Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2015

CONTESTACIÓN Á PETICIÓN DE FORMACIÓN DE RECICLAXE POLA REFORNA DO CÓDIGO PENAL

Isto é o q nos contestou a administración sobre a petición de cursos de formación de reciclaxe ante a reforma do Código Penal: "Sen prexuízo da organización de xornadas e cursos de formación, na intranet de xustiza puxéronse   dous documentos nos que se recollen as principais modificacións na execución penal e no procedemento por delitos leves, que entran en vigor o 1 de xullo".

NOVAS PRAZAS PARA SUBSTITUCIÓN E ADXUDICACIÓNS

Publicáronse na  intranet xudicial  o día 29/06/2015 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución así como a adxudicación das anteriormente publicadas. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se achegan abaixo. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 29 e 30 DE XUÑO e, 1 DE XULLO.  Ligazón novas prazas para substitución: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNZXZxb3NJYy1KQk0/view?usp=sharing Ligazón prazas substitución adxudicadas: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNaFdQRlRIbHd1Skk/view?usp=sharing

O CXPX PRETENDE AVALAR A PRESENTACIÓN TELEMÁTICA DE DOCUMENTOS E A UNIFICACIÓN DE SISTEMAS INFORMÁTICOS

Ningún dos partícipes nesta guerra estase a enteirar de que vai a problemática real da informática xudicial ou , máis ben, non queren enteirarse. O CXPX en sendas novas que vos deixamos nos enlaces de abaixo, pretende avalar a presentación telemática de documentos e a unificación dos diferentes sistemas informáticos existentes no Estado, cando do que se debería de estar a preocupar e MOITÍSIMO e dos centos de bases de datos DIFERENTES e totalmente corruptas (informáticamente falando) existentes en cada partido xudicial de España. De que vale que todos saibamos tocar a trompeta, incluso da mesma marca, se cada un toca cunha partitura diferente. O problema de base máis importante é que nestes intres a intercomunicación das bases de datos xudiciais é inexistente máis ala de cada partido xudicial. Mesmo ainda que toda España empregara a aplicación informática MINERVA, seguiríamos a ter o grandísimo problema de que os datos se tratan de forma local e conforman bases de datos locais, non es

CRITERIOS DA FISCALÍA XERAL DO ESTADO ANTE A INMINENTE ENTRADA EN VIGOR DO NOVO CÓDIGO PENAL

Ante a inminente entrada en vigor da reforma do Código Penal que introduce a figura dos delictos leves, a Fiscalía Xeral do Estado emitiu a Circular 1/2015 , establecendo os seus criterios para o exercicio da acción penal na persecución de ditos delictos. Tras esta reforma legal e, consonte ao principio de intervención mínima do dereito penal, unha parte das infraccións leves queda despenalizada e serán sancionadas na vía administrativa ou civil, e o resto quedan incluidas no Código Penal baix o a forma de delictos leves, que quedan asimilados ás características do xuizo de faltas. A novidade que supón a introdución do principio de oportunidade reglada e a necesidade de determinar en cada caso se estamos ou non ante un delicto leve, motivou que a Fiscalía Xeral do Estado  enviara unha Circular para que se dispoña dunhas pautas claras e comúns de actuación. Ligazón Noticias Jurídicas: http://noticias.juridicas.com/actualidad/noticias/10281/

O CONGRESO APROBA DEFINITIVAMENTE A LEI DA XURISDICCIÓN VOLUNTARIA

O Pleno do Congreso ven de ratificar as emendas do Senado ao Proxecto de Lei de Xurisdicción Voluntaria, que se incorporarán deste modo ao texto que se publique no BOE, para entrar en vigor nos prazos que se fixan na propia lei. Entre outras competencias establecidas en dita lei, cabe resaltar a de que os notarios poderán celebrar matrimonios, separacións e divorcios, previo pago dos aranceis correspondentes, claro. Ligazón Noticias Juridicas http://noticias.juridicas.com/actualidad/noticias/10258/ Ligazón El Derecho.com http://www.elderecho.com/actualidad/Aprobada-Ley-Jurisdiccion-Voluntaria_0_828000141.html

O USO DO GALEGO NOS XULGADOS TAMÉN E COUSA NOSA.

A galeguización do dereito e das instancias xudiciais precisa do impulso institucional, certamente; pero tamén dunha decisión individualizada e das asociacións profesionais e sindicatos nas que se encadra un amplo sector de funcionarios e profesionais do dereito, que teñena obriga de sumarse a este proceso animando aos seus socios e afiliados a facer efectiva a cooficialidade lingüística que o ordenamento xurídico establece. Porque se temos en conta que  a case totalidade foron alfabetizados en lingua galega desde o ensino primario, e que moitos deles realizaron cursos de linguaxe xurídica para participaren nos concursos de traslados, resulta difícil comprender a súa indiferenza pola galeguización xurídica. Ligazón MundoDiario: http://www.mundiario.com/articulo/sociedad/irmandade-xurica-galega/20150621140530031099.html

RETRASARANSE AS OPOSICIÓNS ATA A MODIFICACION DA LOPX

Segundo informou o Ministerio de Xustiza, a convocatoria dos procesos selectivos aos Corpos da Administración de Xustiza atrásase ata que se aprobe definitivamente a modificación en curso da LOPX.  Xa que logo, agora, salvo novos cambios, que coa Administración nunca son descartables, a  data prevista para a convocatoria é o próximo mes de outubro . O que significa que as primeiras probas desta OPE non se poidan celebrar ata xa entrado o ano 2016.       É de resaltar que na súa actual redacción o proxecto de reforma de LOPX inclúe algunhas novidades que afectarán á OPE como son a desaparición da obrigatoriedad do curso teórico-práctico (o proxecto di "poderán incluír a realización dun curso teórico práctico") e que, pese á oposición da CIG na negociación, a porcentaxe de prazas reservadas a promoción interna pasa do 50 ao 30%.

XESTION DOS PERMISOS PARA VOTAR E PARA OS MEMBROS DAS MESAS

Respecto aos permisos motivados pola celebración das eleccións sindicais, tal e como se acordou na Mesa Coordinadora, para interventores e membros de mesa , o dia da votación xestionarase como un PERMISO POR DEBER INEXCUSABLE. En canto ás horas de libranza do día posterior para INTERVENTORES e MEMBROS DA MESA, entende a Dirección Xeral que estes deberán solicitar Permiso por ausencia do posto de traballo por 5 horas. Finalmente, en canto ás horas para ir votar para FUNCIONARIAS/OS QUE EXERZAN O SEU DEREITO A VOTO, entende a Dirección Xeral que se trataría igualmente do Permiso por ausencia do posto de traballo polo tempo que en cada caso se fixou na Resolución de 25 de maio de 2015, polo que se debera achegar o certificado xustificativo de ter ido votar . 

ACCIÓN SOCIAL 2015

Como xa vos adiantaramos o pasado 1 de xuño, no DOG de hoxe saiu publicada a R ESOLUCIÓN do 22 de abril de 2015 , da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do fondo de acción social do ano 2015 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia. Poderán solicitar estas axudas: a) Os solicitantes con discapacidade física, psíquica ou sensorial superior ao 33 % que reúnan os requisitos establecidos nos puntos anteriores. b) Os solicitantes que, reunindo os requisitos establecidos nos puntos anteriores, teñan baixo a súa dependencia directa e legal, e vivindo ás súas expensas, cónxuxe, parella de feito, fillos, ascendentes de primeiro grao por consanguinidade ou afinidade ou persoas tuteladas por sentenza xudicial firme con discapacidade física, psíquica ou sensorial superior ao 33 %. No caso de que o beneficiario teña baixo a súa dependencia d

PERMISO PARA O DÍA DAS VOTACIÓNS E PARA OS MEMBROS DAS MESAS

No DOG de hoxe sae publicada a Resolución do 25 de maio de 2015 , da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se establecen os permisos retribuídos de que poden gozar os electores a órganos de representación do persoal da Administración de xustiza en Galicia que exerzan o dereito de voto o vindeiro día 18 de xuño. - Votación na mesma localidade: 2 horas - Votación na mesma localidae pero distinto edificio: 3 horas - Votación en distinta localidade: 4 horas. Os compoñentes das mesas e os interventores/apoderados gozarán o día da votación dun permiso de xornada completa e dunha redución de 5 horas na súa xornada ao día seguinte. Ligazón da Resolución.

PARA QUE OUTROS DIGAN QUE NON FACEMOS NADA

Acabamos de conseguir a primeira sentenza en Pontevedra na que se recoñece á traballadora o pagamento do 100% de toda a paga extra de 2012, incluída a paga adicional, sen ningunha posibilidade de recurso e con imposición a administración de ata 400 euros en custas. Tamén en Lugo obtivemos unha sentenza con idéntico pronunciamento pero impoñéndolle a administración as custas por temeridade,  e dicir, sen cuantificar un límite.  Este é parte  do traballo que viñemos facendo nestes catro anos, defendendo os intereses das traballadoras e traballadores fronte ao abuso da administración. Neste tema, concretamente, somos o sindicato que máis sentenzas favorables temos obtido sen ter que facer ningún "ofertón" de "te lo llevo por 20 euritos".

ATASCO E SITUACIÓN CAÓTICA NOS XULGADOS DO SOCIAL DE COMPOSTELA

O sector de Xustiza da CIG ven a denunciar a situación caótica e intolerable que está a acontecer nos Xulgados do Social de Santiago de Compostela.   Se ben a situación da xurisdición social na capital é endémica derivada de cambios de xuíces titulares, falta de cobertura de prazas e creación dun terceiro órgano infradotado, dende hai cinco anos a situación é insoportable.   O incremento de traballo ven debido á crise financieira actual,   que provocou que o volume de asuntos presentados nos órganos compostelanos supoña que soporten o maior número de   casos pendentes de España.  

QUEN PIDE REALMENTE QUE COBREMOS O 100% DAS SUBSTITUCIÓNS

O pasado mes de maio acudimos a unha Mesa de Negociación en Madrid co Ministerio no que se abordou a reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial. Con respecto ao pagamento das substitucións verticais, a CIG foi o único sindicato que solicitou que na Lei Orgánica se garanta o cobro do 100% das retribucións do corpo ao que se está substituíndo, xa que noutros territorios si se cobra. Esta reforma da LOPX tamén se está tentando presentar vía parlamentaria a través dos deputados galegos . Por razóns coma esta, é moi importante que o voso voto vaia para organizacións que teñan representación da Mesa de Negociación de Madrid. A CIG é a única formación sindical, por ser a única galega, que envía representantes elixidos en Galicia a esas Mesas de Negociación, porque os demais ou non teñen representación ou envían delegados/as doutras partes do Estado. Ligazón Nota Informativa

NOVAS PRAZAS PARA SUBSTITUCIÓN E ADXUDICACIÓNS

Publicáronse na intranet xudicial o día 09/06/2015 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución así como a adxudicación das anteriormente publicadas. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se achegan abaixo. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 9, 10 E 11 DE XUÑO.  Novas prazas para substitución:  https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNWVVYN09iTXVocTg/view?usp=sharing Últimas adxudicacións: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNaGZELVh1VkFyWnM/view?usp=sharing

CONCURSO DE TRASLADOS - CONVOCATORIA 2015

No BOE de hoxe, 5 de xuño, sae publicada a Resolución de 20-05-2015 pola que se convoca concurso de traslados para os corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio. Facendo clic no enlace da dereita pódese cubrir a instancia electronicamente a través da aplicación Ainoa. Para que a instancia quede gravada correctamente debe pasarse de borrador a definitiva e logo presentarse no rexistro correspondente ou por correo certificado. Dentro do prazo de presentación de instancias podese rectificar calquera erro que se producira na gravación da instancia presentando unha nova. O prazo xeral para presentación de instancias será de 10 días naturais a contar dende o seguinte ao da publicación, é dicir, o prazo finaliza o vindeiro 15 DE XUÑO . Enlace aos códigos de resultas de Galiza Enlace aos códigos de resultas resto de España

REFORMA DA LEI DE REXISTRO CIVIL E DE POXAS ELECTRONICAS

Na inminente reforma do Rexistro Civil non se modificará o actual procedemento para inscribir os nenos nacidos por xestación por substitución, xa que logo a inscrición no rexistro civil levarase a cabo como ata o de agora, pola resolución xudicial estranxeira que fixa o vínculo. Esta mesma lei permitirá, a partires do 15 de outubro, que o persoal sanitario dos hospitais inscriba aos recén nacidos. Tamén nesta lei se vai regular a poxa electrónica de bens mobles e inmobles, coas especialidades propias da execución hipotecaria. Finalmente, a título ilustrativo, indicarvos que o goberno, a preguntas dun deputado de CIU indicou que non existe obriga de adicar o recaudado polas taxas á xustiza gratuita. Cabe entón preguntarse cal era o fin das mesmas, pagar o asfaltado das carreteras españolas?

REXISTRO CIVIL - PETICIÓN AO MINISTERIO MELLORA DE INFOREG

No día de hoxe presentamos ante o Ministerio de Xustiza e a Dirección Xeral de Xustiza unha petición a fin de mellorar o funcionamento de INFOREG co obxecto de que, con independencia de onde se teña producido o feito rexistral, o mesmo poda ser certificado dende calquera lugar de España polo funcionario do rexistro civil onde sexa solicitada a certificación correspondente. Enlace á copia dos escritos presentados.

SPJ-USO, SOLICITUDE DE ACLARACIÓN DE ERRO

O pasado día 1, o sindicato SPJ-USO, no seu primeiro comunicado electoral, cometeu un erro na información que facilitou, seguramente de xeito involuntario e non intencionado. Nel di que : “ Somos   o   único   sindicato   que   segue   a   loitar   contra   os   recortes   do   CAT   impostos   polo   Sr.   Feijoó e,   se   ben nun principio non tivemos éxito, coa última sentencia acadada, ábrese unha porta á esperanza para   recuperar parte do noso salario.   En algunhas das Sentencias do CAT que nos foron   desestimadas, tivemos   que   pagar   as   custas   do   procedemento   á   administración,   custas   que   ten   que   pagar   o noso sindicato co diñeiro dos nosos afiliados. ¿Qué custas tiveron que pagar UGT, CSIF, CCOO, STAJ,   CIG,   OU   ALTERNATIVAS?.   ¿Que   fixeron   eles   para   recuperarmos   o   CAT roubado?" Pois ben, queremos aclarar e informar a este sindicato de que a CIG ten interpostas varias reclamacións previas e demandas pola retención do CAT

AXUDAS ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO EN PRIMARIA E SECUNDARIA

Onte, 1 de xuño, publicouse no DOG a ORDE do 22 de maio de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria, 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2015/16

RECORDATORIO SOBRE O CONCURSO E ACCIÓN SOCIAL

CONCURSO: Comunícasevos que este venres, día 05/06/2015, está prevista a publicación no DOG e no BOE da Resolución do 20 de maio de 2015, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan a concurso de traslado prazas vacantes e de nova creación entre funcionarios dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial da Administración de xustiza. Nota informativa: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNRjJiT2NDd1VKRG8/view?usp=sharing ACCIÓN SOCIAL: O vindeiro luns 15/06/2015, publicarase no DOG a Resolución do 22 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se da publicidade a convocatoria e aos criterios de repartición do fondo de acción social do ano 2015 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia,