A EGAP acaba de publicar no DOGA de hoxe a convocatoria de sendos cursos de alemán e fránces para o persoal ao servizo da Xunta de Galiza.
Poderá participar nas accións formativas convocadas por esta resolución o
persoal ao servizo da Administración autonómica da Comunidade Autónoma
galega que se atope en situación de servizo activo, permiso por
maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun
fillo ou dun familiar e que reúna os requisitos establecidos para cada
un dos cursos no anexo II.
O prazo de inscrición finaliza as 14:00 horas do día 17 de outubro.e a matrícula deberase facer a través da páxina web da EGAP no enlace que vos facilitamos abaixo.
Comentarios
Publicar un comentario