Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2017

PROBLEMAS CO ACCESO Á NOVA VERSIÓN DE LEXNET

Esta fin de semana, despois dos escandalosos problemas detectados, se procedeu á instalación dunha nova versión de LexNET. Isto fara que a primeira vez que se entre no sistema este vaia un pouco máis lento, porque se está a descargar a nova versión de xeito automático. Isto se producira só a primeira vez. Ademais se a alguen lle dera problemas no arranque é necesario que se limpe a caché do navegador pulsando simultáneamente nas  teclas CTRL e F5.

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

No día de hoxe saiu a resolución coa adxudicación das últimas desocupacións publicadas o pasado 10 de xullo, para a súa cobertura mediante substitución entre titulares. A información está dispoñible na intranet xudicial ou na seguinte ligazón: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNaXFFLWRBczZJNDQ/view?usp=sharing

MESA TÉCNICA: NEGOCIACIÓN SISTEMA DE CONCESIÓN DE COMISIÓNS DE SERVIZO

Esta mañá celebrouse unha mesa técnica na DX co fin de elaborar unha Orde que regule as comisións de servizo. A CIG, nas súas alegacións, solicitou:  * Que se cubran por este sistema todas as prazas vacantes, aínda que xa estean provistas.  * Que se inclúan prazas non vacantes, como liberacións sindicais e excedencias con reserva de posto.  * Que se elimine o período mínimo de seis meses no posto para poder solicitar unha comisión.  * Que as prazas que, unha vez ofertadas queden desertas, se ofrezan a substitución vertical, e de non cubrirse tampouco así se acuda á bolsa de interinos.  * Que as prazas que deixen os adxudicatarios das comisións se oferten a substitución.  * Que non se penalicen as renuncias xustificadas. * Que se regulen as comisións de servizo por circunstancias especiais de xeito que substitúa ao sistema aplicado actualmente. Ademais, que se inclúan dentro desas circunstancias (violencia sobre a muller, acoso laboral e causas graves de sa

DATA E HORA DE CELEBRACIÓN DO PROCESO SELECTIVO MÉDICOS FORENSES

No BOE de hoxe sae publicada a Orde JUS/676/2017, de 17 de xullo, pola que se aproba a relación definitiva de admitidos e excluídos do proceso selectivo para ingreso, pola quenda libre, no Corpo Nacional de Médicos Forenses e se sinala o vindeiro 20 DE XULLO DE 2017 , as 10:00 HORAS , como data e hora do primeiro exercicio, a celebrar na Escola de Práctica Xurídica, rúa Amaniel, n.º 2, 28015 Madrid.

MESA SECTORIAL GALIZA - "HABEMUS MESA"

Pese a que varias organizacións sindicais pediron reiteradamente a suspensión da mesa sectorial de onte para adiala ata setembro (se cadra porque algún xa estaba de vacacións) a negativa da CIG fixo que finalmente se puidese celebrar non só a mesa sectorial senón unha mesa técnica específica de interinos. Se alguén non estaba dacordo con que se celebrase, tamén se podería ter levantado da mesa, pero non o fixo ninguén; IGUAL NON SOMOS TAN VALENTES NA MESA COMO NAS NOTAS.

MESA SECTORIAL MADRID - 11-07-2017

O Ministerio convocou para este martes unha reunión coas OOSS na que estivo presente o Ministro Catalá co único propósito de alardear da Oferta Pública de Emprego de 2017 e facer a foto cos sindicatos, porque non se prantexou ningunha novidade nin se tivo en conta as nosas manifestacións.   A CIG incidiu na falta de negociación previa e reiteramos a petición da oferta en PI do 100 por cento das prazas do paquete de estabilización de emprego, así como unha promoción interna real para todos os corpos, incluíndo xestión e lax.  Informáronos así mesmo de que, ao parecer, o grupo parlamentario popular vai presentar esta semana unha proposición no congreso para devolver os 3 días de asuntos propios que aínda nos deben.  Por outra banda, ante a pregunta da CIG, confirman que non hai cartos para nomear ningún xuíz substituto máis este ano. Este problema terá más repercusión nos Xulgados de Violencia de Xénero exclusivos, nos que os xuíces de garda terán que facerse cargo, tamén en horar

