O Diario Oficial de Galicia, na súa edición do 15 de abril de 2016, publicou a Resolución da Escola Galega de Administración Pública, do 8 de abril de 2016, pola que se convocan, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, cinco cursos de nivel medio de linguaxe administrativa galega (EQUIVALENTE Á LINGUAXE XURÍDICA GALEGA) para persoal ao servizo de distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galicia . As solicitudes deberán realizarse a través do formulario de matrícula telemática do web da EGAP ,no prazo de 10 días naturais a partir do seguinte ao da publicación da resolución no DOG, é dicir, ata o 25 DE ABRIL DE 2016 . As dúbidas, as dificultades técnicas e mais as solicitudes de información serán atendidas pola EGAP a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54, 981 54 63 35 ou no enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.es