A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas
no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima.
Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que queren participar neste concurso de traslados.
Ligazón novas prazas vacantes Xestión:
https://drive.google.com/file/d/1YQJPdzlrzlQ7C0S-Co0inXrOYXVEoWiS/view?usp=sharing
Ligazón novas prazas vacantes Tramitación:
https://drive.google.com/file/d/11FZgk6WPQ_HiSm164z4DI-Kow9K8_X6B/view?usp=sharing
Ligazón novas prazas vacantes Auxilio:
https://drive.google.com/file/d/1PtSwMet_a-jxbHCp5qD28qfEtCxbV7uA/view?usp=sharing
Comentarios
Publicar un comentario