Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2012

CONVOCATORIA CURSOS LINGUAXE XURIDICA - PERSOAL FORA GALIZA

A EGAP ven de comunicar a inminente convocatoria de cursos de linguaxe xurídica galega, niveis medio e superior, na categoria de teleformación, con un número de 30 prazas por curso, destinados a persoal ao servizo da Administración de Xustiza con destino fora de Galiza. Con toda seguridade a resolución de convocatoria sairá publicada no DOG do día 04/12/2012 e o prazo de presentación de instancias será dende as 8:00 horas do día 5 ata as 14:00 horas do día 17 de decembro.

FORMACIÓN PERSOAL DO CONCURSO

   Como xa se anticipou recentemente pola Dirección Xeral de Xustiza, este ano o persoal que cambie de posto de traballo como consecuencia do concurso de traslados vai ter un soporte formativo que facilite a súa incorporación ao novo posto. Esta formación tamén estará dispoñible para o persoal que se reincorpore ao seu posto de traballo despois dunha liberación sindical.    Esta acción formativa é o primeiro paso no proxecto que denominamos “Comunidades; Virtuais de Aprendizaxe” que, resumidamente, será un punto de encontro para a resolución de dúbidas, compartición e ampliación de coñecemento dos distintos profesionais da Administración de Xustiza de Galicia.     Integrada na intranet de Xustiza, permitirá a realización de actividades formativas de xeito remoto a través dos medios técnicos da Administración de Xustiza (equipamento de videoconferencia, acceso remoto ao posto dos usuarios, teléfono, etc) . Poderán haber reforzos presenciais, aínda que a utilización dos medios técn

PUBLICADAS LISTAXES DEFINITIVAS ACCION SOCIAL 2012

   O DOG (Diario Oficial de Galicia) publica hoxe unha resolución mediante a cal se aproban as listaxes definitivas   das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do programa III (discapacidades) do Fondo de Acción Social do ano 2012 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galiza. Os solicitantes recibirán unha comunicación persoal na que se lles informará do contido da resolución do seu caso, en aplicación da Lei Orgánica de Protección de Datos, por tratarse de información de carácter persoal.    Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpor un recurso de resposición ante a Dirección Xeral de Xustiza no prazo dun mes ou ben presentar unha impugnación ante o xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte da publicación desta resolución.

LEI 10/2012 DE TAXAS XUDICIAIS

Galiza, 22 de novembro de 2012. Hoxe é un día triste de máis para a cidadanía galega, pois acaba de entrar en vigor a lei de taxas xudiciais que vai provocar a renuncia dos cidadáns a entaboar accións xudiciais en reclamación de dereitos persoais e colectivos polo simple feito de non ter os cartos necesarios para pagar, por adiantado, as taxas xudiciais hoxe fixadas na lei 10/2012 . Este é un novo ataque á cidadanía (e por desgraza non será o último) orquestado polo Partido do Poder (en abreviatura PP) que mellorando o eslogan empregado polo presidente dos EEUU Sr. Obama “Yes We Can” (Nós Podemos) acaba de conseguir o de Nos Podemos...estar, aínda se cabe, máis fodidos. Estas taxas hoxe fixadas provocarán de feito unha renuncia por parte dos cidadáns a entaboar accións xudiciais de todo tipo en defensa dos seus intereses, polo mero feito de carecer dos cartos necesarios para afrontar o elevado custe das mesmas. O PP acaba de atacar a liña de flotación do estado de de

CRITERIO PARA MANTER AS SUBSTITUCIÓNS A PESARES DO CONCURSO DE TRASLADOS

   A administración autonómica ante a petición efectuada pola CIG acaba de indicarnos o novo criterio que fixará con respecto a aquelas compañeiras/os que estean en substitución e tiveran participado no concurso pero que a súa praza de substitución, polo motivo que sexa, non teña sido cuberta pola/o titular. Neste caso a administración permitirá ao substituto seguir na substitución pero deberá cumprir os seguintes requisitos: 1) Manifestar que desexa continuar na substitución (xa que podería interesarlle máis coller a praza do concurso). 2) Deberá cesar e tomar posesión ante a delegación correspondente do destino adxudicado no concurso. 3) De verse involucrado algún persoal interino o mesmo non decaerá pola toma de posesión dado que a mesma non é efectiva e polo tanto existe continuidade do nomeamento daquel.

OLLO COS PRAZOS POSESORIOS EN GALIZA NO CONCURSO DE TRASLADOS ¡URXENTE!

