Saltar ao contido principal

CURSOS DE FORMACION XUSTIZA

   Por fin, despois dunha ampla discusión coa administración sobre a diferenza entre a negociación dos cursos a impartir e o papel da EGAP no desenvovemento dos citados cursos pola encomenda de xestión que lle ven dada para a formación da función pública galega, aprobouse o plano de formación de xustiza para este ano 2011, case tal cual foi presentado (con algúns pequenos matices) e co compromiso por parte da administración de que para o plano do ano que ven prantexarase con tempo suficiente a negociación a fin de que non ocorra o mesmo que este ano no que puido perigrar a formación que se ía impartir.
   Unha das modificacións que pode ser aceptada é a reedición dos cursos de Violencia de Xénero e de Rexistro Civil. En canto aos cursos de Word 2007 e dado que nos últimos equipos instalados nos xulgados estase a traballar con dito programa a CIG solicitou que os mesmos deben impartirse salvo que finalmente a administración renuncie a utilizar dito programa en favor dun software libre (opción pola que claramente nos decantaríamos dende a CIG e moito menos costoso que as licenzas de Microsoft).
   En canto aos cursos de linguaxe xurídica galega - nivel medio, por fin se acadou unha das históricas reivindicacións da CIG e este ano, no mes de setembro, faranse duas edicións de cursos de TELEFORMACIÓN, unha adicada as funcionarias/os destinados na comunidade autónoma e a outra as funcionarias/os destinados fora. En canto aos cursos de linguaxe xurídica galega - nivel superior, este ano programaranse catro edicións PRESENCIAIS, duas das cales serán para funcionarias/os destinados dentro da comunidade autónoma e as outras dúas para funcionarias/os destinados fora. O ano que ven probablemente se faga xa algunha edición de TELEFORMACIÓN do nivel superior de linguaxe xurídica galega.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr