Saltar ao contido principal

CURSO PRACTICO - PROMOCION INTERNA - XESTION GALIZA

Habendo superado a fase de concurso-oposición 14 funcionarios, cómpre a superación do período de prácticas como parte do proceso selectivo, que consonte o establecido na base 6.7. da devandita Orde, terá unha duración de 4 semanas, a saber: 1 semana de formación teórico-práctica relativa aos procedementos xudiciais e expedientes do Rexistro Civil, ferramentas informáticas e medios técnicos na Administración de Xustiza, e outras 3 semanas de prácticas tuteladas en órganos xudiciais, excepto os aspirantes que se atopen na situación sinalada na base 6.7.2. da dita Orde. É por isto, que cómpre anunciar que para os alumnos concorrentes polo territorio da Comunidade Autónoma de Galicia a fase teórica comezará o vindeiro 13 de setembro, ás 8.30, e rematará o 17 de setembro ás 14.30 horas. Os alumnos deberán presentarse ás 8.30 na EGAP, Rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela. Para calquera dúbida ou aclaración, poderedes dirixirvos á Dirección Xeral de Xustiza, a través do teléfono 881. 997.178.

Así mesmo, tamén se convoca o proceso de selección de titores para impartir as prácticas dos opositores aprobados na quenda de promoción interna. O prazo de presentación de instancias remata o vindeiro 5 de xullo de 2010.

Resolución convocatoria titores
Instancia titores.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr