Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2017

DATAS DE CESAMENTO E DE RESOLUCIÓN DEFINITIVA DO CONCURSO DE TRASLADOS

Con relación á resolución definitiva do concurso de traslados ordinario entre funcionarios dos Corpos de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza, resolto provisionalmente  por Orde JUS/1097/2017, de 24 de outubro (BOE 14-11-2017), comunícase o seguinte: Data da resolución definitiva: 8 de xaneiro de 2018 Data de publicación prevista no BOE: 30 de xaneiro de 2018 Data de cesamento prevista do Corpo de Tramitación: 12 de febreiro de 2018 Data de cesamento prevista do Corpo de Xestión e do Corpo de Auxilio Xudicial: 16 de febreiro de 2018.

AXUDAS "BENVIDA" PARA NENAS/OS NADAS NO 2018

No DOG de hoxe 29 de decembro, sae publicada a ORDE do 19 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases polas cales se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nadas/os no ano 2018 e se procede á súa convocatoria.  Ligazón:  h ttps://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20171229/AnuncioG0425-191217-0003_gl.pdf

RETIRADA PROVISIONALMENTE A BOLSA DE ACUMULACIÓN HORARIA

A administración autonómica, adiantándose á aprobación e publicación da reforma da LOPX onde se nos devolven os 9 días por asuntos particulares (non está asi, tan espelida, cando nos ten que reintegrar os cartos retidos), suspende temporalmente a posibilidade de acumulación horaria regulada na Resolución de 12 de febreiro de 2014 ata que se leve a cabo dita publicación da refoma da lei orgánica, sen prexuizo de levantar dita suspensión se non se aprobase a citada reforma (agardemos que non aproben a reforma da LOPX o 31 de decembro de 2018). Ligazón Resolución: https://drive.google.com/file/d/16RxS9sd-YlWIOPtroodtyIHBN7Hf3Jhl/view?usp=sharing

LISTAXES DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS XESTIÓN E TRAMITACIÓN PROMOCIÓN INTERNA - OEP2016

Ven de publicarse no BOE do 23 de decembro a Orde JUS/1272/2017, de 13 de diciembre , pola que se modifica a Orde JUS/930/2017, de 19 de setembro, pola que se convoca proceso selectivo para o acceso por promoción interna ao Corpo de Xestión Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza, e a Orde JUS/931/2017, de 25 de setembro, pola que se convoca proceso selectivo para o acceso por promoción interna ao Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza, para suprimir determinadas Unidades de Colaboración do ámbito de xestión do Ministerio de Xustiza, e se aproban provisionalmente as listaxes de admitidos e excluídos de ambos procesos. Ligazón BOE: https://www.boe.es/boe/dias/2017/12/23/pdfs/BOE-A-2017-15408.pdf

DATA DE EFECTIVIDADE E POSTA EN FUNCIONAMENTO DOS NOVOS XULGADOS E PRAZAS DE MAXISTRADOS

No BOE do 26 de decembro publicouse a Orde JUS/1277/2017, de 22 de decembro, pola que se dispón a data de efectividade de 2 prazas de Maxistrada/o na Audiencia Provincial e da entrada en funcionamento de 77 xulgados correspondentes á programación do ano 2017. No caso de Galiza indícase que o Xulgado de 1ª Instancia nº 6 do Ferrol, o Xulgado de 1ª Instancia nº 15 (familia 3) de Vigo, o Xulgado de 1ª Instancia nº 7 de Ourense e o Xulgado do Social nº 6 da Coruña, entrarán en funcionamento o 31 de xaneiro de 2018, polo que para esa data debería de estar resolto o proceso de comisións de servizo convocado a tal efecto para o persoal dos corpos xerais ao servizo da Administración de Xustiza. Ligazón BOE: https://www.boe.es/boe/dias/2017/12/26/pdfs/BOE-A-2017-15506.pdf

O PROXECTO DE ORDE DE INTERINOS PUBLICASE NA PÁXINA DE TRANSPARECIA DA XUNTA DE GALICIA PARA REMITIR ALEGACIÓNS

Dende o 18 de decembro está publicado no portal de transparecia da Xunta de Galicia o proxecto de Orde que vai regular o  nomeamento do persoal interino da Administración de Xustiza en Galicia. Dende dita data ata o 09/01/2018 poderán facerse alegacións a dito texto. Ligazón Proxecto Orde Interinos: https://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/en-prazo-de-envio-de-suxestions/-/nt/0283/proxecto-orde-sobre-seleccion-nomeamento-interinos-para-cubrir-postos-funcionarios

