Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2012

ULTIMA HORA CONCURSO DE TRASLADOS 2012

   O Ministerio acaba de confirmar que a publicación do vindeiro concurso de traslados podería realizarse o vindeiro 24 DE MAIO . Parece ser que ainda teremos que agardar un pouco para que se efectúe dita publicación, co que xa levamos bastante retraso na convocatoria. Esperemos que as compañeiras e compañeiros empreguen de xeito masivo a nova plataforma informática para enviar a súa instancia e así acortar os prazos de resolución.

MESA DE PERSOAL INTERINO 26/04/2012

   Onte día 26 celebrouse en Compostela unha xuntanza da Mesa do Persoal Interino a fin de empezar cos contactos cara a posible nova convocatoria das bolsas. A administración xa comunicara a súa intención de prorrogar de xeito excepcional as bolsas en tanto en canto non se adoptaba unha decisión final sobre a nova covocatoria. Finalmente, parece ser, que entre as distintas opcións existentes, a administración vaise decantar pola convocatoria formal dunhas novas bolsas de persoal interino. Polo tanto, o máis probable, e que antes de que rematen os seis meses de prórroga excepcional se publique unha nova regulamentación das bolsas de interinos (modificadas e adaptadas, en maior ou menor medida, ás circunstancias actuais, dependendo da negociación que se leve a cabo) e a subseguinte convocatoria para a presentación de instancias. Resolución Prórroga Interinos (DOG)

4º PUNTO TAMÉN PARA AS SECRETARÍAS DE PAZ

   Recentemente gañouse o recurso contencioso-administrativo contra a denegación do pagamento do 4º punto do Complemento Xeral de Posto a aquelas compañeiras e compañeiros que dende o ano 2007 viñan desempeñando as funcións de secretario de xulgado de paz. O Xulgado do Contencioso estimou a reclamación efectuada por un compañeiro, recoñecendo o dereito dos traballadores a percibir 4 puntos de complemento xeral de posto, máis 1,5 puntos pola realización das funcións de secretaría, existindo polo tanto a diferenza de 1 punto entre o pagado e o que debería terse abonado realmente.    As reclamacións podédelas realizar a través dos nosos delegados e antes de que transcorra máis tempo, pois as reclamacións de cartos a administración autonómica teñen un prazo de 5 anos en Galiza.

MESA SECTORIAL 24-ABRIL-2012

A XANELA DA XUSTIZA www.cig-xustiza.blogspot.com MESA SECTORIAL 24-ABRIL-2012 MODIFICACIÓNS CADROS DE PERSOAL     A Dirección Xeral convocou onte , día 24, unha mesa para prantexar de xeito oficial o plan de modificación dos cadros de persoal de determinados órganos xudiciais a fin de cumprir co requisito legal antes da convocatoria do concurso de traslados. A nosa sorpresa foi grande cando, ademais das xa coñecidas reformas anunciadas para os xulgados de paz e as audiencias provinciais, a administración trasladounos un proxecto que abarcaba tamén a gran parte dos xulgados do contencioso, aos xulgados de instrución da Coruña e a tres dos xulgados de familia exclusivos existentes na nosa comunidade. O prantexamento da administración, segundo manifestou, pasa por unificar e igualar os cadros de persoal do mesmo tipo de órganos afectados por es

PROXECTO DE LEI DE DEMARCACIÓN E PLANTA - NOVOS PARTIDOS XUDICIAIS

NOTA DE PRENSA        Xosé Barreiro Pérez , como Secretario Nacional do Sector de Xustiza da Confederación Intersindical Galega, quere trasladarlle a seguinte nota de prensa relacionada co proxecto de reforma da Lei de Demarcación e Planta e creación de macropartidos xudiciais, agradecendo de antemán a súa publicación nese medio de comunicación.     Despois de ter constatado o fracaso da reforma da oficina xudicial (que curiosamente en Galiza nunca se iniciou) configurada polo Sr. Aznar no ano 2003 coa reforma operada pola Lei Orgánica 19/2003 e que ata o de agora ningún goberno foi quen de levar adiante con éxito, agora nos sorprende o Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) cunha proposta de creación de macropartidos xudiciais que intenta, precisamente, agochar ese fracaso do deseño daquela oficina xudicial, configurada única e exclusivamente para grandes cidades, de aí que a idea principal desta nova proposta sexa voltar