Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2015

CONCURSO DE IDEAS PARA APPS MÓBILES PARA ACHEGAR A XUSTIZA AO CIDADÁN

Iníciase Justiapps , un concurso de ideas para crear aplicacións para facer máis sinxelo o acceso aos tribunais, tanto a profesionais como avogados, procuradores ou notarios, así como para achegar a xustiza aos propios cidadáns.  En fin, "non temos para pan e gastamos os cartos en estampas". O sistema LEXNET funciona como o "carallo", fai auga por todos os lados, con infinitos problemas nos traslados de escritos, e o Ministerio apoia que exista un concurso de ideas sobre APPS para relacionarse coa Administración de Xustiza. Non é que non queramos modernizarnos, porque benvido sexa todo o que mellore a Administración de Xustiza, pero e que estes non queren realmente que a xustiza se modernice e funcione con eficacia, por iso non poñen unhas bases sólidas para que iso se acade. Información facilitada por "Noticias Jurídicas": http://noticias.juridicas.com/actualidad/noticias/10169/?_mrMailingList=1428&_mrSubscriber=23763

REFORMA LOPX - NOVA MESA PARA TENTAR PRESENTAR EMENDAS NO SENADO

Este martes pasado celebrouse na sede do Ministerio reunión da mesa de traballo que tiña como obxecto a negociación da reforma da LOPX. A CIG reiterou e mantivo o seu posicionamento sobre as propostas xa realizadas no seu día, entre as que cabe salientar as seguintes:   -Opuxémonos á proposta de que se reduza a promoción interna ordinaria ao 30% das prazas a convocar.  -Tamén solicitamos que a ausencia xustificada por enfermidade ou accidente que non exceda de tres días non leve consigo redución retributiva.  - Nos opuxemos á existencia dun proceso disciplinario específico para Secretarios.  - Pedimos unha revisión do alcance do centro de destino, solicitando a súa limitación para os efectos de facilitar a mobilidade voluntaria.  - Respecto do pagamento do 100% nas substitucións o Director comprometeuse a tratalo no desenvolvemento do Regulamento.  - Que o sistema de acceso sexa por oposición, salvo en ocasións excepcionais, tal como figura agora, petición na que quedamos

OFERTA DE PRAZA DE MÉDICO FORENSE INTERINO - IMELGA PONTEVEDRA

Ao estar esgotadas neste momento as listaxes de contratación, o 20  de maio solicitouse ao Servizo Público de Emprego a cobertura dun posto de Medico Forense no Instituto de Medicina Legal, na Subdirección de Pontevedra, sendo remitida por dito servizo unha preselección de dúas candidatas. O vindeiro 1 de xuño levarase a cabo no servizo de xustiza en Vigo a correspondente selección final. Anuncio de contratación polo SEPE.

NOVAS PRAZAS A SUBSTITUCIÓN E ADXUDICACIÓNS

Publicáronse na intranet xudicial o día 25/05/2015 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución así como a adxudicación das anteriormente publicadas. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se achegan abaixo. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 25, 26 E 27 DE MAIO. Novas prazas para substitución: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNZTF3SzRveExyRWs/view?usp=sharing Últimas adxudicacións: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNWGxyU0sycUhrOVE/view?usp=sharing

SENTENZA RECOÑECENDO DELEGACIÓN DE SINATURA NO REXISTRO CIVIL

Hoxe notificóusenos a sentenza do Xulgado do Contencioso nº 2 de Vigo, pola cal se lle recoñece a un dos nosos afiliados o dereito á percepción dunha contía mensual pola delegación de sinatura realizada no Rexistro Civil a partir do 1 de abril de 2014. Se ben xa existían outras sentenzas neste senso e o importante era acadar o recoñecemento do dereito deste traballador pola labor realizada no rexistro civil, outra das cuestións salientables desta sentenza é a imposición de custas a administración por un importe máximo de 400 euros, e dicir, case se van pagar en custas a metade do total reclamado ata a data. Así é como xestiona o PP os cartos de todos nós, enviándoos a papeleira.

PUBLICACIÓN EN BREVE DA LISTAXE DEFINITIVA DA BOLSA DE MEDICOS FORENSES INTERINOS

Por parte da Dirección Xeral de Xustiza comunícasenos que o vindeiro día 20/05/2015 está prevista a publicación da Resolución de 30 de abril de 2015 pola que se aproban as listaxes definitivas de admitidos e excluídos da bolsa de interinos de médicos forenses convocada pola Orde de 29 de setembro de 2014.   Listaxe definitiva Médico Forenses

VARIOS: REXISTRO CIVIL - CONCURSO - OPOSICIÓNS

Rexistro Civil: O  PP presenta as emendas que derogan todo o referente aos REXISTRADORES.  Segundo conversa mantida co Ministerio, a Vacatio prorrogarase ata xullo de 2017.  Texto Emendas: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNZG5PUVotSHNfWEE/view?usp=sharing Texto situación despois das emendas: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNYmd3RjJZQ01RUlU/view?usp=sharing Concurso: Ao parecer, vólvese a atrasar . Agora di o Ministerio que se convocará a primeira semana de xuño. Oferta de emprego: Séguese coa intención de convocar antes do verán Médicos-Forenses, Secretarios Xudiciais e Xestión Procesual. E xa despois do verán o resto de corpos xerais. Publicación, posiblemente, a finais de xuño ou xullo. Pero aínda temos que negociar co Ministerio o contido das convocatorias.

