Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2020

O MINISTERIO ELIMINA A NECESIDADE DO MODELO DE AUTOAVALIACIÓN - CORPO XESTIÓN - QUENDA LIBRE - OEP 2017-2018

Ante os numerosos problemas informáticos detectados co modelo de autoavaliación proposto (problemas de descarga, enchemento, firma e outros) o Ministerio decidiu eliminar devandito documento, xa que aínda que a convocatoria prevé a achega do citado modelo, a implementación da aplicación informática habilitada para a presentación da documentación xustificativa do historial profesional e a estimación de oficio do resto de méritos establecidos na convocatoria, suplen a presentación do modelo de autoavaliación polos aspirantes.

ADXUDICACIÓN DESTINOS TRAMITACIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA - PROMOCIÓN INTERNA - OEP 2017-2018

Con relación á adxudicación de destinos aos aspirantes aprobados nas probas selectivas para ingreso no Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa, quenda promoción interna, convocadas pola Orde JUS /404/2019, do 21 de marzo, comunícase que dita adxudicación publicarase no Boletín Oficial do Estado o día 17 de novembro de 2020.

NOVOS CONFINAMENTOS EN DETERMINADAS VILAS GALEGAS

Debido a actual crise do Covid-19, a Xunta de Galiza acordou, a través do DECRETO 178/2020, do 30 de outubro, limitar a mobilidade en determinados concellos, motivo polo cal se fai necesario a expedición, polos responsables dos órganos xudiciais, dos correspondentes salvoconductos para as traballadoras/es dos distintos órganos xudiciais que se puideran ver afectados. Se houbera problemas coa expedición dos salvoconductos polos letrados/as teranse que solicitar os mesmos aos respectivos servizos de xustiza en cada provincia. Ligazón modelo salvoconducto: ht tps://drive.google.com/file/d/1wO8Lj69oFZxlza-P733S8GHrH8wdiZJX/view?usp=sharing Ligazón DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2020/20201030/2474/AnuncioC3B0-301020-1_es.pdf  

PUBLICADA A LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS NA BOLSA DE RESERVA DE INTERINOS - ANDALUCÍA

Mediante Resolución de 23/10/2020 procedeuse a publicar a Listaxe Provisional de Reserva do Corpo de Xestión Procesual e Administrativa e do Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa correspondentes á Oferta de Emprego Público 2017-2018, concedéndose un prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ao da súa publicación para presentar alegacións (remata o prazo o 30 de outubro). Ligazón: http://www.juntadeandalucia.es/justicia/portal/adriano/personaladmon/bolsastrabajo/Lista-de-Reserva-2017_2018/  

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Public ou se na INTRANET o 29/10/2020, o aviso d e prazas vacantes ou desocupadas de xeito temporal, para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes compro bar na ligazón que figura ao pe desta nova. O prazo de presentación de sol icitudes será o 30 de outubro, 2 e 3 de novembro.     A solicitude poderase cubrir e asinar dixitalmente no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón, e que teredes que enviar asinado, por calquera un dos seguintes medios:   Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta. gal Fax: 981546222 Ligazón prazas en substitución : https://drive.google.com/file/d/1AFPwREX70Q4Wr1DJsMs9K91rNl-pJMX3/view?usp=sharing Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing  

ERASMUS PARA LA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA - ERASMUS FOR OFFICIALS

A Comisión Europea organiza o programa "Erasmus para a Administración Pública", máis coñecido como "Erasmus for Officials ", destinado a novos empregados públicos dos Estados membros da Unión Europea. O programa, que se convoca entre dous e catro veces ao ano, consiste nunha estancia de dúas semanas de duración en Bruxelas, Luxemburgo e Estrasburgo, durante a que se participa en múltiples actividades diversas como job shadowing , conferencias, visitas institucionais, etc...  Para poder participar no programa Erasmus para a Administración Pública deben reunirse os seguintes requisitos: - Ser nacional dun dos Estados membros da Unión Europea.  - Ter unha antigüidade na Administración non superior a cinco anos a contar desde a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes establecido pola Escola Europea de Administración.  - Pertencer a un corpo ou escala de funcionarios ou grupo profesional que requira estar en posesión dun título universitario. 

AUTOFORMACIÓN INAP

O 28 de outubro, a través do CAMPUS INAP, iníciase unha experiencia de aprendizaxe en liña "Ao teu ritmo" sobre "Competencias Dixitais", que son as habilidades que se utilizan para buscar, obter, procesar e comunicar información, e así transformala en coñecemento. Nesta experiencia de aprendizaxe abórdanse as competencias dixitais cunha visión integral e o contido estrutúrase en varios niveis de complexidade, partindo das nocións máis básicas, para poder adaptarse a un público máis amplo. Cando finalice a actividade de "Competencias Dixitais" non se obterá certificación sobre a súa realización , aínda que si hai outras actividades de autoformación onde é posible a obtención de certificación, sempre e cando se superen as probas de avaliación que o INAP pode establecer. Ligazón Competencias Dixitais https://campus.inap.es/v3/enrol/index.php?id=1539 Non se expide certificación Ligazón Sinatura Electrónica, Certificados Dixitais e uso DNIe: https://camp

PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN MÉRITOS CONCURSO - CORPO XESTIÓN - QUENDA LIBRE - OEP 2017-2018

Acordo do Tribunal Cualificador Único, polo que se dá inicio á fase de concurso establecida no Anexo I- B da convocatoria das oposicións ao Corpo de Xestión Procesual e Administrativa, quenda libre.  Publícase igualmente o Manual de Instrucións para a presentación dos méritos do apartado B do Anexo I- B . Publicouse tamén o modelo de “autoavaliación” da fase de concurso presente no Anexo I- B da convocatoria, así como a guía coas instrucións para o seu enchemento. Este modelo en formato pdf presentarase a través dos medios telemáticos establecidos na guía anexa no prazo de 20 días hábiles que empezarán a computarse desde as 00:00 horas do día 28 de outubro de 2020 e finalizará ás 00:00 horas do día 26 de novembro de 2020. Ligazón Acordo tribunal: https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292430967236?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DAcuerdo_26_octubre.pdf Ligazón tutorial introdución Mér

PREVISIÓN EXAME AUXILIO PRIMEIRO TRIMESTRE 2021

O Ministerio de Xustiza ven de informar a través da súa páxina web que, ante a situación xerada pola crise sanitaria da Covid - 19 e a declaración do estado de alarma, en virtude do Real Decreto 926/2020, do 25 de outubro, coas restricións de mobilidade correspondentes, o Tribunal Cualificador informa que prevé que o exame das oposicións ao Corpo de Auxilio Xudicial poida celebrarse durante o primeiro trimestre do ano 2021, sempre e cando as autoridades sanitarias non recomenden o contrario. Ligazón: https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/oposiciones-procesos/auxilio-judicial-acceso-libre2?param1=1

NIN ELMINACIÓN DA TAXA DE REPOSICIÓN, NIN INCREMENTO SALARIAL SUPERIOR AO 0,9%

Na pasada xuntanza da Mesa Xeral das Administracións Públicas, coa presenza das organizacións sindicais CIG, ELA, CSIF, UGT e CCOO, así como representantes de todas as administracións autonómicas e da FEMP, o Secretario de Estado do Ministerio de Política Territorial e Función Pública presentou, tan só unhas horas antes da reunión do Consello de Ministros e, cando xa as dera a coñecer á prensa, as novidades que se incorporarán no proxecto de Lei de Orzamentos do Estado para 2021 a respecto dos e das empregadas públicas, nas que non se contempla nin a eliminación da taxa de reposición nin un incremento salarial para frear a perda de poder adquisitivo. Ligazón: https://www.cig.gal/nova/nin-eliminacion-da-taxa-de-reposicion-nin-incremento-salarial-para-frear-a-perda-de-poder-adquisitivo.html

SUSPÉNDESE O EXAME DE AUXILIO PREVISTO PARA DECEMBRO

Despois de ter que consultar cos responsables ministeriais se as informacións filtradas a determinadas centrais sindicais eran correctas, por parte do Ministeiro informóusenos que, tras o novo estado de alarma e valorarse as dificultades sanitarias e de mobilidade que existen na actualidade en todo do estado, suspéndese a celebración do exame de auxilio prevista para o vindeiro 12 de decembro de 2020. Entedemos que ata o ano que ven e, en tanto en canto non se normalice a situación da pandemia, o Ministerio non planificará unha nova data de celebración, polo que haberá que armarse de paciencia para saber cando se poderán celebrar ditas probas selectivas.

SOLICITUDE DO CÓDIGO DE VERIFICACIÓN DA INSTANCIA - CORPO TRAMITACIÓN - QUENDA LIBRE - OEP 2017--2018

O Ministerio de Xustiza ven de informarnos que o portal IPS non está a permitir a descarga da copia da instancia 790 de participación nas probas selectivas de Tramitación libre, mediante o uso do certificado electrónico (ao estar só dispoñibles, nestes momentos, as de Auxilio Xudicial) polo que, para obter o código de verificación da instancia, hai que dirixirse ao Ministerio de Xustiza, e o sistema máis rápido é por correo electrónico. Podedes enviar a vosa solicitude a calquera unha destas direccións de correo electrónico do Ministerio de Xustiza (Área de Selección) ou do Tribunal de Tramitación, quenda libre, sinalando no envío os datos persoais de cada persoa opositora, o teléfono móbil e o enderezo de correo electrónico ao que queredes que vos envíen o número de xustificante. turnolibre_ tramitacionprocesal _tcu@mjusticia.es  procesos.selectivos@mjusticia.es 

TODOS IGUAIS ANTE O COVID...OU NON

  Asistimos perplexos á forma errática de actuar da administración (non sabemos se a xudicial, a sanitaria ou ambas) ante os casos positivos detectados nos órganos xudiciais en todo o territorio galego. Un dos casos curiosos deuse nesta semana pasada en Vigo onde, polo caso positivo da maxistrada dun Xulgado de 1ª Instancia de Vigo, só se lle fixo a PCR a dita maxistrada, enviando a mesma ao confinamento domiciliario, mentres que ao resto de persoal do órgano xudicial nin se lles fixo a dita PCR por contacto directo cun positivo, nin se lles enviou a gardar corentena no seu domiclio. Estes episodios estanse a producir, tristemente, ao longo de toda Galiza (A Coruña, Lugo, Ourense, Compostela...) O seguinte caso é o dunha sección da Audiencia Provincial, tamén en Vigo, onde o positivo por Covid-19 detectouse nunha traballadora do centro, caso no que se fixeron probas PCR  todo o mundo, confinamento para a implicada e corentena para todo o resto do persoal xeral, maxistrados

ESCRITORIO INTEGRADO PARA AS FISCALÍAS DE GALIZA

A partir do día 22 de outubro actívase, para as fiscalías de Galiza, o Escritorio integrado do Ministerio de Xustiza. O Escritorio Integrado é unha aplicación que  centraliza o acceso ás aplicacións   coas que interactúa todo o persoal destinado nas oficinas fiscais. Desde o Escritorio Integrado podese acceder a todos os programas e ferramentas de uso habitual que forman parte da contorna operativa das Fiscalías, incluíndo tamén o Portasinaturas e o Visor EXE. Agora só falta que nos ensinen a manexalo e sacarlle todo o rendemento. Menos mal que non traballamos con enerxía nuclear e sen instrucións previas no manexo do uranio, porque se é pola administración e o seu interese en formarnos saiamos todos polos aires.

FORMACIÓN EGAP - XORNADA DE PRÁCTICA DIXITAL

No DOG de hoxe, 21 de outubro, saiu publicada a RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2020 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a IX Xornada de formación práctica dixital (E-martes). A xornada terá lugar o vindeiros martes 3 de novembro de 2020 e abordará os seguintes contidos: – Notificacións electrónicas. Sistema de notificacións electrónicas de Galicia: Notifica.gal. – Identificación dixital (certificados dixitais e Chave). – Sede electrónica. O prazo para a inscrición nesta actividade estará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 28 de outubro de 2020. Ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201021/AnuncioO150-151020-0001_gl.pdf  

XUNTANZA MESA DE FORMACIÓN - 20/10/2020

Hoxe tivo lugar, por videoconferencia, a xuntanza da mesa de formación cos responsables da EGAP e da Dirección Xeral de Xustiza.  Por parte da administración trasladousenos, o importe orzamentario que se adicou a formación no ano 2019 (98.000 euros), os datos relativos a asistencia e porcentaxe de aceptación e demanda dos cursos realizados ata este momento e determinadas cuestións que de seguido vos resumimos: 1) Desglose de participación nas actividades formativas entre titulares e interinos (677 titulares e 274 interinos) 2) Intención de aumentar os cursos e edicións de linguaxe xurídica galega. Neste senso o secretario da EGAP indicou que se estaba a traballar nunha colaboración co INAP e Política Lingüistica para afrontar máis edicións de ditos cursos. 3) Potenciar, a través da aula de telepresenza da EGAP, a realización de cursos de reciclaxe por cambio de posto de traballo, por persoal interino con falta de experiencia ou contratado a través do servizo galego de emprego. 4) Conti

OBTENCIÓN DA CERTIFICACIÓN EN COMPETENCIAS DIXITAIS EN OFIMÁTICA

A Amtega ven de publicar no DOG do pasado 14 de outubro a RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2020 pola que se convocan probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática. Ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201014/AnuncioG0177-061020-0001_gl.pdf

PUBLICADAS AS LISTAXES PROVISIONAIS DE ACCIÓN SOCIAL 2020

Hoxe publícase no DOG a Resolución do 30 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2020 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galiza. A información relativa á admisión ou exclusión provisional da súa solicitude realizarase a través da OPAX, co correspondente certificado dixital recoñecido ou co usuario e contrasinal.  As persoas interesadas terán un prazo de dez (10) días hábiles (ata o 3 de novembro) contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia para formular as reclamacións que consideren oportunas e emendar os defectos da exclusión provisional. Ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201020/AnuncioG0595-161020-2_gl.pdf

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse a Resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas o pasado 9 de outubro para a súa cobertura mediante  substitución entre titulares. A información está dispoñible na intranet   e na seguinte ligazón:  Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1DiHny0lumSiEhrN05gRtIo3Pbk5Omea3/view?usp=sharing

INICIO DA FASE DE CONCURSO - OPOSICIÓN TRAMITACIÓN - QUENDA LIBRE - OEP 2017-2018

Dáse inicio á fase de concurso establecida no Anexo I- B da convocatoria das oposicións ao Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa, quenda libre.  Publícase, por sedes de exame, a relación de aprobados da fase de oposición.  Concédese un prazo de vinte días hábiles a todos os aprobados, a contar desde as 0:00 horas do día 20 de outubro de 2020 ata as 00.00 horas do día 19 de novembro de 2020.   Ligazón: https://www.mjusticia.gob.es/ cs/Satellite/Portal/es/ ciudadanos/empleo-publico/ oposiciones-procesos/ tramitacion-procesal18?param1= 1

LISTAXE DE INSTANCIAS GRAVADAS NO CONCURSO DE TRASLADOS

A efectos informativos, publícase a relación de instancias que foron gravadas no asistente de inscrición, dos tres modelos V1-V2 e V3, ordenada alfabeticamente, relativa ao concurso de traslados ordinario entre funcionarios dos Corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio da Administración de Xustiza de 2020. Ligazón: https://ficheros.mjusticia.gob.es/EmpleoP/CTraslados/INSTANCIAS%20PRESENTADAS%20CONCURSO%202020.pdf

APROBADOS SEGUNDO EXERCICIO MÉDICOS FORENSES - QUENDA LIBRE - OEP2019

Publicouse na web do Ministerio de Xustiza o acordo de 14 de outubro do Tribunal Calificador, polo que se publica a relación de aspirantes que teñen superado o segundo exercicio da fase de oposición. Ligazón Acordo:  https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292430943318?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DAcuerdo_aprobados_segundo_ejercicio..pdf Ligazón listaxe aprobados: https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292430943319?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DAnexo_I_Notas_2_ejercicio_sistema_general.pdf   Ligazón listaxe aprobados (discapacitados):  https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292430943320?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DAnexo_II_Notas_2_ejercicio_sistema_personas_discapacidad.pdf

A CITA PREVIA CHEGA AOS REXISTROS CIVÍS...E NON SABEMOS SE ISTO E BO U MALO

O Rexistro Civil de Lugo comeza o 15 de outubro a dar cita previa a través de Internet para realizar determinados trámites e evitar, deste xeito, a coincidencia de varias persoas na súa sede e os desprazamentos innecesarios. Lugo convértese así no primeiro rexistro civil de Galicia en poñer en marcha este sistema, ao que se sumarán o resto de rexistros nos vindeiros días de outubro:  Pontevedra o 20/10/2020.  Santiago o 22/10/2020.  Ferrol o 26/10/2020.  Ourense o 28/10/2020.  A partir do 1 de novembro será indispensable que a cidadanía obteña vez para realizar todos estes trámites e descargue e cubra a documentación antes de acudir ás instalacións de forma presencial. A través da web www.xustiza.gal, os cidadáns poderán pedir cita e descargar os formularios que se deben presentar para levar a cabo cada un dos trámites. Ademais, nela especificarase a documentación requirida, a fin de que a cidadanía se desprace á sede coa mesma e cos formularios cubertos, o que permitirá ax

