Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: March, 2017

PROXIMA PUBLICACION CONVOCATORIA ACCIÓN SOCIAL

O vindeiro día 05.04.2017, sae publicada no DOG a Resolución do 13 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do fondo de acción social do ano 2017 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

REVISIÓN DE NÓMINAS DOS XESTORES E TRAMITADORES

Dado que a nova Lei de Orzamentos de Galiza 1/2017, de 8 de febreiro, acorda que non se proceda xa á retención do CAT neste ano 2017 e, a fin de aclarar as nóminas recibidas, cabe indicar que aos Auxilios, no CAT, non se lles facía retención ningunha cada mes, pero si se retiña a totalidade do CAT dos meses de xuño e decembro, polo tanto, os Auxilios, ata xuño e decembro non verán os efectos do acordado na citada lei de orzamentos, posto que nada se lles retiña cada mes. En canto aos Xestores e Tramitadores, debería de aparecer o pagamento dos atrasos correspondentes á pequena retención mensual que sí se lles viña facendo no CAT. Polo tanto, as traballadoras/es dos corpos de Xestión e Tramitación deberán de ver reflectido nas súas nóminas os atrasos de xaneiro e febreiro (para redondear aproximadamente uns 36€ e 18€ en total, respectivamente) e, ademaís, debería de aparecer actualizado o  CAT no seu importe ordinario de 431,47€ (salvo en determinados servizos como o SCAC, Violencia, S…

NOMEAMENTO E ADXUDICACIÓN DE DESTINOS DOS NOVOS FUNCIONARIOS DE XUSTIZA - QUENDA LIBRE - XESTÍON, TRAMITACIÓN E AUXILIO - OEP2015

Como xa vos anticiparamos, no día de hoxe, publícanse no BOE as respectivas Ordes de nomeamento e de adxudicación de destinos dos opositores da quenda libre que superaron os exercicios de acceso aos corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio, das oposicións convocadas na OEP2015.
Ligazón nomeamento Xestores: https://www.boe.es/boe/dias/2017/03/31/pdfs/BOE-A-2017-3484.pdf Ligazón nomeamento Tramitadores: https://www.boe.es/boe/dias/2017/03/31/pdfs/BOE-A-2017-3486.pdf Ligazón nomeamento Auxilios: https://www.boe.es/boe/dias/2017/03/31/pdfs/BOE-A-2017-3488.pdf

XUNTANZA DO REXISTRO CIVIL - IMOS CARA OUTRA "VACATIO LEGIS"

Esta é a terceira reunión na que se aborda a modificación da Lei 20/11 do RC (a segunda presidida por Catalá). Foi convocada trala alerta desatada coa remisión do borrador da reforma, que lonxe de garantir a permanencia dos RC en todos os Concellos, como o Ministro e o Director xeral nos manifestaran verbalmente, permite que cunha soa oficina xeral se atenda a toda Galiza.

Nesta reunión, na que estamos presentes os sindicatos máis representativos CIG, ELA, CCOO e UGT e as corporativistas STAJ e CSIF, o Ministro afirmou que é consciente de que este asunto está xerando polémica, e de aí que a razón de manter esta reunión sexa dar tranquilidade ao funcionariado, deixando claro que o RC ten que seguir sendo público e gratuito, cercano ao cidadán, mantendo a estructura e a planta actual. Chama a atención que o discurso do Ministro concorde maioritariamente coas nosas pretensións, pero non se parece en nada ao que contén o borrador da reforma da lei. A dita reforma debe aprobarse antes de xu…

A CIG NON ASINARÁ O ACORDO SOBRE EMPREGO PÚBLICO

A CIG-Área Pública non asinará hoxe o acordo sobre emprego público na Mesa Xeral das Administracións Públicas. Alén de discrepar do seu contido, considera inadmisíbel que se escenifique a súa sinatura cunha foto con Montoro que está prevista para hoxe mesmo ás 13:00 horas, case catro horas antes de que se reúna a Mesa Xeral de Negociación, o que deixa as claras o caracter negociador deste goberno do PP-PSOE-Ciudadanos. 
Ligazón nova:   http://www.cig.gal/nova/a-cig-area-publica-non-asinara-mana-o-acordo-sobre-emprego-publico-na-mesa-xeral-das-administracions-publicas.html

NOVAS PRAZAS A SUBSTITUCIÓN

Publicouse na intranet xudicial o día 29/03/2017 o aviso de prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o quetaménpoderedes comprobar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de solicitudes será o 30, 31 de marzo e 3 de abril. A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar por calquera dos seguintes medios: Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta.gal
Fax: 981546222
Ligazónprazas en substitución: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNSk9lOEhteldEWjA/view?usp=sharing

Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

LETRADOS ADMÓN. DE XUSTIZA - QUENDA PROMOCIÓN INTERNA - OP2015 - RECTIFICACIÓN VALORACIÓN MÉRITOS

NOVAS PRAZAS A SUBSTITUCIÓN

Publicouse na intranet xudicial o día 27/03/2017 o aviso de prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o quetaménpoderedes comprobar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de solicitudes será o 28, 29 e 30de marzo. A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar por calquera dos seguintes medios: Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta.gal
Fax: 981546222
Ligazónprazas en substitución: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNNnczWDhFVktCNWs/view?usp=sharing

Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

PRORROGA CONVENIO MUXEXU PARA PRESTACIÓN DE SERVIZOS SANITARIOS NO RURAL

No BOE do 24 de marzo saíu a Resolución de 15 de marzo de 2017, da Subsecretaría, pola que se  da publicidade ao Acordo de modificación, prórroga e actualización para o ano 2017 do Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saude, a Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado, o  Instituto Social das Forzas Armadas e a Mutualidade Xeral Xudicial, para a prestación en zonas rurais de determinados servizos sanitarios aos mutualistas e demais beneficiarios adscritos a entidades de seguro de asistencia sanitaria concertada con ditas mutualidades.

PERDER O REXISTRO CIVIL NAS VILAS PEQUENAS PROVOCARÁ CIDADÁNS DE PRIMEIRA E DE SEGUNDA CLASE

O Sector de Xustiza da CIG inicia os seus contactos cos partidos pólitcos e, este pasado xoves, 23 de marzo, o fixo con EnMarea en Lugo, onde se lle transmitiu ao portavoz parlamentario, Luis Villares, as inquedanzas sobre a última reforma prantexada polo Ministerio de Xustiza da Lei 20/2011, na que se atisba unha supresión de todos os órganos encargados de levar o Rexistro Civil, puidendo chegar a concretarse dita reforma en que exista un único órgano para toda Galiza; algo inasumible para esta central sindical.
Ligazón escrito CIG-XUSTIZA: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNOWZvRi1oZ1BNMDg/view?usp=sharing
Ligazón La Voz de Galicia: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/lugo/2017/03/23/marea-dice-reforma-registro-civil-convertira-ciudadanos-segunda-residentes-zona-rural/00031490271958434817628.htm
Ligazón Diario de Pontevedra: http://diariodepontevedra.galiciae.com/noticia/679453/en-marea-considera-inaceptable-la-reforma-de-los-registros-civiles

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na INTRANET, con data de 23/03/2017, a resolución coas adxudicacións da última publicación de prazas ofertadas para a súa cobertura en substitución entre persoal titular ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.
Ligazón adxudicacións:
https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMWZKd3lzejVnTlE/view?usp=sharing

NOMEAMENTO DE LETRADOS ADMÓN. DE XUSTIZA - OP2014

No BOE de hoxe sae publicada a Orde JUS/256/2017, de 17 de marzo, pola que se nomean Letrados da Administración de Xustiza da terceira categoría, quenda libre, aos aspirantes que superaron o proceso seletivo convocado pola Orde JUS/1615/2014, de 4 de setembro
En Galiza as prazas cubertas serían:

A CORUÑA:
Mixto Ordes nº 1
Mixto Corcubión nº 1

LUGO:
Mixto Monforte de Lemos nº 2

OURENSE:
Mixto Celanova

PONTEVEDRA:
Mixto A Estrada nº 2
Mixto Cambados nº 1
Mixto Cambados nº 3
Mixto Cambados nº 4
Mixto Caldas de Reis nº 1
Mixto Caldas de Reis nº 2
Mixto Vilagarcía de Arousa nº 1
Mixto Vilagarcía de Arousa nº 2
Mixto Ponteareas nº 1
Mixto Ponteareas nº 2


Outra vez máis temos que achacar á Virxe de Fátima que a vila de Lalín quede outra vez máis sen cubrir. Ao parecer o Vaticano vai mandar unha comisión de estudo para analizar este fenómeno miragreiro.


PAPEL CERO SI - PAPEL CERO NON

Poderíase facer unha canción infantil con este estribillo, da cantidade de veces que os politicos, tanto de ámbito estatal como de ámbito autonómico, teñen repetido esta expresión do papel CERO na Administración de Xustiza que, de tanto repetilo, vai camiño de converterse nun mantra. Perplexos estamos como, no mesmo día, no periódico da "Voz de Galicia", saen publicadas dúas noticias totalmente contradictorias a unha da outra.A primeira indica que se imprime na Administración de Xustiza (supoñemos que en Vigo) a cantidade de 1.000.000 de folios ao mes e, pola outra banda, hai un único xulgado desta cidade (e mesmo en toda a Comunidade Autónoma)  que consegue aforrar a impresión de 1000 folios ao día. Máis aló das cifras, o máis salientable e triste das noticias e que a día de hoxe non está implementado o expediente dixital nin o papel cero (e tampouco se lle espera). Resulta, cando menos curioso, que o xulgado pioneiro e que foi quen de ir aforrando 1000 folios ao día intenta…

NOTA SOBRE AS TOMAS DE POSESIÓN DOS OPOSITORES APROBADOS DA QUENDA LIBRE - OP2015

Na páxina web do Ministerio publicouse a seguinte nota en relación coas tomas de posesion dos opositores aprobados para acceso, pola quenda libre, aos distitntos corpos xerais da Administracion de Xustiza:
"En relación ás Ordes de datas 8, 9 e 10 de marzo de 2017 (BOE previsto 31 de marzo) correspondentes aos Corpos de Xestión PA, Tramitación PA e Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza, respectivamente, polas que se van a adxudicar destinos aos funcionarios de ditos corpos que superaron, pola quenda libre, as oposicións da OEP 2015, comunícase que, no caso de que un funcionario teña aprobadas varias oposicións das indicadas anteriormente, á hora da solicitude da EXCEDENCIA VOLUNTARIA, o criterio do Ministerio de Xustiza é que non será necesario o desprazamento persoal para tomar posesión e cesar no mesmo acto, no puesto de traballo adxudicado onde se teña a intención de solicitar a excedencia, se non que bastará con que a/o interesada/o, dentro do prazo de toma de po…

A CALADA POR RESPOSTA NO TRASLADO DAS TRABALLADORAS/ES Á FÁBRICA DE TABACOS NA CORUÑA

Ante a “presunta” inminencia do traslado de dependencias xudiciais ao edificio da Fábrica de Tabacos, a Xunta de Persoal da Administración de Xustiza da Coruña DENUNCIA:
- Que a pesar de reiteradas peticións, a Administración non permite nin a este órgano nin aos sindicatos a visita ao edificio para comprobar o seu estado; tampouco os membros do Comité de Seguridade e Saúde Laboral inspeccionaron as instalacións. Isto non só supón un  “ninguneo” ao persoal  que vai prestar alí os seus servizos senón que oculta á cidadanía a situación das dependencias nas que , entre outros,  se van atender a menores e das que non nos consta que garantan a súa privacidade.
- Que non temos información, nin oficial nin oficiosa, de cando nin como se vai producir o traslado dos órganos. Iso provoca que se estea a citar a xente para acudir ás actuais dependencias xudiciais nos vindeiros meses sen ter a seguridade de que nesa data sigan estando na mesma localización. Lembremos que o traslado non só afecta aos…

OFERTA DE NOVAS PRAZAS A SUBSTITUCIÓN

Publicouse na intranet xudicial o día 16/03/2017 o aviso de prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o quetaménpoderedes comprobar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de solicitudes será o 17, 20 e 21de marzo. A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar por calquera dos seguintes medios: Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta.gal
Fax: 981546222
Ligazónprazas en substitución: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNYUNZNUhzVGlWNTg/view?usp=sharing

Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

CONVOCATORIA CURSOS EGAP PERSOAL ADMÓN. DE XUSTIZA

No DOG de hoxe sae publicada a Resolución do 8 de marzo de 2017 pola que se convocan as actividades formativas da EGAP para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e dicir, ata o 26 de marzo. As solicitudes de participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo http://egap.xunta.gal/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.


CONCURSO DE TRASLADOS LETRADOS ADMÓN. DE XUSTIZA

No BOE de hoxe sae publicada a Orde JUS/228/2017, de 10 de marzo, pola que se resolve o concurso de traslados para a provisión de prazas do Corpo de Letrados da Administración de Xustiza, convocado por Orde JUS/112/2017, de 31 de xaneiro.

