Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2008

CONCURSO DE TRASLADOS

CONCURSO DE TRASLADOS   A Xunta de Galicia, comunícanos que a caban de recibir un correo do Ministerio no que lles comunican que se ANULAN as datas previstas de publicación no BOE do concurso de traslados. Quedamos pendentes de recibir NOVAS datas e instrucións do Ministerio, parece que a publicación non se demorará moito, pero xa sabemos como funciona este Ministerio. AS NOVAS DATA DADAS POLO MINISTERIO SON:   - Nova data prevista de publicación BOE/DOG 15/11/2008 - Novas datas de cesamento:        corpo xestión p.a. e auxilio xudicial 18/11/2008        corpo tramitación p.a.  24/11/2008 En relación cos NOVOS listados de adxudicación quedan pendentes de remisión ata o lúns, día 3   O MINISTERIO PUBLICA NOVOS LISTADOS DEFINTIVOS, veremos se son os ultimos ou non,   Tramitacion Xeral Xestión Xeral   Auxilio Xeral   Excluidos   listado Galicia Xestion   listado Galicia Tramitacion   listado Galicia Auxilio  

NON OS ACORDOS RETRIBUTIVOS DE MADRID PARA OS EMPREGADOS/AS PUBLICOS PARA O 2009

A CIG REFIRMA A SÚA OPOSICIÓN AO ACORDO RETRIBUTIVO PARA AS EMPREGADAS/OS PÚBLICOS DA MESA XERAL DE MADRID A INCLUIR NO PROXECTO DE LEI DOS ORZAMENTOS PARA 2009 A Área Pública da CIG rexeita o Acordo asinado na Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas, entre os representantes das distintas Administracións Públicas (Estado, Autonómica e Local) e os sindicatos CCOO, UGT e CSIF, que supón unha suba salarial do 3% (2% con carácter xeral e 1% para completar o Complemento Específico nas pagas extras), polas seguintes razóns: 1.- O IPC interanual galego está (a día de hoxe) no 4,9%, polo que seguimos a perder poder adquisitivo. 2.- Volve poñer límite ás Ofertas de Emprego Público. 3.- Non inclúe mecanismos de mantemento e recuperación do poder adquisitivo. 4.- Restrinxe dereitos na invalidez das clases pasivas. 5.- Mantén o sistema de planos de pensións privados. A Área Pública da CIG reitera as súas propostas retributivas: - Suba do IPC real (ata o de agora, un 4,9%) - Cláusula

INCUMPRIMENTO DA LEXISLACION LINGÜÍSTICA POR PARTE DA CONSELLERIA DE PRESIDENCIA

A Mesa pola Normalización Lingüística avalía que a Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza é o departamento do Goberno galego que máis vulnera a Lei de normalización lingüística e o Plan xeral de normalización da lingua galega. Por este motivo, insta ao seu responsábel, José Luis Méndez Romeu, e ao presidente da Xunta a que se adopten as medidas para que “tal e como fan todos os gobernantes responsábeis, a Consellaría de Presidencia cumpra coa lexislación”. Desde finais de 2007, A Mesa tramitou diversas queixas por vulneración dos dereitos lingüísticos no departamento que ten por titular a Méndez Romeu. Entre as queixas remitidas pola asociación a esta Consellaría está a exclusión do galego nos programas informáticos da Administración de Xustiza, a falta de traducións para o galego de lexislación básica, as fortes carencias de persoal técnico para axudar no proceso de normalización lingüística na Administración de xustiza (nestes últimos catro anos non só non se

CONCENTRACION DIANTE DOS XULGADOS DE BETANZOS

CONCENTRACION CONVOCADA POLA CIG-XUSTIZA DIANTE DOS XULGADOS DE BETANZOS A Sección Sindical da Administración de Xustiza da CIG na Coruña, ante o anuncio en prensa do Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza sobre a creación de novos xulgados en Galicia para o ano 2009, ven a manifestar o seguinte: - Que nos parece intolerable que a decisión dos organismos que nos están a gobernar, que deberían saber cal é a situación actual da Administración de xustiza en Galiza, se basee en cuestións estrictamente políticas e de cara á galería, sen ter en conta as verdadeiras necesidades dos xulgados. Só así se pode entender que non se creen xulgados tan necesarios como o Xulgado de Instrución nº 8 da Coruña ou o Xulgado nº 4 de Betanzos, e si se cree o Xulgado do Mercantil nº 2 da Coruña, únicamente polo seu efecto mediático, cando se podería solucionar coa creación dun xulgado bis. - Que sexa o Tribunal Superior de Xustiza o que demande, en detrimento da

O Ministerio ven de remitirnos os lis...

RESOLUCION DE FORMA DEFINITVA DO CONCURSO DE TRASLADOS O Ministerio ven de remitirnos os listados defintivos do concurso de traslado, e nos informa de que se publicaran no BOE o vindeiro día 11 de novembro. Listado definitivo Xestión   Listado de Tramitacion   listado de Auxilio listado definitivo de excluidos  

LISTAXES PROVISIONAIS ADXUDICACIÓN EN COMISIÓN DE SERVIZOS DOS POSTOS DOS SERVIZOS ATENCIÓN Á VÍTIMA

A Xunta remitiunos  as listaxes coa puntuación e adxudicación provisional dos solicitantes dos postos dos Servizos Comúns de Atención á Cidadanía e Asistencia á Vítima, asi como dos excluídos. Hoxe  tamén  ten pensado publicar a información nas páxinas web, Intranet xudicial e Xunta. O prazo de alegacións será os días 15,16 e 17 de outubro. Listado de puntuación Xestión Listado de puntuacion Tramitación listado de adxudicacións de Xestión listado de adxudicacións Tramitación   listado de excluidos   Despois de pasado o tramite de alegacións o listado definitivo de adxudicacións é: listado definitivo corpo de Xestión   listado definitivo corpo de Tramitación  

A CIG PRESENTA RECURSO DE REPOSICIÓN CONTRA RESOLUCION DE XUSTIZA

Con data de 24 de setembro de 2008 dictase pola Dirección Xeral de Xustiza pola que se fai pública a convocatoria de selección de responsables operativos de calidade o coordinación operativo no marco de implantación do sistema de xestión de calidade nas oficinas de fiscalías de Galicia. Dita resolución foe publicada no DOG con fecha 6 de outubro, sin que se haya negociado o contido de dita resolución. Esta resolución foi dictada pola Dirección Xeral de Xustiza sen ser negociada coa CIG, tal e como e preceptivo, ante o que vimos de presentar RECURSO DE REPOSICIÓN, solicitando que se derogue e deixe sen efecto a resolución. recurso presentado pola CIG

INUNDACIÓNS NOS XULGADOS DE PONTEAREAS

A persistente choiva caída durante parte da noite e a mañá do dia 8 de outubro provocou o peche dos xulgados de Ponteareas. As dependencias xudiciais víronse alagadas polas pingueiras. O edificio atópase actualmente en reparación e ata que non se impermeabilice completamente verase moi afectado polas precipitacións, esta é a consecuencia da mala previsión e organización por parte da Conselleria de Presidencia. A CIG ante o peligro para os traballadores e publico en xeral presentou denuncias ante a Inspección de Traballo e a Dirección Xeral de Xustiza.

COMISIONS DE SERVIZO PARA CUBRIR AS PRAZAS DE ATENCION A CIDADANIA E VICTIMAS

No DOG do 26/9/08 publícase a resolución pola que se crean os SERVIZOS DE ATENCIÓN A CIDADANÍA E A VÍCTIMA da Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, a fin de cubrir as prazas de forma temporal ata que sexan ofertadas en concurso de traslado, a Xunta vai proceder a ofertalas para ser cubertas en Comisión de Servicios , entre os funcionarios e funcionarias integrantes do corpo ou escala de xestión e tramitación destinados en Galicia. A resolución da convocatoria esta a punto de ser publicada do DOG, e o prazo de solicitudes será de CINCO DIAS, desde a publicación . A Comisión comenzará o día 31 de outubro, e será ata a adxudicación das prazas mediante concurso de traslado. As prazas que se ofertan son: Unidade Xestión Tramitación Localidade Provincia Serv atención Cid. e Vict - 1 A Coruña A Coruña Serv atención Cid. e Vic 1 1 Ferrol A Coruña Serv atención Cid. e Vic 1 1 Santiago A Coruña