Hoxe en Vigo as compañeiras e compañeiros demos unha lección de dignidade como traballadores públicos e recibimos como se merecía ao Conselleiro de Xustiza Sr. Rueda, quen viña a formalizar a constitución do centro de mediación familiar. O Sr. Conselleiro recibiu unha sonora pitada e fomos quen de seguilo ata a mesma sala de reunións onde ía ter lugar o acto formal de presentación e retrasar dita constitución durante máis de media hora, ata que se ameazou aos traballadores co desaloxo por parte das forzas do orde público que custodiaban as portas de entrada. Tal foi o éxito da concentración-pitada-algarabía que ningún medio de comunicación puido retratar o momento da constitución formal do centro de mediación.
O máis triste do acontecido neste día foi ver como, os nosos superiores, Xuiz Decano de Vigo, o Fiscal Xefe de Area, o Fiscal Xefe do TSX e o Presidente do TSX, todos eles empregados con soldo do erario público e aos que tamén lles van a detraer a extra de nadal (claro que cobrando 3000, 4000 ou 5000 euros ao mes ao mellor non o sinten tanto), lle estiveron a bailar o auga ao Sr. Conselleiro, no canto de solidarizarse co resto de traballadores e deixar só a aquel na sinatura da constitución do centro de mediación. Moi ao contrario, foron os que o arrouparon neste acto, cando o lóxico sería deixalo só, mostrando así o descontento do colectivo como empregados públicos, pero en fin, que se lle pode pedir a quen realmente non se considera empregado público se non un poder do estado. A ver se algúns dos compoñentes da "caste" xudicial deste pais aprende dos xuíces Gregos.
Comentarios
Publicar un comentario