É unha pena que o delito de malversación de
caudais públicos non se poda aplicar neste caso ao conselleiro Sr. Rueda e ao
presidente da Xunta de Galicia, Sr. Feijoo, pois a mala xestión política non
está castigada no Código Penal. Un pode enterrar 40 millóns de euros nunha obra
pública como a cidade da xustiza do antigo Hospital Xeral de Vigo (e o que te
rondará...) e irse de rosiñas para a súa casa, sen o menor pudor e sen que ninguén
che poda pedir responsabilidades por tan tremenda neglixencia.
A Xunta de Persoal de Pontevedra cansouse ata
a saciedade de solicitar da consellería da que é titular o Sr. Rueda, de que con anterioridade a calquera
licitación sobre execución de obras no antigo edificio do Hospital Xeral de
Vigo se fixera un estudio pormenorizado do estado das citadas instalacións,
concretamente, entre outros, o escrito de data 11/3/2016, no que se indicaba
claramente que, tras as conversas mantidas co Departamento de Tecnoloxía da
Construción da Facultade de Arquitectura da Universidade da Coruña, era
necesario levar a cabo un informe exhaustivo sobre o estado do edificio e que o
mesmo podería ter unha duración dun ano. A calada foi a resposta da consellería
e agora que o orzamento xa se incrementou en dúas ocasións por mor da detección
de amianto (cuestión tamén advertida ata a saciedade, entre outros, no escrito
de 1 de febreiro de 2017) e agora por detectarse a estrutura de aceiro da “H”
próxima á Rúa Vazquez Varela, nun estado lamentable, cabe preguntase por que
non se fixo ese estudio exhaustivo nunha obra desta embergadura, antes sequera
de licitar a obra, e en que se gastaron os 145.200 euros fixados para estudos,
entre outros, da estrutura e envolvente, licitado por Resolución de 8/2/2017
(DOG 15/02/2017). Debeu ser que o que fixo o estudio non tiña nin “pajolera”
idea do uso do amianto en España na decada dos 60, nin do estado das estruturas
de aceiro da base do edificio. Vamos que o técnico/s, paseou polo Hospital
Xeral, deu un par de chimpos en cada planta e, como comprobou que o edificio
non se caía, fixo un informe favorable para seguir cara adiante sen maior
problema, porque “Juan Pueblo” sempre acaba pagando as ampliacións de orzamento.
A estas alturas xa se ten demolido case máis
que o construido, a saber: Derrubouse parte do anexo 1 de consultas externas; derrubouse
a totalidade do anel semicircular existente na base do edificio, dado o seu
estado lamentable e por ser un engadido posterior á construción principal;
derrubouse tamén parte da cúpula do edificio para recurperar o seu aspecto
inicial e agora tamén se vai derrubar parte da “H” que conformaba,
aparentemente, a base inicial da torre, que agora tamén se indica que foi un
engadido posterior e mal executado na sua estructura de aceiro.
Outra vergonza máis e que o arquitecto
director da obra, Sr. Penela, dado o estado lamentable do edificio, non
renuncie á dirección da mesma, despois de ter detectado semellantes defectos na
construcción que está a dirixir nestes
momentos e que siga a enmendar o proxecto inicial.
Chegado a este punto tamén cabería preguntarlle
ao estudo de arquitectos Irisarri-Piñera,
que elaboraron o proxecto da cidade da
xustiza de Vigo na Rúa Lalín (premio pagado e proxecto desbotado) qué poderían
facer eles se lles deran 40 millóns de euros para o novo edificio xudicial na
citada ubicación, cando no proxecto premiado había 15 millóns de euros para executar
as obras.
En fin, por desgraza este non será o último
incremento do orzamento, e as galegas/os teremos que pagar dito dispendio do Sr. Rueda e do Sr. Feijoo.
Ligazóns:
Escrito de 11 de marzo de 2016:
https://drive.google.com/file/d/1vNas43KvGqekjMB1LobYgVDZq70PlxTo/view?usp=sharing
Escrito de 1 de febreiro de 2017:
https://drive.google.com/file/d/1vNas43KvGqekjMB1LobYgVDZq70PlxTo/view?usp=sharing
Ligazóns:
Escrito de 11 de marzo de 2016:
https://drive.google.com/file/d/1vNas43KvGqekjMB1LobYgVDZq70PlxTo/view?usp=sharing
Escrito de 1 de febreiro de 2017:
https://drive.google.com/file/d/1vNas43KvGqekjMB1LobYgVDZq70PlxTo/view?usp=sharing
Comentarios
Publicar un comentario