Saiu publicada no DOG e BOE a Resolución de 27 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca concurso de traslados entre o persoal funcionario dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial da Administración de xustiza.
Todas as solicitudes dos modelos V1, V2 e V3 se confeccionarán de forma telemática a través do asistente de inscrición.
Todas as persoas interesadas que participen neste concurso de traslados entre funcionarias e funcionarios dos corpos de xestión, tramitación e auxilio, a nivel nacional, deberán encher a solicitude por medios telemáticos entrando na web do Ministerio de Xustiza, no seguinte enderezo:
Unha vez que entren na dita páxina, premerán na ligazón que aparece nela co nome «G.T.A. Concurso de traslados», entrarán no asistente de inscrición e o sistema guiaraas na confección da solicitude seguindo as instrucións que se lles irán indicando; para este efecto deberán consultar o Manual do asistente de inscrición web publicado na dita páxina e, se teñen algunha dúbida, poden chamar ao teléfono de atención ao usuario 913 90 46 05.
O prazo de presentación de solicitudes será do 10 ao 24 de outubro de 2023, ambos incluídos, segundo o mecanismo telemático indicado no punto 7 da base Cuarta.
Informamos tamén que hai unha praza de xestión na Mutualidade da Coruña que, por pertencer ao territorio ministerio, non aparece nas listaxes da Comunidade. Por ese motivo esta praza ten unhas retribucións distintas, cun CAT menor e sen complemento por Traxectoria.
Ligazón DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20231009/AnuncioG0690-270923-0002_gl.pdf
Comentarios
Publicar un comentario