A XUNTA PRESENTA A SÚA PRIMEIRA OFERTA TRAS AS FOLGAS DE XUSTIZA

O CONCURSO DE TRASLADOS DE CORPOS XERAIS SERA PUBLICADO A FINAIS DE XANEIRO

O Ministerio de Xustiza, con relación ao concurso de traslados ordinario entre funcionarios dos Corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio da Administracion de Xustiza, anunciado por Orde JUS/646/2017, de 19 de xuño (BOE 7-7-2017), e resolto provisionalmente por Orde JUS/1097/2017, de 24 de outubro (BOE 14-11-2017), comunica que a súa resolución definitiva será  a finais de xaneiro de 2018.

TERCEIRO EXERCICIO OPOSICIÓNS MÉDICOS FORENSES

Na páxina web do Ministerio de Xustiza ven de publicarse o Acordo de 15 de decembro de 2017, do Tribunal Cualificador do proceso selectivo para acceso libre ao corpo de Médicos Forenses, polo que se fan públicas as listaxes de aprobados do primeiro e segundo exercicio e se convoca a realización do terceiro exercicio para o vindeiro mércores, 10 de xaneiro de 2018,as 10:00 horas , na Escola de Prácticas Xurídicas, Rúa Amaniel nº 2 de Madrid.

COIDADO COS DÍAS DE ASUNTOS PARTICULARES E AS VACACIÓNS

Agora que está a rematar o ano a administración autonómica trasladounos dúas advertencias-redordatorio en relacion cos días de persmiso e de vacacións: 1) Ollo cando se pidan no 2018 días de ASUNTOS PARTICULARES correspondentes ao 2017 , pois hai que cambiar o ano, xa que se non a OPAX colle, POR DEFECTO, os días do propio 2018. 2) Ollo igualmente coa cantidade de días de VACACIÓNS que colledes soltos (máximo de 7) non vaia a ser que logo vos quede un periodo inferior a 5 DÍAS e teñades problemas para poder gozar de ditas vacacións. Por exemplo, se en total vos quedaban 8 días de vacacións pero deles 4 días poderían ser soltos, xa que anteriormente só gastarades 3 días, neste caso non poderíades gastar máis de 3 días soltos, pois se non o periodo que vos restaría sería inferior aos 5 días, e iso vos imperdiría gozar deste último periodo vacacional.

ADVERTENCIA CUMPRIMENTACIÓN SOLICITUDE DE PARCTICIPACIÓN NAS OPOSICIÓNS

Hai que advertir que aquelas persoas que soliciten a súa participación nos procesos selectivos da quenda libre para acceso aos corpos de Xestíon, Tramitación e Auxilio, e realicen o pagamento a través de conta bancaria, deben de ter en conta que si o seu codigo de conta ven do antigo BANESTO e a conta empeza por 0030 , non se pode seleccionar como entidade bancaria BANCO SANTANDER se non que hai que seleccionar Banesto, porque se non a plataforma de inscrición da un erro e non realiza correctamente o proceso.

SOLICITAMOS AO MINISTERIO A REGULAMENTACIÓN DO SISTEMA DE MOBILIDADE POR RAZÓN DE SAÚDE

MESA DE NOVAS TECNOLOXÍAS - MADRID

A ADMINISTRACIÓN PRANTEXA A ELIMINACIÓN DA BOLSA DE HORAS PARA O 2018

Dado que na actualidade se  atopa en tramitación parlamentaria no Congreso dos Deputados a modificación da Lei orgánica 6/1985 do Poder Xudicial que, entre outras cuestións, recolle a modificación do artigo 503, restituíndo no ano 2018 a situación previa á adopción de medidas derivadas da crise económica e recollidas nas disposicións contidas na Lei orgánica 8/2012, a administración autonómica considera oportuno suspender provisionalmente as previsións recollidas no artigo 10 da resolución de horarios, deshabilitando no sistema Kronos , con efectos do día 1 de xaneiro de 2018, a opción da bolsa de horas anual resultante da acumulación do exceso de horario flexible; todo o anterior, con independencia de que, se finalmente non se aprobase a modificación da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo do poder xudicial durante o vindeiro ano, se levantara a dita suspensión.

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Public ou se na INT RANET o día 15 / 1 2 /2017 o aviso d e prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes compro bar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de sol icitudes será o 18, 19   e 20 de decembro . A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar, debidamente asinado, por calquera dos seguintes medios: Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta. gal Fax: 981546222 Ligazón prazas en substitución : https://drive.google.com/file/d/16JvUk8q92yr2qK6afe1-YAEC0Mfv3xcc/view?usp=sharing Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

LISTAXES ADMITIDOS E EXCLUÍDOS - PROMOCIÓN INTERNA - XESTIÓN E TRAMITACIÓN - OEP2016

Segundo ven de informarnos o Ministerio de Xustiza, as listaxes de admitidos e excluídos da promoción interna para acceso aos corpos de Xestión e Tramitación van ser publicadas de xeito inminente. As probas selectivas serán a fin de semana do 20 e 21 de xaneiro, quendando aínda por confirmar o día que corresponderá a cada corpo.

NOTA DE PRENSA XUNTANZA COMITÉ DE FOLGA E XUNTA DO 12/12/2017

UN MAL DESCOÑECIDO ESTÁ A AFECTAR Á CONSELLERÍA DE XUSTIZA E CONVIRTE AOS SEUS DIRECTIVOS EN "MENTIREIROS COMPULSIVOS"...COIDADO COA EPIDEMIA

INTERPELACIÓN PARLAMENTARIA SOBRE O CONFLICTO LABORAL NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

NOTA INFORMATIVA ÚLTIMA HORA SOBRE SOLICITUDES PROCESOS SELECTIVOS XUSTIZA

NOTA INFORMATIVA AQUELAS PERSOAS QUE NON DISPOÑAN DE D.N.I. ELECTRÓNICO OU TEÑAN DESACTIVADA A SÚA FUNCIONALIDADE (NÚMERO DE SOPORTE POSTERIOR AO ASG 160.000 EXPEDIDOS A PARTIRES DE ABRIL DE 2015) DE CONFORMIDADE CO PUBLICADO NA PÁXINA WEB DA POLICÍA NACIONAL EN RELACIÓN AO DNI ELECTRÓNICO, PODERÁN ELEXIR COMO MÉTODO DE IDENTIFICACIÓN OUTROS CERTIFICADOS DIXITAIS VÁLIDOS COMO A CL@VE PIN OU CL@VE PERMANENTE PARA PODER REALIZAR A INSCRICIÓN ONLINE Para participar neste proceso selectivo deberase encher o modelo oficial de solicitude de admisión as probas seletivas da Administración de Xustiza (modelo 790-código 007 en cuxa parte superior figura “Solicitud de admisión a pruebas selectivas de la Administración de Justicia y liquidación de la tasa de derechos de examen”), que estará dispoñible na prataforma dixital INSCRIPCIÓN DE PRUEBAS SELECTIVAS (IPS) . A presentación de solicitudes realizarase no prazo de vinte días hábiles a partires do día seguinte ao da súa publica

PUBLICACIÓN NA INTRANET DO QUE SE PRETENDE SEXAN AS BASES DE NEGOCIACIÓN DUN ACORDO LABORAL

A Xunta de Galiza ven de publicar na intranet un documento titulado: "BASES DE NEGOCIACIÓN DUN ACORDO DE MELLORA DAS CONDICIÓNS LABORAIS DO PERSOAL AO SERVIZO DA ADMÓN. DE XUSTIZA.", que pretende ser o guión dun acordo laboral que poña fin a vaga de protestas que se produciron no sector de xustiza e que culminaron coa exitosa folga do pasado 1 de decembro e que, vistos os termos no que se explicita o documento citado, vai camiño de que se manteña en todos os seus termos a convocatoria de folga do día 13 de decembro. Ligazón contestacíón sindical:  https://drive.google.com/file/d/1aHIYHUqRG0YHkim7DbOlwKemCmc_FRAL/view?usp=sharing

MESA SECTORIAL DE MADRID DO 30 DE NOVEMBRO

A CIG, presente nas mesas de negociación co Ministerio en Madrid, acudiu  á celebrada o pasado día 30, facendo, entre outras, as seguintes peticións: -         Apertura de negociación do regulamento para garantir o 100% das retribucións no caso das substitucións, así como a regulación da adscripción por motivos de saúde . Ao respecto, o Ministerio manifestou ser consciente da necesidade de modificar a regulación e afirman que estudiarán o tema despois de revisar a sentenza do TSXG. -         Información sobre a entrada en funcionamento dos órganos de nova creación, expoñendo a falta de concreción na convocatoria das comisións de servizos feita pola Xunta. Tamén solicitamos que non se emitan informes desfavorables no caso de solicitantes destinados no ámbito Ministerio. Sobre estas cuestións, sinalan que  a data de entrada en funcionamiento dos novos órganos vaise levar a cabo progresivamente. No ámbito transferido están planeando que entren en funcion