Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: October, 2018

OS MANSOS NON ESCARMENTAN!!! - 2ª FASE PLAN DE ACTUACIÓN

O PERMISO PARENTAL NON COTABILIZA A EFECTO DE TEMPO TRABALLADO PARA O GOCE DAS VACACIÓNS

A recente sentenza do 4 de outubro pasado, dictada polo TXEU, declarou conforme co Dereito da Unión unha disposición nacional que, co fin de determinar a duración das vacacións anuais retribuidas garantidas a un traballador, exclúe do mesmo a duración do permiso parental disfrutado por ese traballador. En defintiva, a sentenza establece que para o cómputo do tempo traballado a  efecto de goce das vacacións non se pode ter en conta o tempo do permiso de paternidade. Non obstante, o Tribunal de Xustiza precisa que, en determinadas situacións concretas nas que o traballador non pode cumprir os seus cometidos, debido, en particular, a unha ausencia por enfermidade debidamente xustificada ou a un permiso de maternidade, os Estados membros, nestes casos, non poden supeditar o dereito a vacacións anuais retribuidas ao requisito de ter trabajallado efectivamente.
Ligazón nota de prensa: https://drive.google.com/file/d/1746mdy2INTbB8O8z9Fr_0EzGApsnb8Hr/view?usp=sharing
Ligazón sentenza: http://cur…

ACCIÓN SOCIAL 2018 - SOLICITUDES ADMITIDAS

Na convocatoria de acción social do 10/10/2018 a DXX informa de que das 100 solicitudes que se presentaron: 95 son sinxelas e 5 son dobres. Das solicitudes presentadas 10 tiveron que ser subsandas no prazo legal outorgado para a súa corrección e houbo 4 solicitudes excluídas (3 por quedar en borrador, que se terían por non presentadas e unha por carecer de sinatura). Próximamente a DXX informará aos solicitantes (posiblemente a vindeira semana). Prevese, que o ano que ven a presentación das solicitudes se faga de xeito exclusivo por vía telemática (a través da sede electrónica), polo que haberá que extremar as precaucións para confirmar e enviar correctamente a instancia.

EXENCIÓN NO IRPF DA PRESTACIÓN POR MATERNIDADE

O pasado 3 de outubro, o Tribunal Supremo ditou unha sentenza no recurso de casación 4483/2017, fixando como doutrina legal a seguinte: "Tercero.- La interpretación sistemática. Real Decreto Legislativo 8/2015, de 30 de octubre, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley General de la Seguridad Social. La prestación por maternidad es el subsidio que gestiona la Seguridad Social que trata de compensar la pérdida de ingresos del trabajador a consecuencia del permiso de descanso por el nacimiento de un hijo, adopción, tutela o acogimiento, y durante ese periodo el contrato de trabajo queda en suspenso interrumpiéndose la actividad laboral; y a tenor del artículo 177 de dicha norma, se consideran situaciones protegidas la maternidad, la adopción, la guarda con fines de adopción y el acogimiento familiar, de conformidad con el Código Civil o las leyes civiles de las comunidades autónomas que lo regulen. En consecuencia, la prestación por maternidad puede incardinarse en el sup…

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na INTRANET o día 08/10/2018 o aviso de prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o quetaménpoderedes comprobar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de solicitudes será o 9,10e 11 de outubro. A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar, debidamente asinado, por calquera un dos seguintes medios: Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta.gal
Fax: 981546222
Ligazónprazas en substitución: https://drive.google.com/file/d/1XzS5jYuRf9-i3YiRpDJmm_Tl6IYFQcEV/view?usp=sharing

Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

XUNTANZA COMISIÓN DE SAÚDE LABORAL

No día de onte, 4 de outubro, celebrouse en Santiago de Compostela, coa Dirección Xeral de Xustiza unha xuntanza da comisión de saúde laboral. Deixámosvos no enlace a nota informativa sobre o acaecido en dita xuntanza.
https://drive.google.com/file/d/1ftn3iOy9l_h4qk4r8Q7XRSu9uo0jgo6D/view?usp=sharing

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

O  5 de outubro saíu a resolución coas adxudicacións das últimas prazas publicadas o pasado28 de setembro, para a súa cobertura mediante substitución entre titulares. A información está dispoñible na intranet xudicialou na seguinte ligazón:

https://drive.google.com/file/d/18OU_Arfj5KCJ50OaSOI8VtiCL3Ct3mcu/view?usp=sharing

OFERTA DE PRAZAS OPOSICIÓNS - CORPO TRAMITACIÓN - QUENDA LIBRE - OEP2016

Comunicase que xa se atopa colgada na páxina web do Ministerio a Orde pola que se ofertan as prazas as/os aspirantes a ingreso no  Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza, quenda libre, nas oposicións convocadas por Orde JUS/166/2017, de 24 de novembro. A data de publicación prevista no BOE e a do 18-10-2018. No presente mes de outubro resolverase tamén a adxudicación de destinos de Xestión, promoción interna e tamen a de Tramitación, promoción interna. 
Ligazón Orde e oferta de prazas:

http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/concursos-traslados/tramitacion-procesal1




NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na INTRANET o día 28/09/2018 o aviso de prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o quetaménpoderedes comprobar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de solicitudes será o 1, 2  e 3 de outubro. A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar, debidamente asinado, por calquera un dos seguintes medios:
Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta.gal
Fax: 981546222
Ligazónprazas en substitución: https://drive.google.com/file/d/1J5yQa4IJ8XAt47KhG5f9X9DGq5S5Rpks/view?usp=sharing

Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing