Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: January, 2013

CAMPAÑA DE REVISIÓNS MEDICAS 2013

No DOG de hoxe saíu publicada a Resolución pola que  anuncia a campaña de revisións médicas para o persoal da Xunta de Galiza.  O período de inscrición comezará a partir do 1 de febreiro ata o 28 de febreiro. A inscrición previa realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento que está dispoñible na páxina web da Xunta de Galicia (Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza-Servizo de Prevención de Riscos Laborais): webriscos.xunta.es

OFERTA DE PRAZAS E ADXUDICACIÓN SUBSTITUCIÓNS

Publicáronse onte as adxudicacións das ultimas prazas ofertadas para a súa cobertura en substitución entre titulares así como os avisos de desocupación de novas prazas. Podedes consultar a información no noso BLOG ou na INTRANET DA XUNTA no apartado de actualidade dentro das substitucións entre titulares, en recursos humanos, onde tamén se pode ver o histórico de todas as publicacións e adxudicacións.
Premendo no vinculo de máis abaixo poderedes acceder directamente a informacion publicada.
Novas prazas ofertadas a substitución - prazo 30, 31 e 1 febreiro
Novas adxudicacións realizadas

SEGUEN SEN CUMPRIR COA LEGALIDADE - NON PAGAN O DIFERENCIAL DA EXTRA NIN O EXCESO DE MUGEJU-DEREITOS PASIVOS

Pasaron xa dous meses dende a modificación do Real Decreto-lei 20/2012 a través da Disposición Final Cuarta da polémica lei de taxas xudiciais (concretamente o 21 de novembro de 2012) e, a administración autonómica, aínda non foi quen de realizar o pagamento das cantidades diferenciais da paga extra recollidas na mesma, a pesares do compromiso verbal en decembro da subdirectora xeral de xustiza de que o mesmo se realizaría neste mes de xaneiro.    Tampouco se abonarán nesta nómina de xaneiro os importes retidos por partida dobre en canto a MUGEJU e Dereitos Pasivos. Haberá que preguntarlle ao Ministro Sr. Montoro onde están os nosos cartos. Queremos pensar que non será o Sr. Bárcenas quen estéa a xestionar a súa devolución.    O único importe excepcional que a administración autonómica vai a abonar e, o fixo porque existe sentenza xudicial, foi o diferencial das substitucións verticais non abonado no seu día no período comprendido entre a publicación do Auto do TSXG que anulaba di…

SUBSTITUCIÓNS VERTICAIS EN TODA GALIZA

A DXX ven de cambiar o criterio para resolver as substitucións verticais grazas á terceira sentenza gañada pola CIG en Lugo, pola que se recoñece o dereito das traballadoras/es dos corpos xerais da Admón. de Xustiza en Galiza a solicitar as prazas en substitución vertical de calquera localidade da comunidade autónoma, con independencia do lugar de destino dentro dela, e dicir, que unha praza ofertada en substitución vertical e non cuberta no propio órgano, centro, localidade ou partido xudicial será outorgada a unha compañeira/o que a tivera solicitado aínda estando destinada fora do citado partido xudicial, cós únicos requisitos de ter destino en órganos radicados en Galiza, estar en situa­ción de activo e estar en posesión da titulación académica esixida para acceder ao posto supe­rior que é obxecto de substitución.
Nota informativa substitucións toda GZ

FESTIVIDADES LOCAIS E SEMANAS GRANDES CON HORARIO REDUCIDO

Xa foron publicadas polos respectivos servizos de xustiza as semanas grandes coincidentes coas festividades locais dos distintos xulgados de Galiza onde se  establece o cumprimento dun horario reducido de 09:00 a 14:00 horas.
Semanas Grandes Galiza.

GRAZAS A DEUS (SR. FEIJOO) PODEMOS PEDIR O ADIANTO DO 50% DA PAGA EXTRA DE VERÁN

O DOG (Diario oficial de Galicia) publicou o pasado 28 de decembro de 2012 o Decreto 263/2012, no que se regulan as condicións para solicitar o anticipo do 50% da paga extra correspondente ao mes de xuño xunto coa nómina de xaneiro. Para iso será necesario solicitalo antes do 11 de xaneiro de 2013. O decreto sinala que terán dereito ao anticipo o persoal funcionario, laboral e estatutario da Administración xeral da comunidade autónoma, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e dos entes instrumentais recollidos na disposición transitoria terceira, punto 5, da  Lei 16/2010.  Os interesados que así o soliciten antes do 11 de xaneiro percibirán, xunto coa nómina correspondente ao mes de xaneiro, un anticipo igual á metade da cantidade que lle corresponderá na paga extra de xuño de 2013 polos conceptos de soldo base, trienios e complementos de destino ou contía equivalente. Para formalizar a solicitude, os interesados deberán cubrir o anexo I que figura na…

MENUDA INOCENTADA NOS PREPAROU O SR. MINISTRO

Pois si, o pasado 28 de decembro, día dos santos inocentes, o Sr. Ministro de Xustiza levou a cabo a primeira fase do seu ambicioso plan de mellora da administración de xustiza, e publicou a Lei Orgánica 8/2012 que ven a meternos en cintura aos funcionarios da administración de xustiza en aspectos tan variados como as pagas extras, vacacións, permisos, baixas por enfermidade e MOBILIDADE XEOGRÁFICA. Alguén da máis...

CAMBIOS NAS PRESTACIONS DE MUGEJU

A Xerencia da Mutualidade Xeral Xudicial aprobou un conxunto de resoluciónsque van supoñer novas condicións na prestación dalgúns dos servizos que ata o de agora dispoñían os mutualistas, e que entrarán en vigor a partir do 1 de xaneiro de 2013. Entre as principais novidades figura a implantación do novo talonario de receitas. A partir do 21 de xaneiro de 2013 só terán validez as receitas co novo formato autocopiativo, polo que todos os mutualistas deben recoller o novo talonario antes da data sinalada na delegación provincial correspondente. Tamén destaca a decisión de suprimir determinadas axudas sociosanitarias e complementarias, segundo figura na Resolución do 19 de decembro da Xerencia da Mutualidade Xeral Xudicial. Deste xeito, suprímense a partir do 1 de xaneiro a campaña de vacinación contra o virus do papiloma e as axudas por transporte e/ou estancia, complementaria da asistencia sanitaria; e modifícanse as axudas para prestacións complementarias, dentarias e oftalmoló…