Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2014

LISTAXES PROVISIONAIS CONCURSO DE TRASLADOS 2014

Publicadas as listaxes provisionais do concurso de traslados entre funcionarios dos Corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio, anunciado por Orde JUS/808/2014, de 29 de abril (BOE 19 de maio). Hoxe colgarase na páxina web do Ministerio de Xustiza dita adxudicación, así como a relación de excluídos e as preferencias tidas en conta. A Orde provisional publicarase no Boletín Oficial do Estado do 12 de agosto, puidendo os interesados presentar alegacións desde o día seguinte a dita publicación. Listaxes provisionais concurso de traslados

SEGUNDA XUNTANZA NO MINISTERIO SOBRE O REXISTRO CIVIL

O  pasado  día  22  celebrouse  en  Madrid  a  segunda  reunión  para  abordar  a situación  do persoal destinado no Rexistro Civil. A  CIG  rexeita  entrar  neste  proceso  privatizador  pero  entendemos  que  debemos  estar nestas  Mesas  para  defender  a  situación  das  traballadoras  e  traballadores  no  proceso  que  o goberno está disposto a levar a cabo.  Nota informativa sobre o preacordo CSI-F - STAJ - UGT  

NOVAS OPOSICIÓNS SECRETARIOS XUDICIAIS

O  Ministerio  trasladounos  as  bases  da  convocatoria  de  160  prazas  de  secretarios ,  que  no fundamental  son  copia  das  anteriores.  A  CIG  manifestou  a  súa  disconformidade  co  deseño  da oposición para a quenda de promoción interna e solicitou, unha vez máis, a súa modificación. Unha  novidade  que  contemplan  é  a  obriga,derivada  do RD  228/2014  que  aproba  a  OPE deste  ano,  de  conservación  da  nota  dos  exercicios  para  a  convocatoria  seguinte,  sempre  que supere  o  60%  da  nota  máxima,  ás  persoas  que  participen  pola  quenda  de  discapacidade.   Sen embargo  esta  posibilidade,  que  o  RD  establece  como  facultativa  para  a  quenda  xeral,  non  se contempla  nas  bases presentadas,  polo  que  na propiaMesa  a  CIG  instou  encarecidamente  que  a conservación  de  nota  se  contemple  de  xeito  xeralizado,  quedando  a  Administración  en  que  o  ía valorar. Este sindicato presentará escrito con todas as alegacións, nas que, ademáis d

CONCURSO DE TRASLADOS MEDICOS FORENSES

No BOE de onte saiu publicada a Orde JUS/1309/2014, de 2 de xullo , pola que se resolve o concurso, convocado por Orde JUS/639/2014, de 24 de marzo, nos Institutos de Medicina Legal, Instituto Nacional de Toxicoloxía e Ciencias Forenses e Agrupacións de Forensías. Resolución do Concurso Listaxe de Persoal Interino Excluído

APROBADOS TERCEIRO EXECICIO XESTION - CONVOCATORIAS EXAMEN IDIOMA AUTONÓMICO

O día 21 de xullo publicouse o Acordo do 18 de xullo de 2014, do Tribunal Calificador Único , quenda libre, polo que se fan públicas as listaxes de aprobados do terceiro exercicio e a relación provisional de aprobados da fase de oposicion e se convoca para exame de idioma autonomico.

MESA SECTORIAL MINISTERIO - PRIVATIZACION REXISTRO CIVIL

 O pasado día 15 tivo lugar en Madrid unha xuntanza co Ministerio (por que non se pode chamar mesa de negociación) a fin de darnos a coñecer os motivos e xustificacións que impulsaron esta reforma fulgurante do Rexistro Civil a través dun decreto-lei e a concesión desta materia aos Rexistradores Mercantís: A CIG non puido por máis que manifestar: -Que lle parece unha vergonza e unha falta de respecto ao funcionariado e á sociedade, que agora, tras seren publicado no BOE, se nos cite para falar do tema, despois de ter en reunións con outras partes implicadas. - Que darlle o Rexistro Civil aos Rexistradores mercantís é privatizar o servizo, porque, o único que estes teñen de públicos é o acceso. - Que nos consideran idiotas se pensan que imos crer que, sen contraprestacións, asumen máis traballo e perdas superiores a 150.000 euros anuais. - Que seguramente é posible mellorar o INFOREG e permitir facer certificacións de calquera inscrición en calquera Rexistro e intercomunica

NOTA MÍNIMA 3º EXERCICIO SECRETARIOS XUDICIAIS

Acordo do Tribunal N.º Un polo que se fixa a nota mínima para superar o 3.º exercicio e se publican as notas de dito exercicio así como dos aspirantes que superaron a fase de oposición da quenda libre. (SECRETARIOS XUDICIAIS, Orde JUS/1287/2013, de 26 de xuño, pola que se convoca proceso selectivo para ingreso polo sistema xeral de acceso libre e polo sistema de promoción interna, no Corpo de Secretarios Xudiciais)

HORARIOS DE GARDA PARA OS MEDICOS FORENSES

No día de onte saíu publicada no BOE a Resolución de 2 de xullo de 2014, da Secretaría de Estado de Xustiza, pola que se modifica a de 5 de decembro de 1996, pola que se ditan instrucións sobre a xornada e horarios no ámbito da Administración de Xustiza, concretamente nos sistemas de garda establecidos.  Curiosamente esta modificación para respectar os tempos de traballo e de descanso establecidos na Directiva Europea 2003/88CE só se fai para os médicos forenses, a pesares de que a CIG propuxera nas súas alegacións ao borrador da Resolución que os mesmos criterios se extenderan aos corpos xerais, ao que como ven sendo habitual o Ministerio fixo "mutis por el foro". Sen embargo no noso país tivemos recentemente o caso dos xulgados de instrución da Coruña onde se esta a obrigar as compañeiras/os a facer máis das 48 horas semanais previstas na citada directiva sen que a administración autonómia fixera valer a mesma directiva que agora sirve para modificar e adaptar os hora

LEVANTÁMONOS DA MESA SECTORIAL DE MADRID

  Hoxe tivo lugar en Madrid un novo paripé de negociación por parte do Ministerio de Xustiza ao convocar a Mesa Sectorial sobre a reforma da LOPX cando, uns días atrás, o mesmo Ministerio, de xeito unilateral, a través dun Real Decreto-Lei, acordou outorgarlle aos Rexistradores Mercantís a competencia sobre os rexistros civís. As centrais sindicais CIG e ELA entendemos totalmente rachada calquera tipo de negociación e que non se dan as condicións para seguir coa mesma e, por iso, tomamos a decisión de levantármonos da mesa de negociación de hoxe expoñendo claramente ao Ministerio que as nosas centrais sindicais non van ser cómplices nin convidados de pedra da desfeita que o Sr. Gallardón pretende facer da administración de xustiza. Escrito presentado na mesa sectorial

CRITERIOS CONTESTACIÓNS - TERCEIRO EXERCICIO XESTIÓN PROCESUAL

Na páxina do Ministerio de Xustiza publicouse no día de hoxe o Acordo do 7 de xullo do Tribunal Cualificador Único , polo que se fan públicos os criterios acerca das contestacións correctas as preguntas formuladas no terceiro exercicio. (XESTIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA Orde JUS/1959/2013, de 17 de outubro, (BOE do 24 de outubro))  Texto do Acordo do 7 de xullo Respostas Terceiro Exercicio

NOVAS PRAZAS PARA SUBSTITUCIÓN E ADXUDICACIÓNS

Publicáronse na intranet no día 9/7/2014 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución así como a adxudicación das anteriormente publicadas. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se acompañan abaixo.     PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 9, 10 e 11 DE XULLO   Novas prazas para substitución: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNVG4zeWlQUXFIUmc/edit?usp=sharing Últimas adxudicacións: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNYnQ1TWIxTjlnaG8/edit?usp=sharing

O REXISTRO CIVIL EN MANS DOS REXISTRADORES MERCANTÍS

Outra vez máis, tal e como nos ten acostumado o PP, dun xeito oscurantista, torticero, tentando relegar ao parlamento español a un simple convidado de pedra, o ministro Sr. Gallardón, a través do consello de ministros, ven de publicar o Real Decreto-lei 8/2014, de 4 de xullo , de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia, no que se outorga aos Rexistradores Mercantís a competencia sobre os rexistros civís. Un vez máis, unha norma que non ten nada que ver é empregada polo goberno español para incluir outra serie de decisións controvertidas, agardando como que as mesmas poidan pasar desapercibidas cara ao cidadán.  1) Ao parecer as funcións realizadas por uns funcionarios públicos van pasar a outros (rexistradores mercantis). 2) O servizo vai pasar de ser gratuito a ser "gratuito" (supoñemos que incrementado as outras taxas do rexistro mercantil). 3) O servizo vai pasar de estar servido por funcionarios con longa experiencia no