NOVA OFERTA DE PRAZAS PARA SUBSTITUCIÓN

Public ou se na INT RANET o día 11 / 07/2017 o aviso d e prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes compro bar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de sol icitudes será o 12 , 1 3 e 14 de xull o . A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar por calquera dos seguintes medios: Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta. gal Fax: 981546222 Ligazón prazas en substitución : https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNbUdKeWZmRlpHTGM/view?usp=sharing Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na INTRANET , con data de 11/07/2017 , a R esolución co a s adxudicacións das prazas ofertadas o 4 de xull o , para a súa cobertura en substitución entre persoal titular ao servizo da Administración de xustiza en Galicia , o que tamén poderede s comprobar na s eguinte li gazón. Ligazón adxudicacións : https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNRUxWeG9xeDF4cVk/view?usp=sharing

ACTUALIZACIÓN DE NOMINAS E PAGAMENTO DE ATRASOS INCREMENTO RETRIBUTIVO DO 1%

Saiu publicada no DOG a modificación da Orde de confeccion de nóminas a fin de poder facer efectivo o pagamento da suba salarial do 1% deste ano asi como dos atrasos xerados desde xaneiro deste ano.

PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS ACCIÓN SOCIAL 2017

Comunícasevos que maña publicarase no DOG a Resolución do 22 de xuño do 2017, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que aproban as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2017 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

CONVOCATORIA CONCURSO DE TRASLADOS CORPOS XERAIS

No DOG e BOE de hoxe, 7 de xullo, publícase a Resolución do 19 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan a concurso de traslado prazas vacantes entre funcionarios dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial da Administración de xustiza. Este ano a confección da instancia de participación no concurso debe de facerse necesariamente co asistente G.T.A vía web. O prazo de presentación de instancias é: Dez días habiles - Ata o 21 de Xullo Enderezo remisión instancias:  Rexistro Xeral da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Comunidade Autónoma de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela)   Ligazón Instruccións instancia: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428459466?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blob

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO XUSTIZA - 2017

A Administración Central, tarde, mal e arrastras, sen dar lugar a ningún tipo de negoaciación (tal e como por desgraza nos ten acostumbrados), acaba de trasladarnos a oferta de emprego público deste 2017 que, en total, sacará para ser cubertas 3.699 prazas para todos os corpos da Admón. de Xustiza, dos que 625 prazas serán para promoción interna; número de prazas moi por debaixo do 50% solicitado pola CIG na mesa sectorial. Agora haberá que agardar á convocatoria destas prazas que, non será moito máis pronto que no 2018 e de seguro que, moi ao noso pesar, será polo sistema de concurso-oposición.

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Public ou se na INT RANET o día 04/ 07/2017 o aviso d e prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes compro bar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de sol icitudes será o 5 , 6 e 7 de xull o . A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar por calquera dos seguintes medios: Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta. gal Fax: 981546222 Ligazón prazas en substitución : https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNcGtfLWUybHVudE0/view?usp=sharing Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na INTRANET , con data de 04/07/2017 , a R esolución co a s adxudicacións das prazas ofertadas o 28 de xuñ o , para a súa cobertura en substitución entre persoal titular ao servizo da Administración de xustiza en Galicia , o que tamén poderede s comprobar na s eguinte li gazón. Ligazón adxudicacións : https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNVU1MUUp2WExZNEE/view?usp=sharing

CONVOCATORIA CONCURSO DE TRASLADOS DE MÉDICOS FORENSES

Como xa vos adiantaramos, no BOE do venres 30 de xuño, publicouse a Orde JUS/626/2017, de 29 de maio, pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo nos Institutos de Medicina Legal e Ciencias Forenses. Poderedes comprobar os códigos das prazas a resultas na páxina web do Ministerio de Xustiza .    

LISTAXES PROVISIONAIS ADMITIDOS E EXCLUIDOS MEDICOS FORENSES - OP2017

No BOE do 1 de xullo publicouse a Orde JUS/628/2017, de 27 de xuño, pola que se aproba a relación provisional de admitidos e excluidos do proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral da quenda libre, no Corpo Nacional de Médicos Forense, convocado por Orde JUS/350/2017, d e28 de marzo.