   Ollo cos cesamentos e cos prazos posesorios neste concurso de traslados porque a cousa cambiou desta vez. Aquí van unhas pequenas recomendacións: 1) Os cesamentos e tomas de posesión deberán realizarse ante as delegacións de xustiza da Xunta de Galiza e non no órgano xudicial. Deberán realizarse as posesións preferentemente antes das 11:30 horas para poder xestionar así, no seu caso, os cesamentos que correspondan. Na INTRANET publicaranse as INSTRUCIÓNS pertinentes a este respecto. 2) Procurarase polas delegacións que na data de posesión se asine tamén o cesamento (se coinciden ambos na mesma provincia) aínda que este se teña producido con anterioridade, para así evitar facer ir dúas veces as traballadoras/es as delegacións (unha para cesar e outra para tomar posesión). 3) Aos reingresados aconsellámoslles que tomen posesión o mesmo día 21 que é cando se publica o concurso no BOE e ademais que soliciten anticipadamente ese día de permiso como establecen as bases, para así no

NOVO CALENDARIO LABORAL 2012

   O DOG do 16 de novembro recolle a publicación do novo calendario laboral da administración de xustiza para este ano 2012.    Segundo publicou o 19 de novembro a Dirección Xeral na intranet de xustiza, o cómputo reflectido no calendario laboral aprobado será efectivo a partir do 1 DE DECEMBRO DE 2012 .     Así mesmo se informou que, segundo o acordado en Mesa Sectorial, non se considerará  incumprimento do horario, ata un máximo de 30 minutos diarios sobre a totalidade da xornada en cómputo semanal, sempre que o dito período de tempo non afecte ao horario de obrigada presenza.

REINCORPORACION LIBERADOS SINDICAIS CIG

Galiza, 16 de novembro de 2012. A través desta nota informativa quixeramos facervos chegar a todas/os traballadoras/es da administración de xustiza a decisión que se adoptou neste sector da CIG, ante o que consideramos un ataque frontal e sen precedentes á negociación colectiva dentro das administracións públicas. Dende a publicación o pasado 14 de xullo do Decreto-Lei 20/2012, a Mesa Xeral de Función pública de Galiza tivo non menos de 7 xuntanzas a fin de abordar, dar solución e regulamentar as novas condicións dos pactos de dereitos sindicais que posibilitarían a negociación nas distintas mesas existentes. Dado que estas reunións foron totalmente infructuosas (ata a 6ª xuntanza non houbo tan sequera proposta por escrito), amosando a administración unha prepotencia e despreocupación absoluta á cuestión que se negociaba, finalmente e, tras dúas prórrogas do prazo de reincorporación, fixou como data tope a do 16 DE NOVEMBRO pechándose a negociación o 20 dese mesmo mes.

AMPLIACIÓN DA FICHAXE A TRAVES DO PC A TODA COMPOSTELA

   A partir do 1 de decembro , TODOS OS ÓRGANOS DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA, terán habilitado o sistema de fichaxe e control horario coa tarxeta corporativa no PC do posto de traballo, completando así o inicio do programa no Xulgado de Primeira Instancia Núm. 3 e nos xulgados do social. Por dito motivo o anterior sistema de fichaxe nas máquinas existentes nos edificios xudiciais quedará deshabilitado a partir da dita data sendo a fichaxe no PC do posto de traballo a única válida a efectos do control do cumprimento do horario.    Na intranet de Xustiza atópase a disposición dos usuarios unha guía de uso e preguntas frecuentes para resolver as posibles dúbidas que xurdan na utilización do novo sistema de fichaxe.

PUBLICACIÓN BOE CONCURSO DE TRASLADOS E DATAS ORDINARIAS DE CESAMENTO ¡Novo!

   O Ministerio de Xustiza confirmou a publicación definitiva no BOE do concurso de traslados para o vindeiro 21 de novembro de 2012 .    Sen prexuízo dos casos especiais, segundo a ORDE / RESOLUCIÓN remitida polo Ministerio e a Xunta de Galiza, os cesamentos deberán producirse o 26 DE NOVEMBRO para o corpo de Tramitación e o 3 DE DECEMBRO para os corpos de Xestión e Auxilio.

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS - TRAMITACION LIBRE - OP2011

   O Ministerio acaba de darnos traslado das prazas adxudicadas no seu territorio, dos opositores que superaron as probas selectivas para acceso ao corpo de Tramitación Procesual da quenda libre dos procesos convocados no ano 2011.     A data prevista de publicación no BOE será o vindeiro 28 de novembro de 2012. Adxudicación de destinos Península e Baleares

ACLARACIÓN SOBRE O NOVO CONTROL HORARIO

   En relación co novo sistema de control horario KRONOS que se está a implantar nos xulgados dende o pasado día 1 de novembro, a Dirección Xeral de Xustiza informa que, ate que se comunique o inicio da fichaxe coa tarxeta corporativa no pc do posto de traballo nos distintos órganos da Administración de Xustiza en Galicia, débese fichar unicamente coa tarxeta antiga, nos puntos de fichaxe situados nos distintos edificios xudiciais. Ata o de agora os únicos órganos nos que se debe fichar coa tarxeta corporativa e o sistema Kronos son o Xulgado de 1ª instancia nº 3 e Xulgados do Social de Santiago de Compostela.