PROCEDEMENTO PARA O PAGAMENTO DO 12,02% DA PAGA EXTRA

No DOG de onte, 13 de maio, saíu publicado o anuncio polo cal se establece o procedemento a seguir para aplicación do disposto na DT 12ª da Lei 2/2015, en canto á devolución do 12,02% da paga extra de 2012. O persoal en activo no mes de maio percibirá de oficio a dita devolución e o persoal que se atope, xubilado, excedente, etc. deberá solicitalo no modelo que vos achegamos no enlace de abaixo. Modelo de solicitude.  

A EGAP AMPLÍA O PRAZO DE MATRÍCULA DE DETERMINADAS ACTIVIDADES FORMATIVAS

A EGAP abre un novo prazo de matrícula para algunhas das actividades convocadas no DOG do 3 de marzo destinadas ao persoal da Administración de xustiza, co fin de cubrir as vacantes existentes. O novo prazo de matrícula comezará ás 8 horas do día 11 de maio e rematará ás 14 horas do 17 de maio. As solicitudes deberán presentarse en http://egap.xunta.es/matricula Máis información en: http://egap.xunta.es/fichanova/id/2102

PLAN DE VACACIÓNS 2015

Nos vindeiros días está prevista a publicación na intranet do plan de vacacións deste ano 2015. O prazo de peticións ordinario finaliza o 21 DE MAIO para as peticións do período comprendido entre o 01/07/2015 e o de 30/09/2015.  As solicitudes tramitaranse obrigatoriamente a través da OPAX e asinaranse electronicamente , pasando a estar dispoñibles na bandexa do superior xerárquico para o seu informe e validación.  No caso de que por razóns de índole técnica non se obtivera o visado electrónico do superior xerárquico, o persoal funcionario deberá remitir a súa solicitude vía fax ao servizo de persoal da xefatura ou delegación territorial correspondente no prazo máximo de cinco días hábiles dende o rexistro e sinatura electrónica por parte do interesado, a través dos seguintes números:  A Coruña.- 981184450  Lugo.- 982294266  Ourense.- 988386384  Pontevedra (Vigo).- 986817001   Regulamentación Plan de Vacacións 2015

NOVAS PRAZAS A SUBSTITUCIÓN E ADXUDICACIÓNS

Publicáronse na intranet xudicial o día 11/05/2015 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución así como a adxudicación das anteriormente publicadas. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se achegan abaixo. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 11, 12 E 13 DE MAIO.  Novas prazas para substitución: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNb2Y4MDluZFZkQnM/view?usp=sharing Últimas adxudicacións: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNS09IX3R2QU9BYnM/view?usp=sharing

DEVOLUCIÓN DO 12,02% PAGA EXTRA 2012

Segundo a Disposición transitoria décimo segunda da LEI 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia neste mes de maio nos será reintegrado o 12,02% do importe da paga extra que nos foi retirada en decembro 2012. Crucemos os dedos para que realmente se faga o pagamento, neste mes "ELECTORAL" Nota informativa devolución paga extra. Procedemento para devolución paga extra.

CONVOCATORIA CONCURSO DE TRASLADOS MÉDICOS FORENSES

Como xa vos indicaramos con anterioridade, no DOG de hoxe, 6 de maio, sae publicada a Resolución pola que se convoca concurso de traslados de Médicos Forenses.  As solicitudes deberanse presentar no prazo dos dez días naturais seguintes ao da publicación da Resolución no DOG e BOE, é dicir, o prazo remata o 16 de maio. Códigos a resultas Galiza Códigos a resultas resto territorios

NOVAS PRAZAS A SUBSTITUCIÓN E ADXUDICACIÓNS

Publicáronse na intranet xudicial o día 05/05/2015 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución así como a adxudicación das anteriormente publicadas. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se achegan abaixo. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 5, 6 E 7 DE MAIO.  Novas prazas para substitución: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNX2dtRUdqaFVqWWs/view?usp=sharing Últimas adxudicacións: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNd0taUGFFaGV4b28/view?usp=sharing

A LEI DA XURISDICIÓN VOLUNTARIA

O Congreso acaba de aprobar e remitir ao Senado a Lei de Xurisdición Voluntaria, tras 82 emendas do PP, 20 emendas transaccionais e unha proposta de CiU para que os xuíces de paz poidan continuar executando os actos de conciliación que non superen un límite de 6.000 euros. A reforma aprobada, amplía e outorga aos secretarios xudiciais moitas das atribucións conferidas no proxecto inicial aos notarios e aos rexistradores da propiedade. Artigo "Noticias Jurídicas"

O SILENCIO ADMINISTRATIVO DEBERÍA SER POSITIVO

O TSX de Galiza ven de presentar unha cuestión de inconstitucionalidade contra unha norma da Consellería de Sanidade na que especificamente e, desobedecendo a normativa estatal e comunitaria, se establecía como norma xeral o silencio negativo contra toda " ...solicitude, reclamación ou recurso en materia de persoal, con contido retributivo, prantexados polos profesionais do Servizo Galego de Saúde, que teñan repercusión no capítulo I dos estados de gastos dos orzamentos das institucións sanitarias do organismo...". Quere isto dicir, que os traballadores da sanidade pública galega, por principio, calquera reclamación salarial que fagan, non só seguramente terán a calada por resposta, se non que esta será negativa. Isto que se colou na lei 15/2010 para o persoal estatutario e, que agora agardamos que o TC remedie, preguemos que non se estenda a toda a administración pública. Artigo "Contencioso.es"