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na INTRANET, con data de 14/03/2017, a resolución coas adxudicacións da última publicación de prazas ofertadas para a súa cobertura en substitución entre persoal titular ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.
Ligazón adxudicacións:
https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNSUlKWFJqWnk3OVE/view?usp=sharing

ADXUDICACIÓN DESTINOS OPOSICIÓNS DE ACCESO AOS CORPOS DE XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO - QUENDA LIBRE - OP2015

O Ministerio acaba de informarnos que no BOE do 31-03-2017 sairán publicados os nomeamentos e adxudicación de destinos dos opositores que aprobaron a quenda libre de acceso aos corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio das oposicións convocadas no ano 2015.
Ligazón Xestión Libre: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/concursos-traslados/gestion-plazas-oposicion-20151 Ligazón Tramitación Libre: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/concursos-traslados/tramitacion-plazas-oposicion1

Ligazón Auxilio Libre: 
http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/concursos-traslados/auxilio-judicial-plazas1

INFORMACIÓN SOBRE PENSIÓNS 2017

A CIG ven de editar un folleto completo con  toda a información relativa a percepción das pensións de dereitos pasivos que atinxen á maioría do persoal funcionario da Administración de Xustiza. Tamén o poderedes consutar facendo clic no enlace permanente localizado na dereita da páxina web.
Ligazón folleto informativo pensións: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNd05NR3BlV29JTFk/view?usp=sharing

CURSOS PREPARATORIOS CELGA

No DOG do 8 de marzo saíu publicada a Resolución do 28 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 (ED104B).
Ligazón: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170308/AnuncioG0164-010317-0002_gl.pdf

APROBADOS PROMOCIÓN INTERNA - LETRADOS ADMÓN. DE XUSTIZA - OP2015

No BOE publicase hoxe a Orde JUS/201/2017, de 1 de marzo, pola que se fai pública a relación de aprobados da quenda de promoción interna dos procesos selectivos para acceso ao corpo de LETRADOS DA ADMINISTRACION DE XUSTIZA covocadas pola Orde JUS/2890/2015, de 23 de decembro. 
Ligazón: http://www.boe.es/boe/dias/2017/03/10/pdfs/BOE-A-2017-2569.pdf

TRASLADO DO PERSOAL AO NOVO EDIFICIO DA FÁBRICA DE TABACOS - A CORUÑA

Ante a total opacidade da Administración sobre a situación das instalacións e o traslado de órganos xudiciais á Fábrica de Tabacos de A Coruña, a CIG reitera a solicitude de información sobre o estado  das mesmas así como unha visita á nova sede xudicial. De seguir facendo caso omiso ás nosas peticións, a CIG advirte de que se se observaran  eivas no estado das instalacións, oporase ao traslado ás mesmas do persoal de Xustiza.

NOVAS PRAZAS A SUBSTITUCIÓN

Publicouse na intranet xudicial o día 03/03/2017 o aviso de prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o quetaménpoderedes comprobar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de solicitudes será o 6, 7 e 8de marzo. A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar por calquera dos seguintes medios: Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta.gal
Fax: 981546222
Ligazónprazas en substitución: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNekUtQTQ5dV9uamM/view?usp=sharing

Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

SENTENZA FAVORABLE POLO EXCESO DE HORARIO COMPUTADO POR REALIZACIÓN DE GARDAS

A CIG ven de gañar en Pontevedra, coa imposicón de 400€ de custas á Xunta de Galicia, unha sentenza na que se recoñece o dereito dun traballador da Admón. de Xustiza a poder compensar no mes seguinte ou cun día de permiso as horas feitas de máis de xeito forzoso que superaran o cómputo mensual, por exemplo, durante unha garda a final de mes. Ante a posición ruin da adminsitración autonómica de negarlle a un traballador o feito de poder compensar no horario flexible do mes seguinte as horas traballadas en exceso nun mes determinado, debido a ter que realizar actuacións obrigatorias por necesidades do servizo (neste caso do servizo de garda) saiulle a cuestión un pouco cara á administración, pois vai ter que abonar 400€ de todos os galegos e ademais vai ter que darlle un día máis de permiso ao traballador. A CIG polo tanto segue a defender os dereitos das/os traballadores da Adminsitación de Xustiza ata as últimas consecuencias e que, por desgracia, sempre acaban nos tribunais do contenc…

AMPLIACIÓN DAS LISTAXES DE APROBADOS DEFINITIVOS DO CORPO DE AUXILIO - OP2015

Na páxina web do Ministerio de Xustiza inseriuse a Orde de 1 de marzo, por la que se publican as relacións complementarias de aprobados para ingreso no Corpo de Auxilio Judicial, convocadas no ano 2015 pola Orde JUS/2681/2015, de 1 de decembro (BOE de 15 de decembro).
Ligazón Orde: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNVlNzRE9qRjhYMTA/view?usp=sharing