Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: March, 2008

INICIANSE OS TRAMITES PARA A CREACION DO XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INTRUCCION DE RIBADEO

Dende a CIG queremos anosar a nosa ledicia ante a noticia do inicio dos tramites para a creación de Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ribadeo, unha antiga reivindicación do noso Sindicato.

Parece que a Xunta toma partido no asunta pois o 28 de marzo a directora xeral de Xustiza, Begoña Santos Fernández, mantivo unha xuntanza co alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, na que lle trasladou o firme compromiso da Xunta de Galicia para impulsar a creación dun partido xudicial en Ribadeo. Así, informoulle de que a Xunta instará ao Goberno central a modificar a actual Lei de Planta e Demarcación Xudicial de xeito que se cree un novo partido xudicial na provincia de Lugo, que inclúa un xulgado de primeira instancia e instrución nesta localidade. Na reunión, a directora indicoulle ao rexedor municipal que tan pronto tome posesión o próximo ministro de Xustiza seralle comunicada esta petición, co plantexamento e a argumentación precisa para levar adiante a súa creación. Neste se…

PREGUNTAS PARLAMENTARIAS DO BNG SOBRE MELLORAS DOS XULGADOS DE OURENSE E SOBRE O INCENDIO DOS ARQUIVOS DE FERROL

PREGUNTA PARLAMENTARIA DO BNG INSTANDO MELLORAS NOS XULGADOS DE OURENSEO deputado do BNG Iago Tabarés ven de se interesar polos prazos para a execución das obras de reforma do Pazo de Xustiza de Ourense, toda vez que se está a producir unha nova demora nos compromisos asumidos pola propia Directora de Xustiza nunha visita realizada hai uns meses ás instalacións do Pazo. Tabarés rexistrou unha iniciativa parlamentar na que lembra que a solución a grande parte das eivas da administración de Xustiza na cidade pasa por un novo edificio no que xa se está a traballar, “mais isto no pode impedir de ningún xeito que, con carácter de urxencia, se dote a Ourense dos elementos mínimos para unha axeitada prestación dun servizo público básico como é a Xustiza”.

O deputado nacionalista refírese, concretamente, a dependencias específicas para o xulgado de garda, o servizo de atención ás vítimas –nomeadamente ás de violencia de xénero- e medidas de seguranza e accesibilidade, entre outras.

Trátase, se…

CONVOCATORIA DE TITORES PARA O CURSO SELECTIVO DE ACCESO AO CORPO DE TRAMITACION (PROMOCION INTERNA)

A proposta deste sindicato, a Xerencia Territorial de Xustiza ven de facer pública unha convocatoria para seleccionar titores para o curso selectivo de acceso ao corpo de tramitación procesual e administrativa . Os/as solicitantes deberán serán ser funcionarios/as de carreira en activo e titulares no corpo de tramitación, cunha experiencia mínima de dous anos de antigüidade, con preferencia o de maior antigüidade. A duración será de 7 semanas (do 14 de abril ao 6 de xuño) e as horas serán marcadas polos propios titores, en horario de mañá, cunha retribución de 75,13 € por semana. A CIG solicitou que o lugar de realización das prácticas fose consensuado coa xente aprobada, así que en principio, precisaríanse titores nas zonas da Coruña, Vigo e Ferrol. A convocatoria foi colgada na Intranet de Xustiza.para ver a resolucion clicar

APERTURA DOS REXISTROS CIVILES POLAS TARDES

No DOG do día 17 de marzo publícase a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regulan os horarios especiales dos Rexistros Civiles da Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, establecendo a apertura dos mesmos polas tardes, de forma voluntaria e incentivada. O que se cobrará polos funcionarios e funcionarias dos mesmos que voluntariamente así o acepten serán 48 euros por cada día de luns a venres e 80 pola mañan do sabado. O prazo que se concede para solicitar acollerse a esta medida é de 10 días habiles posteriores a data de publicación.Para ver a reslución: CLICAR

COMISION DE SERVICIO PARA O SERVICIO DE ATENCION O CIDADAN E VICTIMA DA CORUÑA

O vindeiro día 27 de marzo esta prevista a publicación no DOG da resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convoca para ser cuberta con caracter temporal, en Comisión de Servicio, a praza de Xestor do Servicio de Atención ao Cidadan e Victima de Coruña, o tempo da Comisión será ata que se cubra por un titular, sae no consurso de traslado.Para ver a resolución: CLICAR

