Saltar ao contido principal

A CIG ESIXE QUE MINERVA SEXA EN GALEGO

Desde o ano 1994, naquel lonxano Real Decreto 2166/1994, de 4 de novembro xa se recollía, no seu anexo, que a adminsitración autonómica da Xunta de Galiza e o Ministerio de Xustiza tiñan que establecer os necesarios instrumentos de colaboración para a promoción e utilización dos bens informáticos compatibles con todos os do estado, segundo o establecido na LOPX. E ben triste que a esta altura do século XXI, despois de máis de 25 anos, nin teñamos bens informáticos compatibles con todos os do resto do estado e, nin tan sequera teñamos un aplicativo informático que poida ser empregado no noso idioma. Agora non é achacable ao Ministeiro de Xustiza, pois nestes momentos o código fonte do programa Minerva está en poder da Xunta de Galiza e esta podería realizar as modificacións en dito código para versionar a aplicación Minerva no idioma galego, pero está claro que a administración autonómica actual non quere que o noso idioma se empregue na administración de xustiza, consolidando así a supremacía do castelán neste eido e impedindo o seu uso a aqueles que si o queremos empregar.

Ligazón nova:

https://www.cig.gal/nova/a-cig-esixe-implementar-a-aplicacion-minerva-en-galego-para-favorecer-a-normalizacion-da-nosa-lingua-na-administracion-de-xustiz.html

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".