No marco da Orde JUS/3338/2008 do 10 de novembro, pola que se publica o proceso selectivo para o ingreso polo sistema de acceso libre ao Corpo de xestión procesual e administrativa, a Dirección Xeral de Xustiza precisa seleccionar titores cuxa función sexa realizar as accións de titoría e formación no lugar de traballo a fin de que os alumnos perfeccionen os coñecementos adquiridos na fase teórica do curso selectivo.
O período das 6 semanas de prácticas está previsto que teña lugar do 28 de febreiro ao 8 de abril, pudendo sufrir modificacións as datas sinaladas por indicación do órgano convocante.
O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro día 31 de xaneiro de 2011 e a retribución será de 90 euros semanais.As instancias enviaranse á Dirección Xeral de Xustiza, sita en Praza de Europa 5A, 4ºC.P. 15781, Santiago de Compostela (A Coruña), sen prexuízo da obriga de adiantalas por fax ao núm. 981 546 222.
A solicitude deberá estar autorizada polo secretario xudicial onde o funcionario presta os seus servizos.
Convocatoria titores.
Resolución curso prático.
Comentarios
Publicar un comentario