USO DOS DIFERENTES IDIOMAS NOS TRIBUNAIS CON AMBITO EN TODO O ESTADO

A Audiencia Nacional anula unha sentencia por non permitir o uso do Catalán no Xulgado Central do Penal.
O Pleno da Audiencia Nacional ven de anular a sentencia que condenaba os cataláns Jaume Roure e Enric Stern a pagar 2730€ pola queima de fotografías do Rei, con motivo da visita oficial à Xirona. A razón da anulación é que non se permitiu o uso da lingua Catalana.
O Maxistrado aducía na súa negativa que como o Tribunal tiña a súa sede en Madrid os acusados, non podían invocar o dereito a falar catalán na Comunidade de Madrid. Encanto, a argumentación da defensa baseábase en que o tribunal ten xurisdicción en todo o estado, tamén en territorios onde se falan linguas diferentes do español e polo tanto, o Tribunal debería ofrecer as mesmas garantías que no caso de que os acusados fosen xulgados na súa comunidade de orixe.Desta maneira, a Audiencia Nacional admitiu as peticións da parte acusada considerando que se lle negou o dereito à defensa e forzando à repetición do xuízo. Articulo p…

OPOSICIONS AUXILIO TURNO LIBRE

No BOE do 14 de marzo de 2008 publícase a relación definitiva de aprobados e aprobadas no proceso selectivo para o ingreso no corpo de Auxilio Xudicial Turno Libre. E concédese un prazo de 20 días naturais - dende o 15 de marzo ata o 3 de abril, para que os aprobados/as presenten a documentación que se especifica na referida resolución.Para ver o listado completo así como a resolución clicar en: resolucion e listado

OPOSICIONS TRAMITACION TURNO LIBRE

No BOE do 13 de marzo de 2008 publícase a relación definitiva de aprobados e aprobadas no proceso selectivo para o ingreso no corpo de Tramitación Procesal e Adminsitrativa Turno Libre. Concédese un prazo de 20 días naturais - dende o 14 de marzo ata o 2 de abril, para que os aprobados/as presenten a documentación que se especifica na referida resolución.Para ver o listado completo así como a resolución clicar en: resolución do BOE

OPOIO OS FUNCIONARIOS E FUNCIONARIAS DO TERRITORIO MINISTERIO EN FOLGA

A Xunta de Persoal da provincia de Pontevedra na reunión celebrada o día 7 de marzo, acordou por unanimidade manifestar o seu apoio e solidariedade cos compañeiros e compañeiras que prestan os seus servizos nos xulgados e tribunais correspondentes ás comunidades autónomas sen transferencias en materia de persoal e que manteñen unha folga indefinida dende o pasado día 4 de febreiro.
O pleno da xunta de persoal considera absolutamente xustificadas as medidas de presión adoptadas polos nosos compañeiros e compañeiras, instando ao Ministerio de Xustiza a resolver o conflito e a recoñecer as reivindicacións dos nosos compañeiros e compañeiras xa que son unhas reivindicacións xustas e adaptadas a realidade.

A CIG, Sector de Xustiza do mesmo xeito, manifesta igualmente o seu total apoio e solidaridade cons compañeiros e compañeiras en folga, en demanda de unhas xustas reivindicacións, animandos a continuar coas medidas depresións ata acadar os resultados que se promoñen.

CONVOCATORIA DE CURSOS DE FORMACION

CONVOCATORIA DE CURSOSNa intranet do día 6 publicouse a convocatoria dos cursos da Dirección Xeral de Xustiza. O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro día 22 de marzo. Así mesmo comunícase que nas próximas datas publicarase no Diario Oficial de Galicia a convocatoria dos cursos de formación continua da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en colaboración coa Consellería de Presidencia, Adminsitracións Públicas e Xustiza, a través da Dirección Xeral de Xustiza. Para ver a resolución clicar en : convocatoria cursosSELECCIÓN DE FORMADORES.- Co fin de seleccionar formadores para a realización dos cursos de formación continua xestionados pola Dirección Xeral de Xustiza, hoxe tamén se fai pública a convocatoria dirixida exclusivamente ao persoal funcionario de calquera dos corpos da Administración de Xustiza. O prazo de presentación de instancias comenzará o día 7 de marzo e rematará o vindeiro 24 de marzo. Para ver a resolución clicar en:convocatoria

DOTACION DO XULGADO DE PAZ DE SALCEDA DE CASELAS (Pontevedra)

XULGADO DE PAZ DE SALCEDA DE CASELAS.-O Ministerio de Xustiza aprobou o pasado día 14 de febreiro a dotación do Xulgado de Salceda de Caselas cunha praza de Xestor Procesual.Segundo información da Dirección Xeral, estase a impulsar os trámites para nomear un xestor interino para dita oficina e a praza incluirase no vindeiro concurso de traslado.

