Saltar ao contido principal

COMISIÓN AUTONÓMICA IMPLANTACIÓN NOVA OFICINA XUDICIAL (NOX)

Hoxe, 26 de novembro, tivo lugar en Compostela a constitución formal da Comisión Autonómica para a Implantación da Nova Oficina Xudicial (NOX). Entre outros estiveron presentes o Conselleiro de Presidencia, Admons. Publicas e Xustiza, o Presidente do TSXG, o Fiscal Superior de Galiza, o Secretario de Goberno do TSXG, o Presidente do Consello da Avogacía Galega, o Presidente do Consello Galego de Procuradores e todas as organizacións sindicais representadas na mesa sectorial de xustiza. A constitución desta comisión foi unha mera formalidade prevista no Decreto 427/2009, do 19 de novembro, cando o realmente importante é a constitución da comisión técnica e os grupos de traballo que elaborarán, de ser o caso, os plans para a implantación da NOX na nosa comunidade.
Por parte da CIG transmitiuselle a todos os presentes e, en especial, ao Conselleiro, a nosa descofianza nas posibilidades de implantación da NOX en Galiza, tendo en conta o actual marco de crise e os recortes salariais aplicados as traballadoras/es de todo o sector público. A modernización da xustiza non ten que pasar exclusivamente pola implantación da NOX na nosa comunidade; máis ben, neste momento de recesión económica, podería ser máis lóxico realizar os investimentos posibles e ir implementando medidas de modernización (sobre todo aplicacións informáticas, dotacións materias e adaptacións de espazos) que a medio prazo e, cando a situación económica se estabilizara, nos permitira acometer con mellores garantías a implantación da NOX.  Non obstante o Conselleiro indicou que a súa opción nestes intres pasa por camiñar cara a implantación da NOX e isto pode ser porque este proxecto de oficina xudicial foi auspiciado no seu día baixo o goberno do PP de Jose Maria Aznar coa modificación levada a cabo na LOPX no ano 2003.
Na nosa breve intervención (pois a constitución desta comisión como xa dixemos foi unha mera formalidade legal) fixémoslle ver aos compoñentes da mesma a lo menos catro aspectos salientables que inciden sobremaneira na implantación da NOX:

1) Salvagarda dos dereitos dos traballadores.
2) Diferenzas na aplicación da NOX nas cidades grandes e vilas fronte aos pobos onde hai un ou dous xulgados.
3) Falta de confianza na consecución dos orzamentos necesarios, das actitudes de compromiso, da implantación tan nefasta das novas tecnoloxías, etc.
4) Coexistencia do funcionamento da NOX coa antiga oficina xudicial o que pode provocar un retraso e colapso moito maior da xustiza ao ser sistemas totalmente contrapostos e non ter un soporte informático suficiente que garanta o fluxo de expedientes entre os distintos departamentos.

Finalmente pediuse pola nosa banda que non se cumprira o dito de que "se queres que algo non funcione crea unha comisión" e polo tanto que sexamos serios nos prantexamentos e non queiramos simplemente facer compromisos políticos de cara á galería.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".