CCOO,
UGT, CSIF e STAJ unha vez máis negociaron nos despachos, de costas
aos traballadores e ao resto de centrais sindicais que forman a Mesa
Sectorial do Ministerio de Xustiza en Madrid (CIG e ELA).
Negociaron,
por dicir algo, e non sabemos a cambio de que, a devolución dos tres
días de asuntos propios, algo que xa estaba concedido en palabras da
Ministra, e nos atopamos cunha modificación da LOPX, no seu artigo
521, que é o maior retroceso en dereitos dos/as traballadores/as da
Admón de Xustiza; emenda que xa introduciu o PP en febreiro de
2018.
Do
mesmo xeito, non modificaron o artigo 504 que é o que regula os
descontos por IT, o que suporá unha discriminación flagrante con
respecto ao persoal do resto das Administracións Públicas que xa
non teñen descontos neste momento.
É
posible que as centrais estatais, CCOO,UGT,CSIF e STAJ, coa súa
corte de asesores e liberados, fosen descoñecedores do texto que se
levou ao Congreso para votación??
Non.
Sabemos
polos grupos parlamentarios que foi negociado con eles nos despachos
e
cunha proposta de deixalo sen efecto ata que se negocie e aprobe o
Regulamento, ou ben introducindo unha emenda na Lei Orgánica de
Violencia de Xénero que se vai modificar.
Preguntámonos
tamén, porque estes catro sindicatos non quixeron que CIG e ELA,
que forman parte da Mesa Sectorial coma eles, non estivesen
presentes nas negociacións, con convocatoria de Mesa Sectorial,
conforme ás normas da Negociación colectiva. De que tiñan medo?
Sómoslle incómodos?
Non
entendemos o sentido das mobilizacións, agás para un lavado de cara
e un xeito de quedar ben ante os/as traballadores/as, cando eles son
partícipes de tamaño despropósito, conxuntamente co Ministerio.
Non
imos entrar no que supón a reforma, que é un novo ataque ao
persoal, auspiciado unha vez máis por estes sindicatos estatais,
dada a súa ineficacia e a complicidade coa administración.
Pola
nosa parte, como non debemos favores á administración, seguiremos
a traballar na defensa dos dereitos das traballadoras, pero non imos
entrar na PANTOMIMA
e LAVADO DE CARA
creada pola administración e os sindicatos colaboracionistas, de
folgas e mobilizacións hipócritas e sen sentido ningún.
Comentarios
Publicar un comentario