SENTENZA SOBRE A EXCLUSIÓN DO PERSOAL INTERINO POR FALTA DE CAPACIDADE

A CIG ven de gañar unha sentenza sobre unha reclamación histórica que se viña facendo, a través da negociación colectiva, en todas as regulacións das bolsas do persoal interino, en relación coa existencia do expediente de cesamento do dito persoal por falta de rendemento e capacidade, por entender dito expediente discriminatorio segundo xa dictaminara o Tribunal Supremo na súa sentenza de 21 de novembro de 2017, rec. 2996/2016. A sentenza actual ven a dar a razón plena a CIG nos argumentos defendidos, restaurando os dereitos da traballadora cesada e facendo que a administración autonómica teña que replantearse a existencia de dito expediente de exclusión na regulamentación do persoal interino.

MESA SECTORIAL MADRID – TELETRABALLO – 08/10/2020

Hoxe tivo lugar unha xuntanza co Ministerio de Xustiza, como ven sendo habitual de xeito telemático, no que dito departamento ministerial nos trasladou os eixos fundamentais nos que pretende asentar a regulamentación sobre teletraballo na Administración de Xustiza. Nesta primeira xuntanza de contacto co M inisterio sobre este tema, desde a CIG trasladámoslles as seguintes cuestións: 1) A apreciación da deficiente regulación legal a través do artigo 47bis do EBEP (na lexislación xeral hai 22 artigos no RDL 28/2020 para regular o teletraballo e os traballadores públicos temos un único artigo no EBEP), que non recolle no corpo do seu articulado, segundo o noso punto de vista, suficientes garantías para as traballadoras e traballadores que vaian realizar teletraballo na administración, o que xa produciu que a CIG non asinara no seu día o acordo sindical sobre a modificación de dito artigo. 2) Trasladámoslle igualmente a administración que, con esta pretendida negociación, se estaba a

ALGÚEN TEN AS IDEAS CLARAS SOBRE A TRAXECTORIA PROFESIONAL

Pódese dicir máis alto pero non máis claro. O seguinte vídeo e tan gráfico e tan explícito sobre o sistema caciquil que algúns seguen empeñados en manter e perpetuar en Galiza, en relación coa implantación dun sistema de traxectoria profesional (que non carreira profesional) facendo o recoñecemento de méritos a medida de determinados colectivos. En fin, ben merece a pena visionar o vídeo ata o final.  

POSIBLE DESCENTRALIZACIÓN DAS SEDES DE EXAME EN AUXILIO - XESTIÓN P.I. OFERTA DE PRAZAS

Na reunión mantida onte co Ministerio, con respecto ás oposicións de auxilio xudicial, están barallando a posibilidade de que se poida realizar o exame na mesma provincia de orixe da solicitude, independentemente do ámbito polo que se presente. A data que se está a manexar é a do 12 de decembro, con todas as cautelas que a situación require. Desde a CIG exhortámolos a que o publicaran na súa páxina web para coñecemento das/os opositoras/es.  Con respecto aos exames de Xestión Promoción Interna, dado que están xa convocados os exames de lingua en Catalunya e Valencia, unha vez corrixidos, publicarase a listaxe definitiva de aspirantes que superaron o proceso selectivo e, nos primeiros días de novembro, procederase a realizar a oferta de prazas.

AS XESTORAS/ES DE PAZ POR FIN COBRARÁN O SEU COMPLEMENTO POLAS FUNCIÓNS DE SECRETARIO

Hoxe, por fin, remata a peregrinaxe polo deserto, como se dos israelitas se tratase, das/os xestores dos xulgados de paz en funcións de secretaría,  da reclamación iniciada no seu día por esta central sindical en base a múltiples sentenzas xudiciais gañadas pola CIG nos distintos xulgados da comunidade autónoma, e que algúns se intentarán arrogar como mérito propio. No DOG do 2/10/2020 saiu finalmente publicada a RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta do 17 de setembro de 2020 polo que se aproba o acordo acadado o 3 de agosto de 2020, entre a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e as organizacións sindicais presentes na Mesa Sectorial de Xustiza, sobre a modificación das retribucións do posto de xestor/a procesual secretarios/as de xulgados de paz (IV-D), para os efectos de retribuír, nun punto adicional, o desempeño das funcións de secretaría nos xulgados de paz.   Ligazón: htt