CCOO, UGT, CSIF e STAJ unha vez máis negociaron nos despachos, de costas aos traballadores e ao resto de centrais sindicais que forman a Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza en Madrid (CIG e ELA). Negociaron, por dicir algo, e non sabemos a cambio de que, a devolución dos tres días de asuntos propios, algo que xa estaba concedido en palabras da Ministra, e nos atopamos cunha modificación da LOPX, no seu artigo 521, que é o maior retroceso en dereitos dos/as traballadores/as da Admón de Xustiza; emenda que xa introduciu o PP en febreiro de 2018. Do mesmo xeito, non modificaron o artigo 504 que é o que regula os descontos por IT, o que suporá unha discriminación flagrante con respecto ao persoal do resto das Administracións Públicas que xa non teñen descontos neste momento. É posible que as centrais estatais, CCOO,UGT,CSIF e STAJ, coa súa corte de asesores e liberados, fosen descoñecedores do texto que se levou ao Congreso para votación?? Non. Sabemos polos