No día de hoxe puxemos en coñecemento da Dirección Xeral de Xustiza e do Ministerio un problema que podería xurdir naquelas compañeiras/os que, tendo participado no concurso ao corpo de Tramitación tamén tiveran aprobada a promoción interna ao corpo de Xestión. O problema xurde ao solaparse os dous procesos e, dado que cando se tivera que tomar posesión das prazas outorgados no concurso os xestores estarían en excedencia no corpo de tramitación, sería ridículo que, pola irrenunciabilidade das prazas outorgadas no concurso tiveran que tomar posesión das mesmas e deixalas desocupadas pola citada excedencia. Por iso dende a CIG propuxemos que, as persoas nas que coincida dita circunstancia e que efectivamente non queiran tomar posesión como Tramitadores, sexan excluídos do concurso de traslados e que as prazas que lles outorgaban sexan adxudicadas a outras candidatas/os.