Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: July, 2012

LISTAXES PROVISIONAIS CONCURSO TRASLADO - 2012

O Ministerio acaba de trasladarnos os ficheiros coas adxudicacións realizadas de xeito provisional no concurso de traslados convocado por Orden JUS/1084/2012, de 30 de abril. O prazo de alegacións remata o vindeiro 15 de setembro e as mesmas deberán ser dirixidas principalmente ao Ministerio de Xustiza - Despacho 220 Concursos - Fax 913904295 - 913902394 - 913904279 - 913904250 e 913902076. A publicación no BOE da Orde farase o día 2 de agosto de 2012. É moi importante que comprobedes a exactitude entre os datos da instancia presentada e os da instancia gravada informaticamente, pois pode terse producido algún erro de transcrición.

ADXUDICACIONS DEFINITIVAS PI TRAMITACIÓN - OP2011

O Ministerio trasladounos a listaxe de adxudicacións definitivas das prazas do seu territorio para a quenda de promoción interna da OP2011 que sairá publicada no BOE o vindeiro 31-7-2012.
Adxudicación definitiva PI TRAMITACION - OP2011

POSIBLES RECURSOS AO RDL 20/2012

Ante as peticións dos compañeiros sobre posibles recursos contra o RDL 20/2012 (retirada da extra en decembro) indicar que contra dita norma, que ten rango de lei, non se pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, polo que dito recurso so cabe contra os actos de aplicación, é dicir, no noso caso, unha vez teñamos no noso poder a primeira nómina, onde se podería recorrer o feito de porque a nós se nos prorratea un desconto da paga extraordinaria, porque se pode facer en agosto-setembro cando a extra de decembro computa dende xuño tendo unha aparencia de efecto retroactivo, porque se nos discrimina con respecto ao resto de funcionarios obrigándonos a pagar por adiantado dende agosto o que o resto de compañeiros funcionarios farán en decembro, etc.. Estes e outros poden ser os motivos de recurso contra a aplicación do RDL nas nosas nóminas, pero para iso hai que ter as nóminas no noso poder, xa que calquera outra petición e como facer un brinde ao sol. Unha vez…

CONCENTRACIONS EN XUSTIZA 19-07-2012

Vigo Pontevedra  A Coruña A Coruña

CONCURSO SECRETARIOS XUDICIAIS

No BOE do 20 de xullo sae publicada a Orde JUS/1607/2012, de 10 de xullo, pola que se convoca concurso de traslado para a provisión de prazas para o Corpo de Secretarios Xudiciais.

CADA VEZ MÁIS PRETO DUNHA "DITADURA"

Os medios de comunicación calados e atados de pes e mans, recorte das liberdades sindicais, lexislación cada venres mediante decreto-lei, etc. isto, e máis, é o que nos está a deparar o goberno de maioría absoluta do PP de Mariano Rajoy. Se isto non é unha "ditadura" non sabemos moi ben que outra cousa pode ser, xa que en tempos de Franco tamén se lexislaba mediante Decreto.    Os traballadores de todas as clases témonos que unir ante estas agresións (se non hai unión dos traballadores e as súas familias non hai nada) e, contraatacar tanto contra os que ostentan o poder público como contra as grandes multinacionais que están a especular cos seus beneficios coa débeda de España. Témonos que reivindicar como traballadores e sair a rúa para que a sociedade sexa consciente que o goberno actual carece de lexitimidade para seguir gobernando, posto que está a facer todo o contrario ao que prometeu no seu programa electoral.    Contraataquemos con campañas contra Zara, Mercadona…

DESCONTOS POR BAIXAS DE ENFERMIDADE DO PERSOAL INTERINO

A Dirección Xeral de Xustiza ven de confirmarnos que o persoal interino de xustiza non se verá afectado polas deduccións que se poideran producir como consecuencia dunha baixa por enfermidade ao aplicarse o criterio de que dito persoal está, igual que o persoal titular, sometido ao disposto na LOPX e, polo tanto, teñen dereito ao 100% das súas retribucións dende o primeiro día de baixa.

ADXUDICACIÓNS E OFERTA DE PRAZAS AUXILIO E TRAMITACIÓN (PI) - OP2011

O Ministerio acaba de trasladarnos a listaxe de adxudicación de destinos no corpo de Auxilio Xudicial da OP2011 no territorio non transferido. Segue mantendo como data de publicación oficial no BOE dos nomeamentos e das adxudicacións a do 19 de xullo próximo.

   Tamén nos trasladou a prazas desertas que lles van ser ofertadas dentro do territorio non transferido aos opositores do corpo de Tramitación da quenda de promoción interna da OP2011.
Prazas ofertadas Tramitación PI (Ministerio)

PUBLICACIÓN CONVOCATORIA ACCIÓN SOCIAL 2012

Finalmente, hoxe día 4 de xullo, saiu publicada no DOG a Resolución do 8 de xuño de 2012 pola que se convocan as axudas de acción social para este ano 2012. Lembrade que este ano só haberá axudas para o programa de discapacidades e os solicitantes das mesmas deberán ter baixo a súa dependencia directa e legal e vivindo ás súas expensas, cónxuxe, fillos, tutelados por sentenza xudicial firme ou irmáns con discapacidade física ou psíquica superior ao 33%.
   O prazo de presentación de instancias finaliza o 31 DE XULLO DE 2012

Solicitudes polo portal do empregado público