Esta fin de semana, concretamente o pasado sábado 20 de xaneiro, levouse a cabo a VII Asemblea Nacional do Sector de Xustiza, na que se deu conta das actuacións do sector nestes últimos anos e se analizaron as actuacions futuras, tanto a curto como a longo prazo, tendo en conta o escenario de confrontación e de perda de dereitos debidos á mala xestión da Xunta de Galiza e as vindeiras eleccións sindicais do ano 2019. Nesta VII Asemblea de Xustiza saiu reelexido, como Secretario Nacional do Sector, Xesus H. Sánchez Costa (Tuto) e como membros da nova Dirección Nacional, Oscar Freixedo Beltrán, Eva Rodríguez Vicente, Delmiro Durán Garrido, Chelo Rodríguez Rodríguez, Xosé Barreiro Pérez, Antonio Ayaso Reiriz e Maria Carmen Bergantiños Vázquez. O novo secretario nacional debullou polo miudo, nun informe que foi aprobado por unanimindade, as actuacións apoiadas polo sector, tanto ante a Xunta de Galiza como ante o Ministerio de Xustiza, salientando as grandes dificultades habidas no