NOTICIAS DAS OPOSICIONS

CORPO DE AUXILIO XUDICIALNa páxina do Ministerio do día 4 de marzo publícase a relación definitiva de aprobados coas puntuacións definitivas xa incluida as probas de Idiona e Dereito Foral para acceso ao CORPO DE AUXILIO XUDICIAL.para ver a resolucion e o listado completo clicar en:listado completoCORPO DE TRAMITACION TURNO LIBREDo mesmo xeito e coa mesma data publícase acordo do Tribunal calificador para o acceso ao CORPO DE TRAMITACION DE TURNO LIBRE, polo que se corrixen erros materiais detectados nas relacións de méritos e de aprobados, elevando esta a definitivas.para ver a resolucion e o listado completo clicar en: resolucións

O MINISTRO DE XUSTIZA EN VIGO

O Ministro de Xustiza que estivo en Vigo de visita Oficial na toma de posesión do novo Fiscal Jefe da Area de Vigo, prometeu que Vigo teria un Xulgado de Mercantil, ainda contra o informe do Consello Xeral do Poder Xudicial, pois segundo él existe esa posibilidade. Dende a CIG esperamos que o Sr, Ministro cumpra coa promesa, que non faga como a Srª Teresa Casal,candidata do PSOE a alcaldia de Pontevedra, ou o Sr Julio Iglesias daquela Director Xeral de Xustiza, cando en plena campaña electoral das Municipais, prometeron en Pontevedra, a creación do Xulgado exclusivo de Violencia de Xenero, e despois quedou en nada. Esperemos que esta vez as palabras do Ministro non sexa un farol electoral.

Ver a noticia na prensa A VozFaro de VigoAtlantico diario

MESA DE NEGOCIACION DIA 28 FEBREIRO 2008

NOTA INFORMATIVA DA PLATAFORMA SINDICAL UNITARIA da reunión do pasado 28 de febreiro:CSI-CSIF, CCOO, UGT, CIG, E USOMASA SALARIAL - PRODUTIVIDADE A presión e a unidade de todos os sindicatos conseguiu que a consellería,finalmente,aceptase a nosa proposta de que o pagamento dos 20 euros mensuais de produtividade se efectúe de xeito lineal e universal,tal e como viña recollido no acordo asinado polos sindicatos no ano 2006.A devandita cantidade,que ten efectos retroactivos de 01/01/2008,comezarase a pagar na nómina do mes de abril.SUBSTITUCIÓNS E ATRIBUCIÓNS Tras máis dun ano de presión sindical,a consellería aceptou tamén regular as substitucións e atribucións.Substitucións:No acordo recóllense aspectos moi positivos:Cobramento do 100%das retribucións correspondentes ao corpo que se substitúe. As substitucións realizaranse en permisos,licenzas,comisións de servizo,excedencia,situación de liberación sindical e servizos especiais. O pagamento das substitucións terá efectos retroactivos den…

CONCURSO DE TRASLADOS

A Xunta de Galicia ven de pasarnos un novo listado de vacantes, que son as que salvo errores, sacara no proximo concurso de traslado. O novo listado e o seguinte: Corpo: XESTIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA Provincia de A CORUÑA TSXG.- SALA CONTENCIOSO-ADTVO. A CORUÑA 1 praza AUD.PROV.-OF. RXTO. E REPARTO A CORUÑA 1 praza DEC.- SERV COMÚN DE APOIO A CORUÑA 1 praza DEC.- SERV. ATENCIÓN CIDIDADAN E VIT. A CORUÑA 1 praza XDO. VIOLENCIA SOBRE A MULLER Nº 1 A CORUÑA 2 prazas XDO. INSTRUCIÓN Nº 7 A CORUÑA 3 prazas XDO. PENAL Nº 1 A CORUÑA 1 praza XDO. 1ª INST. E INSTR. Nº 3 CARBALLO 1 praza XDO. PENAL Nº 1 FERROL 1 praza XDO. 1ª INST. E INSTR. Nº 2 ORDES 2 prazas XDO. 1ª INST. E INSTR. Nº 2 PADRON 2 prazas XDO. 1ª INSTANCIA Nº 3 SANTIAGO DE COMPOSTELA 1 praza XDO. PAZ (SECRETARIA) A BAÑA 1 praza XDO. PAZ (SECRETARIA) BOIRO 1 praza XDO. PAZ (SECRETARIA) CAMARIÑAS 1 praza XDO. PAZ (SECRETARIA) NEDA 1 praza XDO. PAZ (SECRETARIA) OUTES 1 praza XDO. PAZ (SECRETARIA) VIMIANZO…