnos que o vindeiro luns, día 20 de outubro, nos dará traslado das listaxes definitivas do concurso de traslados convocado pola Orden JUS/808/2014, de 29 de abril. A publicación no BOE está prevista para o  martes, 4-11-2014 Datas de cesamentos: Tramitación: 11-11-2014.                                      Xestión e Auxilio: 17-11-2014

ORDES POLAS QUE SE PUBLICAN AS PRAZAS VACANTES PARA OS OPOSITORES DO CORPO DE XESTION-PROM.INTERNA 2013 E OS APROBADOS DEFINTIVOS DA QUENDA LIBRE

O Ministerio acaba de trasladarnos a Orde de 6-10-2014 pola que se  anuncian as prazas desertas para os opositores do Corpo de Xestión PA, quenda promoción interna, aprobados nos procesos selectivos convocados por Orde JUS/1959/2013, de 17 de outubro (BOE do 24-10-2013). Ditas prazas estarán colgadas na páxina web do Ministerio e serán expostas no Centro de Estudios Xurídicos, en cumprimento da Base 7.8 da convocatoria de ditas oposicións. Así mesmo tamén se publicou a Orde JUS/1864/2014, de 30 de setembro , pola que se publica a relación definitiva de aprobados do proceso selectivo para ingreso no Corpo de Xestión Procesual e Administrativa, quenda libre.

PRIMEIRA SENTENZA QUE RECOÑECE O 100% DA PAGA EXTRA NA CORUÑA

A CIG ven de obter a primeira sentenza na Coruña que recoñece o pagamento do 100% da paga extra e da paga adicional que nos foi hurtada no 2012 polos gobernos do PP do Sr. Rajoy e do Sr. Feijoo. Pouco a pouco imos conquerindo que a administración ceda ante a ilegalidade da medida adoptada no seu día, pero temos que seguir pelexando ata dar o golpe de graza, para o cal é necesario contar coa vosa forza a todos os niveis. Non esquezades que ainda faltan xulgados por pronunciarse (Compostela, Lugo, etc.) pero cada vez temos maís arrinconada a administración autonómica.

MESA SECTORIAL 2 DE OUTUBRO

         O pasado xoves tivo lugar unha mesa sectorial cunha orde do día que comprendía as RPTs das Fiscalías, o Decreto dos Servizos Comúns Procesuais Xerais e o   Calendario laboral 2015. Pero, como soe ser habitual, a Mesa non valeu para nada. Estivemos alí cinco horas e media, e non se avanzou en ningún dos puntos. Deixámosvos no enlace de abaixo o resume do acontecido.  Nota informativa mesa sectorial

CONVOCATORIA DA BOLSA DE PERSOAL INTERINO DO CORPO DE MÉDICOS FORENSES

Como xa vos adiantaramos, no DOG de hoxe, 9 de outubro, sae publicada a regulamentación da nova bolsa de persoal interino para o corpo de Médicos Forenses así como a convocatoria para a correspondente presentación de solicitudes. O prazo para facelo será de 15 días hábiles a partir do seguinte ao desta publicación, e dicir, ata o 27 de outubro. A solicitude de participación deberá cumprimentarse e validarse de xeito obrigatorio a través da OPAX , sen prexuizo de ter tamén que imprimir a mesma e presentala ou remitila a través do rexistro xeral correspondente ou por calquera das canles establecidas na lei de procedemento administrativo.

PUBLICACIÓN NOVA BOLSA DE MÉDICOS FORENSES

Este vindeiro xoves día 9 está prevista a publicación da nova regulamentación e convocatoria da bolsa de persoal interino do corpo de Médicos Forenses. A pesares das varias alegacións efectuadas pola CIG, tales como que cada partícipe puidera consultar "on line"  a súa instancia para poder comprobar que méritos dos alegados foron valorados e cales non (cousa que xa non se fixera na bolsa de persoal interino dos corpos xerais) a fin de poder reclamar con maior coñecemento de causa, a administración obviou ditas propostas e so admitiu aquelas que tiñan que ver coa redacción ou un estilo máis acaido dalgún dos artigos da norma. Tampouco tiveron en conta a alegación de permitir aos participes seleccionar por orde de preferencia, de mellor opción a peor opción, as provincias de prestación de servizos, cando a bolsa é de ámbito autonómico (non provincial como nos corpos xerais). En fin, que hai dou xeitos de facer as cousas, ben... ou como as fai a administración autonómica.  

NOVOS AVISOS DE SUBSTITUCIÓNS E ADXUDICACIÓNS

Publicáronse na intranet o día 07/10/2014 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución así como a adxudicación das anteriormente publicadas. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se achegan abaixo. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 7, 8 e 9 DE OUTUBRO Novas prazas para substitución: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNWkRKdTNWWXhiWGM/view?usp=sharing Últimas adxudicacións: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNLVhZOW1KWkI5UzA/view?usp=sharing

CUALIFICACIÓNS LINGUA AUTONOMICA - OPOSICIÓNS XESTIÓN - QUENDA LIBRE

A páxina do Ministerio de Xustiza reflicte o Acordo do de 29 de setembro de 2014, do Tribunal Cualificador Único polo que se fai pública a relación definitiva de aprobados coas cualificacións da lingua oficial autonómica, nas probas de acceso pola quenda libre ao corpo de XESTIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA (Orde JUS/1959/2013, de 17 de outubro, (BOE do 24 de outubro))

PROTESTA APERTURA ANO XUDICIAL

O pasado venres día 3 celebrouse o acto de apertura do ano xudicial na sede do TSXG na Coruña. Alí nos concentramos, unha vez máis, as delegadas e delegados da CIG, CCOO e UXT, xunto con outras compañeiras/os aos que agradecemos a súa asistencia, a fin de exteriorizar a situación que estamos a sufrir os traballadores da administración de xustiza. Entre uniformes militares pasou o Sr. Rueda como unha exhalación sen querer deterse a recoller unha carta que lle queriamos entregar e da que o seu equipo de seguridade xa tiña coñecemento. Aquí vos deixamos o contido desta. Carta dirixida ao Conselleiro Sr. Rueda.

PROTESTA POLAS PAGAS EXTRAS DIANTE DO CONSELLEIRO DE XUSTIZA

Delegadas/os da CIG esixiron este martes 30 de setembro, ante o Vicepresidente da Xunta e os medios de comunicación a devolución das pagas extras que a Xunta nos adebeda.  O Conselleiro só asistiu a inauguración dunhas xornadas na EGAP tituladas "A xustiza que vén" pero tivo que aguantar diante do Director Xeral de Xustiza a protesta dos delegados da CIG botándolle en cara os recortes salariais producidos na nosa administración. Nota informativa protesta EGAP pagas extra